Aprobación da bolsa de emprego de dous/dúas peóns/peoas forestais ao abeiro do programa Rural Activo
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 388
26 de xuño de 2026
Faise pública a aprobación da bolsa de emprego do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a insercion laboral de dous (2) peóns/as forestais ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026 do Concello da Baña.
A resolucion pode consultarse nesta ligazón.
26 de maio de 2026
O Boletín Oficial da Provincia publica na edición do martes 26 de maio o decreto de aprobación das bases que rexerán a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal de dous/dúas peóns/peoas forestais ao abeiro do programa TR351G Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026, da Xunta de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (que pode verse nesta ligazón).
A contratación realizarase por un período de 9 meses para desenvolver a planificación preventiva, valoración forestal, limpeza de montes e limpeza e mantemento de vías.
As bases desta convocatoria poden consultarse tamén na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón, e nos arquivos adxuntos.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 804
18 de xuño
O Concello da Baña aprobou a bolsa de emprego resultante do proceso selectivo convocado para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística en réxime de persoal laboral temporal que, xestionará o Concello segundo as necesidades do servizo e, condicionada ao programa FONL/2026.
A resolución pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón.
5 de xuño de 2026
Publícase a listaxe definitiva de aspirantes para a contratación dun técnico/a de normalización lingüística en réxime de persoal laboral temporal ao abeiro da subvención FONL/2026, así como a composición do tribunal cualificador e a convocatoria da fase de oposición, que se realizará o venres 12 de xuño de 2026 a partir das 9.30 horas na casa consistorial do Concello da Baña.
A resolución pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón.
15 de maio de 2026
Faise pública a aprobación da listaxe provisional de aspirantes para a contratación dun técnico de normalización lingüística, vinculada á subvención FONL/2026 da Deputación da Coruña e ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Negreira e o Concello da Baña (promotor), como persoal laboral temporal.
As persoas aspirantes excluídos teñen un prazo de dez días hábiles no que poderán corrixir os defectos e formular as reclamacións á lista provisional.
As persoas interesadas poden comprobar a listaxe a través da sede electrónica do Concello premendo nesta ligazón.
14 de abril de 2026
O Concello da Baña fai públicas a convocatoria e as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de concurso-oposición, para a cobertura dun posto de persoal técnico de normalización lingüística, vinculada á subvención FONL/2026 da Deputación da Coruña e ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Negreira e o Concello da Baña (promotor), como persoal laboral temporal.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
As persoas interesadas poden inscribirse a través da sede electrónica do Concello premendo nesta ligazón.
No arquivo adxunto pode consultarse toda a información.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 5401
15 de maio de 2026
Aprobación da bolsa de emprego Peón/a Condutor/a (PEL/2026) para a contratación de persoal temporal, na categoría peón/peoa condutor/a de obras, para a execución de obras e servizos municipais, ao abeiro do programa PEL Concellos 2026 da Deputación da Coruña.
A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
24 de abril de 2026
Publícase a listaxe definitiva de aspirantes para a contratación de persoal temporal, na categoría peón/peoa condutor/a de obras, para a execución de obras e servizos municipais, ao abeiro do programa PEL Concellos 2026 da Deputación da Coruña.
A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
9 de abril de 2026
Publícase a listaxe provisional de aspirantes para a contratación de persoal temporal, na categoría peón/peoa condutor/a de obras, para a execución de obras e servizos municipais, ao abeiro do programa PEL Concellos 2026 da Deputación da Coruña.
A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
16 de marzo de 2026
O Concello da Baña fai públicas as bases e a convocatoria do proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para a contratación dun/dunha peón/peoa condutor/a de obra como persoal laboral temporal, no marco do programa PEL Concellos 2026 da Deputación da Coruña.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
As persoas interesadas poden inscribirse a través da sede electrónica do Concello premendo neste enlace.
