12 de novembro de 2024
Fanse públicos os resultados provisionais das persoas candidatas a formar parte do alumnado do obradoiro dual de emprego Rexenera 2024, promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio cos da Baña, Negreira e Santa Comba.
O prazo para presentar alegacións é de 5 días naturais, a contar dende o mércores 13 de novembro. Neste mesmo prazo, os/as aspirantes con algún tipo de diversidade funcional deberán acreditar cun informe médico actualizado a compatibilidade coas funcións a desenvolver no obradoiro.
Os resultados poden consultarse en arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
8 de novembro de 2024
Fanse públicos os resultados da primeira proba escrita das persoas candidatas a formar parte do alumnado do obradoiro dual de emprego Rexenera 2024, promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio cos da Baña, Negreira e Santa Comba.
As puntuacións poden consultarse en arquivo adxunto e nesta ligazón.
30 de outubro de 2024
Este mércores, 30 de outubro, publícanse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña as bases de selección do persoal directivo e docente do obradoiro dual de emprego Rexenera 2024, promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio cos da Baña, Negreira e Santa Comba.
O prazo para presentar as solicitudes será de dez días naturais a contar dende mañá, xoves 31 de outubro.
As bases publicadas no BOP pódense consultar na seguinte ligazón: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/10/30/2024_0000007548.pdf
25 de outubro de 2024
Publícanse as bases reguladoras do proceso de selección de persoal e alumnado traballador do obradoiro dual de emprego 'Rexenera 2024', subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cofinanciado pola Unión Europea, e promovido polo Concello de Val do Dubra, xunto cos concellos de Negreira, A Baña e Santa Comba.
As bases reguladoras poden consultarse na sede electrónica do Concello da Baña no seguinte enlace: https://sede.concellodabana.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20241025093013359.html
18 de outubro de 2024
O Concello da Baña participa no Obradoiro de Emprego 'Rexenera 2024'
O Concello da Baña, en colaboración cos concellos de Val do Dubra, Negreira e Santa Comba, participará no novo Obradoiro de Emprego denominado Rexenera 2024. Este proxecto, promovido polo Concello de Val do Dubra, ten previsto o seu inicio o vindeiro 2 de decembro de 2024 e contará cun total de 20 prazas para alumnos/as.
A través dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, o obradoiro formará a persoas nas especialidades de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, con 12 prazas, e Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, con 8 prazas. Durante os 9 meses de duración do programa, os participantes recibirán formación teórica e práctica que mellorará as súas opcións de inserción laboral.
A preselección dos participantes realizarase a través da Oficina de Emprego Santiago Norte. As persoas interesadas que desexen optar a unha destas prazas deberán estar inscritas nos servizos de emprego nas modalidades de Escolas Taller, Casa de Oficios, Taller de Emprego ou outros programas de emprego e formación dual.
O prazo para inscribirse rematará o luns 28 de outubro ás 14:00 horas, e a tramitación das ofertas realizarase a través da oficina virtual do SPEG.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa oficina de emprego do Concello da Baña 981 886 501.
Con este obradoiro, o Concello da Baña reafirma o seu compromiso co fomento do emprego e a formación profesional, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social da comarca.