-
Ruta dos muíños da Baña. Un percorrido circular de 7,5 km ao longo do río Faílde, onde descubriredes 9 muíños tradicionais, fermosas fervenzas e a vella central hidroeléctrica. Non esquezades atopar o bambán perfecto para capturar as mellores fotos con vistas aos saltos de auga.
ℹ︎ Máis información e track: https://acortar.link/3KqvHz -
Ruta da ribeira do Tambre. Unha senda sinxela de 5 km á beira do río, perfecta para desfrutar da primavera e do carballo de Cancelos, un dos máis grandes de Galicia.
ℹ︎ Track en Wikiloc: https://acortar.link/g6rhht
-
Ruta de Santa Mariña. Un paseo que culmina no pico de Santa Mariña, un lugar perfecto para contemplar unha panorámica de 360º que abrangue desde o Pico Sacro ata os montes Pindo e Iroite.
ℹ︎ Máis información: https://acortar.link/axEW2B
-
Ruta literaria 'As rapazas de Xan'. Unha senda circular de 7,5 km que percorre os lugares retratados no libro de Manuel Iglesias Turnes.
ℹ︎ Máis información, vídeo e track: https://acortar.link/O2CcJZ
-
Rutas históricas. Pola Baña pasan dúas rutas históricas de peregrinación: a Vía Mariana, entre Galicia e Portugal, e o Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil.
-
Rutas permanentes de BTT. Para os amantes da bicicleta, hai dúas rutas sinalizadas.
ℹ︎ Tracks en Wikiloc: https://acortar.link/8iYdcA