• Durante nove meses o alumnado-traballador recibirá formación en pintura decorativa en construción e en limpeza en espazos abertos e instalacións industriais

  • Os alcaldes da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra animaron ao participantes a aproveitar a formación para incorporarse ao mercado laboral

20210108 MAIS2020 web

Os alcaldes da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra inauguraron esta mañá o obradoiro dual de emprego Máis2020, que vai formar a 20 persoas desempregadas dos catro concellos en pintura decorativa en construción (8 persoas) e en limpeza en espazos abertos e instalacións industriais (12), cunha achega de 346.946 euros da Consellería de Emprego e Igualdade. 

“Esta é unha iniciativa beneficiosa para ambas partes. Para vos, como alumnado, que vos poderes formar nestas especialidades para incorporarvos ao mercado laboral, e tamén para os concellos, porque as obras van quedar ai”, lles dixo José Antonio Pereira, alcalde da Baña ás persoas seleccionadas para esta iniciativa. “Tendes un profesorado que son grandes profesionais, dos que poderedes aprender moito”, engadiu.

Os outros alcaldes trasladáronlles mensaxes similares ao alumnado. O de Negreira, Ángel Leis, pediulles “tranquilidade e paciencia, e cumprir as normas sanitarias” durante este período de formación. “O obradoiro supón unha boa oportunidade laboral, porque ides recibir un certificado de profesionalidade”, recordoulles o rexedor de Val do Dubra, José Manuel Varela. O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, recalcou que este obradoiro “supón unha oportunidade para volver integrarse na sociedade e no mercado laboral, sobre todo para aquelas persoas que levan tempo no paro”.

Durante os nove meses que dura Máis2020, o alumnado recibirá o salario mínimo interprofesional, máis a parte proporcional das pagas extras. Neste obradoiro, que ten sede na Baña, fórmanse cinco persoas de cada un dos concellos, 2 delas na especialidade de pintura, e outras 3 na de limpeza.

No caso da Baña, o alumnado vai pintar o interior do centro social e da terceira idade e tamén a casa de cultura, ademais de facer limpeza de beirarrúas, marquesiñas e contedores.

No acto de inauguración, ademais dos alcaldes, as técnicas de emprego dos catro concellos e o profesorado do obradoiro dual de emprego Máis2020,  participaron tamén membros do equipo de goberno e representantes do PP da Baña.

20210108 mais2020 02 web

Luns, 21 de decembro

Fanse públicas as puntuacións definitivas das persoas candidatas a ocupar o posto de director/a do obradoiro dual de emprego MAIS 2020.

O documento pódese consultar no arquivo adxunto ou premendo aquí

Luns, 21 de decembro

Faise pública a listaxe definitiva das persoas seleccionadas como alumnado para o obradoiro de emprego dual MAIS 2020.

O documento pódese consultar no arquivo adxunto ou premendo aquí.

Martes, 15 de decembro

Fanse públicas as puntuacións provisionais do baremo das persoas aspirantes como alumnado, auxiliar administrativo, mestres  e dirección para o programa dual de emprego MAIS 2020.

Os documentos pódense consultar no arquivo adxunto. 

Xoves, 10 de decembro

Puntuacións das entrevistas coas candidatas a ocupar o posto dun/ha auxiliar adminstrativo/a para o programa dual de emprego MAIS2020.

O documento pódese consultar no arquivo adxunto.

Mércores, 9 de decembro

Puntuacións das entrevistas coas persoas candidatas a director/a que resultaron preseleccionadas para o programa dual de emprego MAIS2020.

O documento pódese consultar no arquivo adxunto.

Mércores, 9 de decembro

Puntuacións das entrevistas coas persoas candidatas a mestre/a na especialidade de pintura decorativa en construción que resultaron preseleccionadas para o programa dual de emprego MAIS2020.

O documento pódese consultar no arquivo adxunto.

Mércores, 9 de decembro

Puntuacións das entrevistas coas persoas candidatas a mestre/a na especialidade de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais que resultaron preseleccionadas para o programa dual de emprego MAIS2020.

O documento pódese consultar no arquivo adxunto.

Mércores, 9 de decembro

Puntuacións das entrevistas coas persoas candidatas a mestre/a de Educación de Adultos no obradoiro de emprego dual MAIS2020.

O documento pódese consultar no arquivo adxunto.

Venres, 4 de decembro

Faise pública a puntuación da fase de entrevista do proceso de selección de alumnado de Santa Comba e de Val do Dubra para o programa dual de emprego MAIS2020.

O documento pódese consultar no arquivo adxunto.

