• A iniciativa está dirixida a menores de 3 a 14 anos

  • Desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril en horario de 8.00 a 14.00 horas nas instalacións deportivas municipais

  • A inscrición remata o mércores 9 de abril

  • O programa busca facilitar a conciliación familiar e ofrecer á cativada un espazo de aprendizaxe, xogo e socialización

20250401 Campamento Deportivo Cultural Web

O Concello da Baña organiza o Campamento Deportivo Cultural 2025, unha iniciativa dirixida a menores de 3 a 14 anos que se desenvolverá os días 14, 15, 16 e 21 de abril, coincidindo coas vacacións de Semana Santa. O obxectivo principal deste programa é facilitar a conciliación das familias ao tempo que se ofrece ás crianzas un espazo de aprendizaxe, xogo e socialización.

O campamento desenvolverase en horario de 8.00 a 14.00 horas nas instalacións deportivas municipais, onde os nenos e nenas participantes poderán gozar de actividades deportivas, culturais, educativas e lúdicas adaptadas ás distintas idades. A programación incluirá xogos de equipo, talleres creativos e actividades que fomenten valores como o respecto, a convivencia e a cooperación.

O campamento conta con 20 prazas dispoñibles e poderán inscribirse aqueles menores que estean escolarizados e cumpran os requisitos de admisión. A selección de participantes realizarase en base a criterios como o empadroamento no municipio e a necesidade de conciliación familiar.

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o 3 ata o 9 de abril, e os formularios poderán presentarse a través do rexistro municipal. A lista definitiva de admitidos publicarase unha vez finalizado o proceso de selección.

As persoas interesadas poden recibir máis información a través dos teléfonos 981 886 501 ou 669 368 413 ou do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O Concello da Baña aposta por este tipo de iniciativas como unha ferramenta clave para apoiar as familias do municipio e ofrecerlles aos nenos e nenas unha alternativa de lecer saudable e enriquecedora durante os días non lectivos.