No arquivo adxunto pode consultarse toda a información e as bases completas publicadas no BOP.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1631
17 de xuño de 2026
O Concello da Baña aprobou a bolsa de emprego resultante do proceso selectivo convocado para a contratación temporal dun técnico/a de igualdade de xénero ou axente de igualdade de xénero, financiado a través do programa FOAI 2026 da Deputación da Coruña.
A resolución completa, así como as cualificacións definitivas do proceso selectivo, poden consultarse na sede electrónica e nos documentos adxuntos.
8 de xuño de 2026
Fanse públicas as cualificacións totais provisionais do concurso-oposición do proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico/a de Igualdade de xénero / axente de Igualdade de xénero, en réxime de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa FOAI/2026.
Así mesmo, ábrese un período de alegacións de 3 días naturais contados dende o día seguinte desta publicación na sede electrónica do Concello (ligazón).
A acta do tribunal cualificador pode consultarse tamén nos arquivos adxuntos.
21 de maio de 2026
Publícase unha corrección de erros no decreto de aprobación da lista definitiva de aspirantes para a contratación dun/dunha técnico/a de Igualdade de xénero / axente de Igualdade de xénero, en réxime de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa FOAI/2026.
Onde di:
"Acordar que a data da fase de oposición realizarase o venres 26 de maio ás 15:30 horas, na casa consistorial do Concello da Baña".
Debe dicir:
"Acordar que a data da fase de oposición realizarase o martes 26 de maio ás 15:30 horas, na casa consistorial do Concello da Baña".
A dilixencia pode consultarse no arquivo adxunto ou na sede electrónica, nesta ligazón.
19 de maio de 2026
Faise pública a listaxe definitiva de aspirantes para a contratación dun/dunha técnico/a de Igualdade de xénero / axente de Igualdade de xénero, en réxime de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa FOAI/2026.
Así mesmo, publícase a composición do tribunal cualificador e a data da fase de oposición, que se realizará o venres 26 de maio ás 15:30 horas na casa consistorial do Concello da Baña.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou na sede electrónica, nesta ligazón.
4 de maio de 2026
Publícase a listaxe provisional de aspirantes para a contratación de persoal laboral temporal de 1 técnico/a de igualdade ao abeiro do programa FOAI/2026.
As persoas aspirantes excluídas eñen un prazo de dez días hábiles no que poderán corrixir os defectos que se alude no referido artigo e formular as reclamacións á lista provisional.
A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
6 de abril de 2026
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou na súa edición do mércores 1 de abril as bases da convocatoria e proceso de selección por concurso-oposición dunha bolsa de 1 técnico/a de igualdade en réxime de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa FOAI/2026.
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOP.
No arquivo adxunto pode consultarse a información publicada no BOP.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 5032
15 de maio de 2026
Publícase a aprobación dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal temporal, na categoría peón/peoa de obras, para a execución de obras e servizos municipais, ao abeiro do programa PEL Concellos 2026 da Deputación da Coruña.
A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
24 de abril de 2026
Publícase a listaxe definitiva de aspirantes para a contratación de persoal temporal, na categoría peón/peoa de obras, para a execución de obras e servizos municipais, ao abeiro do programa PEL Concellos 2026 da Deputación da Coruña.
A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
9 de abril de 2026
Publícase a listaxe provisional de aspirantes para a contratación de persoal temporal, na categoría peón/peoa de obras, para a execución de obras e servizos municipais, ao abeiro do programa PEL Concellos 2026 da Deputación da Coruña.
A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
16 de marzo de 2026
Fanse públicas as bases e a convocatoria do proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para a contratación de dous/dúas peóns/peoas de obra como persoal laboral temporal no Concello da Baña, no marco do programa Deputación da Coruña PEL Concellos 2026.
A convocatoria inclúe tamén a creación dunha bolsa de emprego para esta categoría profesional, destinada á execución de obras e servizos municipais.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
As persoas interesadas poden inscribirse a través da sede electrónica do Concello premendo neste enlace.
No arquivo adxunto pode consultarse a información publicada no BOP.




