• A iniciativa, promovida polo Concello de Negreira, desenvolverase en colaboración coa Baña, Val do Dubra e Santa Comba

  • O programa formará 20 persoas en albanelería e limpeza durante nove meses

20260916 Obradoiro dual

 

9 de outubro de 2026

 

O Concello da Baña informa da publicación das puntuacións finais definitivas do alumnado preseleccionado para participar no Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, procedente dos concellos da Baña, Santa Comba, Negreira e Val do Dubra.

Unha vez rematado o prazo de reclamacións e resoltas as presentadas, a comisión de selección propón á Alcaldía de Negreira a contratación de cinco persoas de cada concello como alumnado traballador, nas especialidades de Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais e Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.

As persoas propostas para a contratación deberán presentar a seguinte documentación:

  • Copia do DNI.

  • Copia da tarxeta sanitaria.

  • Copia do certificado do número de conta bancaria.

A documentación poderá presentarse no rexistro de entrada do Concello de Negreira ou a través da súa sede electrónica. O prazo remata o martes 13 de outubro de 2026, ás 14.00 horas.

As puntuacións completas, a relación de persoas propostas para a contratación e as listas de reserva poden consultarse nos catro documentos adxuntos.

 

9 de outubro de 2026

 

O Concello da Baña informa da publicación das puntuacións finais provisionais do proceso de selección do persoal directivo e docente do Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, promovido polo Concello de Negreira en colaboración coa Baña, Val do Dubra e Santa Comba.

As valoracións corresponden aos seguintes postos:

  • Director/a.

  • Docente de apoio (titor/a).

  • Mestre/a da especialidade de Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.

  • Mestre/a da especialidade de Limpeza en espazos abertos.

Os documentos recollen as puntuacións da entrevista, da proba escrita e da valoración de méritos, así como a puntuación total e, de ser o caso, as incidencias relativas ás candidaturas.

Establécese un prazo de dous días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación na sede electrónica do Concello de Negreira, para presentar alegacións ou reclamacións. Segundo os anuncios, o prazo remata o martes 13 de outubro de 2026, ás 14.00 horas.

As persoas interesadas poden consultar as puntuacións completas nos catro documentos adxuntos.

 

25 de setembro de 2026

 

Fanse públicas as puntuacións finais provisionais dos candidatos preseleccionados para participar no Obradoiro de Emprego Valora 2026 procedentes dos concellos da Baña, Santa Comba, Negreira e Val do Dubra, que poden consultarse nos arquivos adxuntos.

 

25 de setembro de 2026

 

O Concello da Baña informa da publicación dunha modificación das bases reguladoras do proceso de selección do Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, promovido polo Concello de Negreira en colaboración coa Baña, Val do Dubra e Santa Comba.

O cambio afecta ao apartado relativo á preselección do alumnado traballador. Suprímese o parágrafo que establecía que o número máximo de persoas candidatas que se preseleccionarían sería determinado pola comisión de selección e que, se era posible, sería de tres por praza.

As persoas interesadas poden consultar a versión actualizada das bases no documento adxunto, que recolle os requisitos de participación, o procedemento de selección, as probas e os criterios de valoración.

 

22 de setembro de 2026

 

Amplíase o prazo de inscrición para formar parte do cadro docente do Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, promovido polo Concello de Negreira en colaboración cos concellos da Baña, Val do Dubra e Santa Comba.

As persoas interesadas poderán inscribirse na Oficina de Emprego Santiago Norte ata o venres 25 de setembro ás 14.00 horas ou a través da oficina virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia.

As ofertas que se tramitarán para seleccionar o persoal do obradoiro son as seguintes:

  • Dirección
    • 13261021: Directores/as técnicos/as de centro educativo.
  • Docentes das especialidades formativas
    • 23291029: Formadores/as de formación ocupacional non regrada.
    • 23291010: Formadores/as de formación non regrada.
  • Docente de apoio e titoría
    • 23291038: Formadores/as-titores/as de empresa.

O Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026 formará durante nove meses a 20 persoas como alumnado traballador: 12 na especialidade de operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas e oito na de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais.

O inicio do programa está previsto para o 15 de outubro de 2026. Para obter máis información, pódese contactar co departamento de emprego do Concello da Baña, cos concellos colaboradores de Val do Dubra e Santa Comba ou coa entidade promotora, o Concello de Negreira.

 

17 de setembro de 2026

 

Publícanse as bases reguladoras do proceso de selección do persoal e alumnado traballador do Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cofinanciado pola Unión Europea e promovido polo Concello de Negreira, xunto cos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra. 

As bases poden consultarse no documento adxunto ou nesta ligazón.

