• A iniciativa, promovida polo Concello de Negreira, desenvolverase en colaboración coa Baña, Val do Dubra e Santa Comba

  • O programa formará 20 persoas en albanelería e limpeza durante nove meses

20260916 Obradoiro dual

 

17 de setembro de 2026

 

Publícanse as bases reguladoras do proceso de selección do persoal e alumnado traballador do Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cofinanciado pola Unión Europea e promovido polo Concello de Negreira, xunto cos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra. 

As bases poden consultarse no documento adxunto ou nesta ligazón.

Segundo recollen estas bases, as actuacións a realizar no Concello da Baña son:

  • Limpeza das beirarrúas e mobiliario urbano 
  • Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Quintáns
  • Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Vesía
  • Acondicionamento do lavadoiro público de San Salvador
  • Acondicionamento do lavadoiro público de Liñares
  • Acondicionamento da fonte pública de Liñares
  • Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Couto Carballo
  • Acondicionamento da fonte pública de Busto
  • Acondicionamento do lavadoiro público de Paraxó
  • Acondicionamento da fonte pública de Guimaráns
  • Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Cabanas
  • Acondicionamento da fonte pública de Francos
  • Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Vilasuco

 

16 de setembro de 2026

 

O Concello da Baña colaborará cos concellos de Negreira, Val do Dubra e Santa Comba no desenvolvemento do obradoiro dual de emprego Valora 2026. O Concello de Negreira, como entidade promotora, recibiu unha subvención de 454.552 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para poñer en marcha esta iniciativa de formación e emprego.

O obradoiro contará con 20 prazas de alumnado traballador, distribuídas entre as seguintes especialidades:

  • Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (EOCB0208): 12 prazas.
  • Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais (SEAG0209): 8 prazas.

O programa terá unha duración de nove meses e contará cun equipo formado por unha persoa responsable da dirección, dúas persoas docentes das especialidades e unha persoa titora de apoio.

Inscrición aberta ata o 23 de setembro

As persoas interesadas poden inscribirse na Oficina de Emprego Santiago Norte ata o mércores 23 de setembro, ás 14.00 horas, ou a través da oficina virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Está previsto que o obradoiro comece o 15 de outubro de 2026.

Para obter máis información, pódese contactar co departamento de emprego do Concello da Baña ou cos concellos colaboradores de Val do Dubra e Santa Comba e coa entidade promotora, o Concello de Negreira.