3 de maio de 2023
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases que rexerán a convocatoria para a provisión urxente, polo sistema de oposición, de dous oficiais albaneis de segunda e de tres peóns de obras como persoal laboral por un período de cinco meses no Concello da Baña.
Esta convocatoria realízase ao abeiro do PEL-Concellos 2023, o programa da Deputación da Coruña de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais.
O prazo para a presentación de instancias é de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación do anuncio das bases no BOP, na sede electrónica municipal e no Portal de Transparencia do Concello da Baña.
As bases de ambas as convocatorias poden consultarse nos arquivos adxuntos.