Segundo recollen estas bases, as actuacións a realizar no Concello da Baña son:

  • Limpeza das beirarrúas e mobiliario urbano 
  • Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Quintáns
  • Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Vesía
  • Acondicionamento do lavadoiro público de San Salvador
  • Acondicionamento do lavadoiro público de Liñares
  • Acondicionamento da fonte pública de Liñares
  • Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Couto Carballo
  • Acondicionamento da fonte pública de Busto
  • Acondicionamento do lavadoiro público de Paraxó
  • Acondicionamento da fonte pública de Guimaráns
  • Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Cabanas
  • Acondicionamento da fonte pública de Francos
  • Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Vilasuco

 

16 de setembro de 2026

 

O Concello da Baña colaborará cos concellos de Negreira, Val do Dubra e Santa Comba no desenvolvemento do obradoiro dual de emprego Valora 2026. O Concello de Negreira, como entidade promotora, recibiu unha subvención de 454.552 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para poñer en marcha esta iniciativa de formación e emprego.

O obradoiro contará con 20 prazas de alumnado traballador, distribuídas entre as seguintes especialidades:

  • Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (EOCB0208): 12 prazas.
  • Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais (SEAG0209): 8 prazas.

O programa terá unha duración de nove meses e contará cun equipo formado por unha persoa responsable da dirección, dúas persoas docentes das especialidades e unha persoa titora de apoio.

Inscrición aberta ata o 23 de setembro

As persoas interesadas poden inscribirse na Oficina de Emprego Santiago Norte ata o mércores 23 de setembro, ás 14.00 horas, ou a través da oficina virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Está previsto que o obradoiro comece o 15 de outubro de 2026.

Para obter máis información, pódese contactar co departamento de emprego do Concello da Baña ou cos concellos colaboradores de Val do Dubra e Santa Comba e coa entidade promotora, o Concello de Negreira.

25-9-2026

O Concello da Baña publica o cadro provisional de puntuacións do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de persoal de dirección da Escola Infantil Municipal, en réxime de persoal laboral temporal.

A acta número 8 do tribunal recolle as puntuacións da fase de concurso, do exame tipo test e do suposto práctico, así como a puntuación total das persoas aspirantes. Tamén informa da anulación da pregunta número 23 do test, substituída pola primeira pregunta de reserva.

Ábrese un prazo de tres días naturais para presentar alegacións, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no taboleiro da sede electrónica.

As persoas interesadas poden consultar a acta e as puntuacións premendo na seguinte ligazón.

 

25-9-2026

O Concello da Baña publica as plantillas de respostas das probas do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de persoal de dirección da Escola Infantil Municipal, en réxime de persoal laboral temporal.

A documentación dispoñible inclúe a folla de respostas do primeiro exercicio, tipo test, e as respostas do suposto práctico correspondente á segunda parte da proba escrita.

As persoas participantes poden consultar os documentos premendo na seguinte ligazón. 

 

31-07-2026

Faise pública a listaxe definitiva e a constitución da bolsa de emprego de persoal de apoio destinado á Escola Infantil Municipal do Concello da Baña.

A resolucion podese consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, ou premendo nesta ligazón.

 

21-07-2026

Fanse públicos os resultados provisionais da fase de oposición da Bolsa de Emprego de persoal de apoio destinado á Escola Infantil Municipal do Concello da Baña.

A resolucion podese consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, ou premendo nesta ligazón.

 

8-07-2026

Faise pública a lista definitiva de aspirantes á convocatoria e proceso de seleccion por concurso-oposicion dunha bolsa de persoal de apoio destinado á Escola Infantil Municipal do Concello da Baña, en réxime de persoal laboral temporal.

A resolucion podese consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, ou premendo nesta ligazón

 

8-06-2026

O Concello da Baña aproba a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de persoal de apoio destinada á Escola Infantil Municipal, en réxime de persoal laboral temporal.

As persoas aspirantes que figuren como excluídas dispoñen dun prazo de dez días hábiles para emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou presentar as reclamacións que consideren oportunas.

A resolución completa coa relación provisional de aspirantes pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, nesta ligazón, e no arquivo adxunto a esta nova.

 

19-5-2026

O Concello da Baña publicará nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria para a creación dunha bolsa de persoal temporal de apoio á Escola Infantil Municipal, unha necesidade derivada do cambio de categoría do Punto de Atención á Infancia (PAI) á actual Escola Infantil.

Co obxectivo de facilitar a preparación da documentación e do temario ás persoas interesadas en participar no proceso selectivo, o Concello adianta xa as bases e a convocatoria a través da sede electrónica municipal.

O sistema de selección será o de concurso-oposición e o prazo para presentar as instancias será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña.

As persoas interesadas poden consultar toda a información na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón, e no arquivo adxunto a esta nova.

13-8-2026

Fanse públicas as resolucións de alcaldia coa listas definitiva da bolsa de emprego temporal para a campaña de prevención e defensa contra os incendios forestais 2025-2026.

