13 de setembro de 2022

Faise público o decreto de publicación da bolsa da praza de educadora familiar do Concello da Baña unha vez resoltas polo tribunal as alegacións presentadas polas persoas interesadas. O documento pode ser consultado no arquivo adxunto.

 

26 de xullo de 2022

Faise pública a resolución de alcaldía pola que se aproba a bolsa de emprego do proceso selectivo para cubrir unha praza de educadora familiar do Concello da Baña,  e se procede a realizar o chamamento da persoa que quedou primeira na lista.

A resolución pódese consultar no documento adxunto.

 

21 de xullo de 2022

Fanse públicas as actas do tribunal cualificador encargado do proceso selectivo para unha praza de educador/a familiar.

Na segunda acta figura a relación de aspirantes para conformar a bolsa de emprego para cubrir unha praza de educadora familiar

As actas pódense consultar nos arquivos adxunto.

 

15 de xullo de 2022

Faise pública a resolución da alcaldía coa aprobación da lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, nomeamento de membros do tribunal e sinalamento de data, hora e lugar de realización do exame do proceso selectivo para a conformación dunha bolsa de emprego temporal para cubrir unha praza de educador/a familiar do Concello da Baña.

A resolución pódese consultar no documento adxunto.

 

21 de xuño de 2022

Faixe pública a resolución da alcaldía coa lista provisional de persoas admitidas no proceso selectivo para a conformación dunha bolsa de emprego temporal destinada a cubrir unha praza de educador/a familiar no Concello da Baña.

O listado e a resolución pódense consultar no documento adxunto.

 

 

22 de marzo de 2022

Fanse públicas as bases para a conformación dunha bolsa de emprego temporal destinada a cubrir unha praza de educador/a familiar no Concello da Baña.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles a partir do mércores 23 de marzo para presentar a solicitude. 

As bases, publicadas no BOP deste martes 22 de marzo, poden consultarse no arquivo adxunto. 

  • Os beneficiarios das achegas teñen ata o 17 de agosto para presentar a documentación que acredite os gastos subvencionables 

O Concello da Baña fai público o decreto de resolución de concesión de axudas a autónomos e pequenas empresas do municipio destinadas a paliar o impacto da crise socioeconómica causada pola pandemia da Covid-19 no municipio. Cómpre subliñar que estas achegas están financiadas integramente con fondos propios do Concello da Baña e complementan as que xa outorgou o Concello atendendo á convocatoria que fixo en novembro de 2020.

A primeira liña da convocatoria contou unicamente con dúas solicitudes rexistradas. Esta liña estaba orientada a ampliar o programa PEL-Reactiva, dirixida a aquelas persoas autónomas e pemes que, cumprindo cos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, quedaron fóra por esgotamento do crédito. Ambas solicitudes foron aceptadas, polo que cada un dos solicitantes percibirá unha contía de 2.500 euros.

A segunda liña da convocatoria, destinada a paliar os efectos económicos derivados das restricións impostas polas diferentes administracións públicas, quedou deserta ao non recibirse ningunha solicitude.

Segundo recolle o decreto, os beneficiarios das axudas terán un prazo de 20 días naturais, a contar desde hoxe e ata o 17 de agosto (incluído) para presentar a documentación acreditativa dos gastos subvencionables. A xustificación presentarase na sede electrónica do Concello da Baña.

O decreto de concesión das axudas Covid a autónomos e pequenas empresas da Baña pode consultarse no seguinte enlace:

https://acortar.link/VZGPWy

12 de xullo de 2022

Faise pública a resolución da alcaldía de data 28 de xuño de 2022 pola que se inicia o procedemento de declaración de nulidade do acto administrativo mediante o que se aprobaron as bases reguladores que rexen a conformación dunha bolsa de emprego para cubrir unha praza de persoal de encargado de obras do Concello da Baña e se suspenden os actos derivados de ditas bases.

A resolución da alcaldía pode consultarse no documento adxunto

 

23 de xuño de 2022

Faise pública a resolución da alcaldía coa aprobación da lista de aspirantes admitidos/as do proceso selectivo para a selección dunha bolsa de emprego para cubrir a praza de persoal encargado/a de obras do Concello da Baña.

A resolución pode consultarse no documento adxunto

 

 

4 de maio de 2022

Faise pública a resolución da alcaldía coa aprobación da lista provisional de aspirante sadmitidos e excluídos do proceso selectivo para a conformación dunha bolsa de emprego temporal destinada a cubrir unha praza de persoal de encargado/a de obras do Concello da Baña.

A lista pódese consultar no documento adxunto.

 

 

22 de marzo de 2022

Fanse públicas as bases para a conformación dunha bolsa de emprego temporal destinada a cubrir unha praza de persoal de encargado/a de obras do Concello da Baña.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles a partir do mércores 23 de marzo para presentar a solicitude. 

As bases, publicadas no BOP deste martes 22 de marzo, poden consultarse no arquivo adxunto. 

 

  • Os tres alcaldes reuníronse o mércores coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade solicitando a mellora nesta e noutras vías

  • Ethel Vázquez informou que están en contratación as obras para mellorar o firme da AC-406 e da AC-546

 

O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, xunto co de Val do Dubra e a alcaldesa de Santa Comba, reuniuse o pasado mércores coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, Ethel Vázquez, para solicitar a mellora da estrada AC-406, que vai de Faílde a Paramos, facilitando así a saída da Baña cara Santa Comba e Val do Dubra. A reunión celebrouse en Santa Comba, coincidindo coa visita da conselleira para anunciar a licitación dunhas obras.

Ethel Vázquez informou que a Consellería está a tramitar o contrato para iniciar a redacción do proxecto de mellora da estrada AC-406 entre Santa Comba e Portomouro, no treito do alto do Paofito, por considerar esta como unha actuación estratéxica para os tres concellos da comarca. A mellora deste vial é unha das reivindicacións que vén mantendo o Concello da Baña dende hai anos.

Na reunión, a conselleira informou tamén de que están en contratación as obras para mellorar o firme de varios treitos das estradas autonómicas AC-400, AC-406 e AC-546, que se executarán este mesmo ano e que suporán un investimento de 1,5 millóns de euros. 

Con esta actuación mellorarase considerablemente as comunicacións dende A Baña con Santiago, tanto viaxando cara a Portomouro como cara a Negreira. A  estrada AC-546, que comunica Negreira co cruce da Pereira, pasa, no municipio da Baña, por Corneira, Ordoeste, San Cibrán e Seoane.

Andrés García Cardeso aproveitou tamén a reunión coa conselleira para interesarse pola execución da senda peonil que unirá a saída de Negreira co Seilán. Actualmente, técnicos da empresa de enxeñería Incubed están a tomar medicións para redactar o proxecto. “A intención da Consellería é licitar as obras este mesmo ano”, explicou o alcalde da Baña tras a reunión. García Cardeso engadiu que esta obra vai permitir tamén que varias casas do municipio que se atopan neste tramoi poidan conectarse coa rede de sumidoiros.

23 de xuño de 2022

Faise púbica a resolución da  alcaldía para a contratación laboral temporal dun socorrista ao abeiro do Plan de Cooperación da Xunta de Galicia.

Podes consultar a resolución no documento adxunto