O Boletín Oficial da Provincia publica na edición do martes 26 de maio o decreto de aprobación das bases que rexerán a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal de dous/dúas peóns/peoas forestais ao abeiro do programa TR351G Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026, da Xunta de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (que pode verse nesta ligazón).

A contratación realizarase por un período de 9 meses para desenvolver a planificación preventiva, valoración forestal, limpeza de montes e limpeza e mantemento de vías.

As bases desta convocatoria poden consultarse tamén na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón, e nos arquivos adxuntos.