As decretos coas resolucions da alcaldía poden consultarse nas seguintes ligazóns en funcións de cada categoría

 

8-7-2026

Fanse públicas as actas número 3 da sesión do tribunal cualificador encargad odo proceso de seleccion dunha bols ade emprego para a contratación de

  • Un/ha peón/oa conductor/a forestal
  • Tres peóns/as forestais
  • Un/ha xefe de brigada forestal

As actas póden consultarse nos documentos adxuntos

 

26-6-2026

Aprobación da lista definitiva de aspirantes para a contratación de tres peóns/as forestais para a campaña de prevención e defensa contra os incendios forestais 2025-2026. Pódese consultar a resolución da alcaldía nesta ligazón.

Aprobación da lista definitiva de aspirantes para a contratación dun peón/oa forestal condutor/a. Pódese consultar a resolucion da alcaldía nesta ligazón.

 

 

3-06-2026

O Boletín Oficial da provincia publica na súa edición do mércores 3 de xuño a convocatoria dos procesos selectivos destinados á creación de bolsas de emprego temporal para a campaña de prevención e defensa contra os incendios forestais 2025-2026.

As convocatorias inclúen un posto de xefe/a de brigada forestal, un posto de peón/peoa forestal condutor/a e tres postos de peón/peoa forestal, ao abeiro do convenio subscrito coa Consellería do Medio Rural.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación das convocatorias no BOP.

A continuación poden consultarse as bases completas de cada procedemento e a documentación necesaria para presentar a solicitude.

21-9-2026

O Concello da Baña aprobou unha segunda addenda ás bases do proceso selectivo para contratar temporalmente unha persoa como peón ou peoa forestal, ao abeiro do programa destinado a persoas mozas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil.

Esta nova addenda modifica o relativo ao prazo de presentación da documentación acreditativa dos méritos e do Anexo II, co obxectivo de adaptalo á secuencia establecida nas propias bases da convocatoria.

Deste xeito, o prazo comezará a computarse unha vez publicada na sede electrónica do Concello a lista de persoas candidatas preseleccionadas.

A primeira addenda aprobada non chegou a producir efectos, ao coincidir a súa aprobación coa publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e non terse publicado aínda a relación de persoas preseleccionadas.

Toda a información pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña e no arquivo adxunto a esta nova.

 

8-9-2026

O Concello da Baña aprobou unha addenda ás bases do proceso selectivo para contratar temporalmente unha persoa como peón ou peoa forestal, ao abeiro do programa destinado a persoas mozas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil.

A modificación establece que as persoas preseleccionadas pola oficina pública de emprego deberán presentar a documentación acreditativa dos méritos e o Anexo II, de carácter obrigatorio, ata o 14 de setembro de 2026, inclusive.

A documentación deberá entregarse mediante orixinais ou copias compulsadas no Rexistro do Concello da Baña, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O resto das bases da convocatoria permanece sen cambios.

Toda a información pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña e no arquivo adxunto a esta nova.

 

24-8-2026

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou este luns, 24 de agosto, as bases da convocatoria para a contratación temporal dunha persoa como peón ou peoa forestal no Concello da Baña.

O posto, a xornada completa e cunha duración de nove meses, está vinculado ao Programa FSE+ Galicia 2021-2027 para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

A selección realizarase mediante unha oferta de emprego presentada polo Concello na Oficina Pública de Emprego de Santiago Norte. Só poderán participar no proceso as persoas incluídas na listaxe remitida polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

Toda a información, os requisitos e a documentación necesaria poden consultarse na sede electrónica do Concello da Baña e no arquivo adxunto a esta nova.

26-6-2026

Aprobación da bolsa de emprego do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a insercion laboral dun operario/a de maquinaria foestal ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Actividades o 2026 do Concello da baña.

A resolucion da alcaldía pode consultarse nesta  ligazón.

 

5-6-2026

Publícase a listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral dun operario/a maquinaria forestal ao abeiro do programa TR351G Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026 da Xunta de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

A data e hora de realización das probas selectivas, que serán o martes 16 de xunio de 2026 a partires das 9.30 horas e que terán lugar na finca municipal da rúa Tedelle, s/n 15863 A Baña

A listaxe pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña (nesta ligazón) e nos arquivos adxuntos.

 

26-5-2026

O Boletín Oficial da provincia publica na súa edición do martes 26 de maio a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal dun/dunha operario/a de maquinaria forestal, ao abeiro do programa TR351G Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026 da Xunta de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

A contratación realizarase por un período de 9 meses, para desenvolver o servizo de planificación preventiva, valoración forestal, limpeza de montes e reparación e limpeza e mantemento de vías.

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (que pode verse nesta ligazón).

As bases da convocatoria poden consultarse tamén na sede electrónica do Concello da Baña (nesta ligazón) e nos arquivos adxuntos.