17 de xuño de 2026

O Concello da Baña aprobou a bolsa de emprego resultante do proceso selectivo convocado para a contratación temporal dun técnico/a de igualdade de xénero ou axente de igualdade de xénero, financiado a través do programa FOAI 2026 da Deputación da Coruña.

A resolución completa, así como as cualificacións definitivas do proceso selectivo, poden consultarse na sede electrónica e nos documentos adxuntos.

 

8 de xuño de 2026

Fanse públicas as cualificacións totais provisionais do concurso-oposición do proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico/a de Igualdade de xénero  / axente de Igualdade de xénero, en réxime de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa FOAI/2026.

Así mesmo, ábrese un período de alegacións de 3 días naturais contados dende o día seguinte desta publicación na sede electrónica do Concello (ligazón).

A acta do tribunal cualificador pode consultarse tamén nos arquivos adxuntos.

 

21 de maio de 2026

Publícase unha corrección de erros no decreto de aprobación da lista definitiva de aspirantes para a contratación dun/dunha técnico/a de Igualdade de xénero / axente de Igualdade de xénero, en réxime de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa FOAI/2026.

Onde di:
"Acordar que a data da fase de oposición realizarase o venres 26 de maio ás 15:30 horas, na casa consistorial do Concello da Baña".

Debe dicir:
"Acordar que a data da fase de oposición realizarase o martes 26 de maio ás 15:30 horas, na casa consistorial do Concello da Baña".

A dilixencia pode consultarse no arquivo adxunto ou na sede electrónica, nesta ligazón.

 

19 de maio de 2026

Faise pública a listaxe definitiva de aspirantes para a contratación dun/dunha técnico/a de Igualdade de xénero / axente de Igualdade de xénero, en réxime de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa FOAI/2026.

Así mesmo, publícase a composición do tribunal cualificador e a data da fase de oposición, que se realizará o venres 26 de maio ás 15:30 horas na casa consistorial do Concello da Baña.

A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou na sede electrónica, nesta ligazón.

 

4 de maio de 2026

Publícase a listaxe provisional de aspirantes para a contratación de persoal laboral temporal de 1 técnico/a de igualdade ao abeiro do programa FOAI/2026. 

As persoas aspirantes excluídas eñen un prazo de dez días hábiles no que poderán corrixir os defectos que se alude no referido artigo e formular as reclamacións á lista provisional.

A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

6 de abril de 2026

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou na súa edición do mércores 1 de abril as bases da convocatoria e proceso de selección por concurso-oposición dunha bolsa de 1 técnico/a de igualdade en réxime de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa FOAI/2026.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOP.

No arquivo adxunto pode consultarse a información publicada no BOP.