27 de xuño
Faise pública a resolucion da alcaldia coa aprobadoción da lista de aspirantes que conformarán a bolsa para a provsiión temporal para a contratación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
A resolucion póde consultarse no documento adxunto.
13 de xuño
Publícanse no Boletín Oficial da Provincia as bases reguladoras e a convocatoria para a ampliación e actualización da bolsa de emprego destinada á provisión temporal dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Esta acción enmárcase no Convenio asinado coa Consellería do Medio Rural, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) dentro do Plan Estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027, e supón a contratación dunha brigada composta por 1 xefe/a de brigada e 4 peóns/peoas de brigada.
A contratación será por un período de tres meses, para levar a cabo labores de prevención e vixilancia nos montes do municipio.
Así mesmo, a convocatoria ten como finalidade constituír unha bolsa de emprego actualizada, que permita cubrir posibles baixas durante o servizo.
A nova bolsa terá unha duración inicial de tres anos, prorrogable por un ano adicional, e substitúe a anterior, aprobada por Decreto de Alcaldía 379/2024.
As persoas interesadas poden consultar as bases completas da convocatoria no apartado de anuncios ou emprego da web municipal.
As bases e convocatoria poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.