20240705 Subvencion AugasO Concello da Baña vén de recibir unha subvención de 14.345,76 euros para a realización dunha auditoría das redes de saneamento co fin de detectar posibles infiltracións.

Esta axuda foi concedida por Augas de Galicia, ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia o 29 de xaneiro de 2024.

O obxectivo desta auditoría é mellorar o control e a eficiencia das redes de saneamento municipais.

O Concello da Baña fai público o texto do proxecto da ordenanza xeral reguladora para a concesión de subvencións municipais e elévao a consulta pública durante dez días hábiles. Este prazo estará aberto do 2 ao 15 de xullo.

As persoas que queiran realizar achegas poderán facelo a través da sede electrónica empregando o formulario de achega de documentación complementaria (prema nesta ligazón). No apartado "código de expediente" deberán poñer 2024/G013/000001.

O texto da ordenanza pode consultarse no documento adxunto. 

O Concello da Baña fai pública a aprobación inicial da ordenanza de protección contra a contaminación acústica e abre o período de exposición pública coa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello

Así mesmo ábrese un prazo de trinta (30) días para que as persoas interesadas poidan presentar reclamacións ou suxestións, que serán resoltas pola Corporación. De non presentarse no mencionado prazo, considerarase aprobada definitivamente.

O obxecto da presente Ordenanza é regular o exercicio das competencias que en materia de protección do medio ambiente lle corresponden ao Concello de A Baña fronte á contaminación producida por ruído e vibracións, coa finalidade de garantir o dereito á intimidade persoal e familiar, á protección da saúde, así como á calidade de vida e a un medio ambiente adecuado.

No documento adxunto poderá descargarse a aprobación inicial da ordenanza de protección contra a contaminación acústica do Concello da Baña.

O Concello da Baña informa que, este ano, non se require autorización municipal para elaborar as tradicionais cacharelas de San Xoán en recintos privados. Non obstante, aquelas asociacións ou colectivos de veciños que queiran facer as cacharelas en espazos públicos deberán solicitar un permiso na sede electrónica e ademais presentar un seguro de responsabilidade civil que cubra os posibles danos causados no lugar de celebración.

A data límite para solicitar a autorización é o xoves 20 de xuño.

Será obrigatorio limpar o espazo autorizado ó finalizar a actividade inmediatamente despois de rematar a cacharela ou a sardiñada.

O Concello recorda que as fogueiras deberán estar separadas polo menos a 15 metros das casas e 50 metros das árbores ou zonas vexetais e que hai que ter especial coidado de non colocalas debaixo de liñas eléctricas ou telefónicas.

Está prohibido queimar pneumáticos, plásticos, aceites e en xeral calquera sustancia que ó arder emita fumes tóxicos. Tampouco se poderán queimar recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión, incluídos os que estean baleiros.

En terreos con vexetación terá que limparse antes do inicio da cacharela unha franxa superior ao 9 metros de ancho ao redor do perímetro.

Os Será responsables deben estar vixiando a cacharela ata a súa completa extinción, asegurándose de que as cinzas queden completamente extinguidas. 

En caso de que se levante vento suspenderase inmediatamente.

O bando do Concello da Baña pode consultarse no documento adxunto.

20240605 POSAdicional Servizos Sociais web

 

O Concello da Baña recibiu un total de 68.468,46 euros da Deputación da Coruña para financiar o POS+ Adicional 1/2024 de gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024.

A aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) para o financiamento
do POS+ Adicional 1/2024 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024 pode consultarse no BOP do 5 de xuño de 2024, nesta ligazón.