 

Xoves, 3 de decembro

Faise pública a puntuación da fase de entrevista do proceso de selección de alumnado da Baña e de Negreira para o programa dual de emprego MAIS2020.

O documento pódese consultar no arquivo adxunto.

 

Xoves, 26 de novembro

Faise público o decreto de corrección dun erro e da modificación do ámbito territorial para a selección do persoal directivo, docente e
administrativo do programa dual de emprego MAIS2020.

O documento pódese consultar nos arquivos adxuntos. 

Xoves, 26 de novembro

Faise pública a correción dun erro nas bases que rixen o proceso para selección do alumnado traballador e persoal directivo, docente e administrativo de apoio ao pograma dual de emprego MAIS2020.

O documento pódese consultar nos arquivos adxuntos.

Luns, 16 de novembro

Fanse públicas as bases que van rexir o proceso de selección do alumnado traballador e persoal directivo, docente e administrativo de apoio ao pograma dual de emprego MAIS2020, que se poden consultar no arquivo adxunto
 
 
Mércores, 11 de novembro

As persoas maiores de 18 anos que estean desempregadas e desexen formarse en limpeza de espazos abertos e instalacións industriais ou en pintura decorativa en construción no obradoiro de emprego MAIS2020 formaranse en limpeza de espazos abertos e instalacións industriais (SEAG0209) e outras 8 en pintura decorativa en construción (EOCB0110).

Este programa de emprego terá unha duración de 9 meses, e a preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego Santiago Norte. Para poder participar neste obradoiro, as persoas interesadas deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego e ter solicitado algún dos seguintes servizos: Escolas Taller (320), Casa de Oficios (330), Taller de Emprego (340),  Outro programas de emprego formación dual (370) e 699 suspensión específica programas experimentais de emprego.

Aquelas persoas interesadas en participar neste programa como alumnado e que aínda non estean inscritas nos devanditos códigos poderán facelo ata o día 24 de novembro de 2020 (incluído) solicitando cita previa na oficina de emprego Santiago Norte dende este enlace (preme aquí).

As persoas interesadas en formar parte do equipo directivo, docente ou administrativo de apoio do obradoiro de emprego MAIS2020 tamén terán que figurar inscritas na oficina de emprego Santiago Norte solicitando esta ocupación antes do 24 de novembro. Poden solicitar cita previa a través deste enlace (preme aquí)

Para máis información sobre este proceso, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Oficina de Emprego Santiago Norte, a través do teléfono 881 867 306 ou pedindo cita previa neste enlace (preme aquí).

Mañá (xoves 19 de novembro) ábrese o prazo para que as persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da covid-19 soliciten as axudas convocadas pola Xunta de Galicia. Poderán facelo ata o 18 de decembro.

As achegas serán de 1200 € para calquera actividade económica en xeral e incrementaranse ata os 2000 € no caso de actividades especialmente paralizadas. Entre estas atópanse o lecer nocturno, as atraccións de feria, as axencias de viaxe, o sector dos taxis, etc.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente a través do formulario dispoñible como anexo I na sede electrónica da Xunta (preme aquí). É moi importante cubrir todos os campos obrigatorios para poder optar ás achegas.

As bases reguladoras específicanse no DOG do mércores 18 de novembro. Deixamos as ligazóns:
https://cutt.ly/lg5363R
https://cutt.ly/Tg58rpV

  • O alcalde pediu unha reunión co responsable de Mobilidade da Xunta para recuperar as conexións das tardes

O Concello da Baña remitiulle hai uns días un escrito á Xunta de Galicia para reclamar máis frecuencias nos autobuses que a comunican con Santiago, logo de que a empresa concesionaria do servizo decidise hai uns meses anular os horarios de tarde por causa da covid-19 e agora se negue a recuperalos coa excusa de que vai deixar de ser adxudicataria.

O escrito, asinado polo alcalde, José Antonio Pereira, vai dirixido a Ignacio Maestro, director xeral de Mobilidade. Nel lémbralle que A Baña só dispuña xa de cinco conexións con Santiago ao longo do día, quedando en funcionamento na actualidade únicamente dúas de ida con parada na Baña ás 7:15 horas ás 16:30, e outra de volta con parada ás 16:15 horas. Anuláronse “de maneira unilateral”, según sinala o texto, as que había á tardiña, con volta ás 20:15 horas e ida arredor das 20:30 horas, deixando á Baña incomunicada polas tardes.

A Baña é un dos concellos participantes no Plan de transporte metropolitano con Santiago de Compostela e a diminución do número de frecuencias de autobuses, recorda o alcalde, supón “privar máis de 3500 veciños do noso concello da única posibilidade de conexión coa área metropolitana”.

