20250409 brigada obrasDende o 1 de abril ata o 30 de setembro, o Concello da Baña contará cun reforzo na súa brigada municipal de obras coa incorporación de tres novos traballadores. Esta ampliación do persoal é posible grazas ao programa PEL-Concellos 2025, financiado pola Deputación da Coruña, que ten como obxectivo apoiar os concellos na mellora dos servizos municipais e fomentar o emprego local.