9 de abril de 2026

Publícase a listaxe provisional de aspirantes para a contratación de persoal temporal, na categoría peón/peoa condutor/a de obras, para a execución de obras e servizos municipais, ao abeiro do programa PEL Concellos 2026 da Deputación da Coruña.

A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.

16 de marzo de 2026

 

O Concello da Baña fai públicas as bases e a convocatoria do proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para a contratación dun/dunha peón/peoa condutor/a de obra como persoal laboral temporal, no marco do programa PEL Concellos 2026 da Deputación da Coruña.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).

As persoas interesadas poden inscribirse a través da sede electrónica do Concello premendo neste enlace

No arquivo adxunto pode consultarse toda a información e as bases completas publicadas no BOP.