Logo de poñerse en contacto coa empresa concesionaria e recibir dela a resposta de que non vai reanudar os servizos, o Concello solicita unha reunión de carácter urxente co responsable de mobilidade da Xunta para solucionar a devandita problemática.

  • Autónomos e microempresas teñan ata o 25 de novembro para presentar a solicitude nada sede electrónica do concello
  • Quen cubrira os formularios pode presentar información complementaria cubrindo correctamente o anexo 9

A Baña. 11-11-2020.- O Concello da Baña recórdalle a autónomos e microempresas a 𝐢𝐦𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐜𝐨𝐫𝐫𝐞𝐜𝐭𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐨 𝐚𝐧𝐞𝐱𝐨 𝐈𝐗, 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐚 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚 𝐨𝐮 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬. Este apartado do anexo IX é relevante para optar as axudas do PEL Reactiva que promove a Deputación da Coruña en colaboración co Concello.

As condicións das empresas forman parte dos criterios de valoración establecidos pola Deputación da Coruña, polo que se non están sinaladas axeitadamente non se puntuarán e reducirase a posibilidade de optar as subvencións. O anexo IX forma parte da documentación a cumprimentar, e pódese atopar na sede electrónica do Concello da Baña (neste enlace)

Entre os criterios que se valoran para ter acceso a subvención figura o de tipo de empresa, a forma xurídica da mesma, o número de mulleres contratadas, persoas con discapacidade ou menores de 30 anos, así como se se emprega o galego na realización da actividades.

As persoas que xa presentaran a documentación solicitando o PEL Reactiva e non cubriran adecuadamente o anexo IX (se esqueceran de marcar este criterios), poden presentar documentación complementaria antes do día 25 de novembro.

O prazo para solicitar estas axudas remata o 25 de novembro. Sigue lendo esta nova para obter máis información sobre esta convocatoria do PEL Reactiva.

 

 

Venres: 6-11-2020

Autónomos e microempresas da Baña poden solicitar desde mañá as axudas do PEL Reactiva da Deputación

  • A axuda está destinada a costear gastos correntes, arrendamentos, seguros, subministracións, material hixiénico ou adaptación dos locais fronte á covid-19 

  • As persoas interesadas deberán presentar a solicitude ata o 25 de novembro na sede electrónica do Concello

Autónomos e microempresas radicadas no municipio poden solicitar a partir de mañá no Concello da Baña as subvencións incluídas no Plan PEL Reactiva 2020 para costear gastos correntes. Este programa, cofinanciado pola Deputación da Coruña nun 80 por cento, ten como principal obxectivo impulsar a actividade económica e o emprego no municipio bañés contribuíndo a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da covid-19 nas pequenas empresas e persoas autónomas de cara á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello da Baña (preme aquí) utilizando o modelo normalizado de solicitude dispoñible na mesma, e deberán achegar a documentación establecida. O prazo para remitir a documentación finaliza o vindeiro 25 de novembro ás 14.00 horas.

O período subvencionable establécese entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020. As persoas beneficiarias das axudas deberán presentar a documentación xustificativa antes do 31 de marzo de 2021.

Quen pode solicitar este programa de axudas

Poderán solicitar esta subvención as persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

  • Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta o seis meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

Para os efectos destas subvencións terán a categoría de microempresa aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de euros.

Requisitos básicos

Os requisitos básicos para acceder ao programa PEL Reactiva 2020 da Deputación da Coruña son os seguintes:

  • Ter o domicilio fiscal no Concello da Baña.
  • Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/20003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, TXSS, Concello da Baña, Comunidade Autónoma de Galicia e coa Deputación Provincial da Coruña.
  • Cumprir coas obrigas establecidas na base 14 das reguladoras destas subvencións.
  • No caso de persoas autónomas: estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade ao 14 de marzo.
  • No caso de micropymes: a data de constitución da empresa (data de primeira inscrición no rexistro público correspondente) debe ser anterior ao 14 de marzo.

Gastos subvencionables

Con cargo a esta liñas de axudas, as persoas autónomas e empresas poderán obter financiación para facer fronte aos gastos correntes seguintes (o IVE non é subvencionable):

  • Compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza
  • Adaptación de locais ás medidas de protección fronte á covid-19
  • Arrendamentos e canons
  • Primas de seguros (responsabilidade civil, accidentes)
  • Subministracións (auga, gas, combustibles, electricidades)

As bases da convocatoria poden atoparse nos seguintes enlaces ao Boletín Oficial da Provincia (BOP):

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/12/2020_0000005589.pdf 

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/11/06/2020_0000007937.pdf