O Boletín Oficial da provincia publica na súa edición do mércores 3 de xuño a convocatoria dos procesos selectivos destinados á creación de bolsas de emprego temporal para a campaña de prevención e defensa contra os incendios forestais 2025-2026.

As convocatorias inclúen un posto de xefe/a de brigada forestal, un posto de peón/peoa forestal condutor/a e tres postos de peón/peoa forestal, ao abeiro do convenio subscrito coa Consellería do Medio Rural.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación das convocatorias no BOP.

A continuación poden consultarse as bases completas de cada procedemento e a documentación necesaria para presentar a solicitude.

7 de xuño de 2021

Faise pública a lista de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa dun/ha técnico/a de turismo para a oficina de turismo do Cocnello de Negreira.

As persoas candidatas admitidas deberán presentarse a facer a proba escrita o vindeiro xoves 10 de xuño ás 9:30 horas na Aula do Telecentro da Casa de Cultura de Negreira, localizada na rúa Carreira de San Mauro, número 11. 

A listaxe e a convocatoria do exame pódense consultar no arquivo adxunto.

20191004 Aula informatica Baña webA aula de informática da Baña permanecerá pechada dende hoxe e ata o vindeiro 10 de xaneiro, cando retomará as actividades. 

Hoxe, 23 de decembro, comeza a actividade de conciliación Brincanadal, motivo polo que pecha a aula de informática.

Fanse públicos os nomes dos candidatos propostos pola comisión seleccionadora para a contratación de dúas persoas para ocupar a praza de albanel, e das tres persoas para ocupar as prazas de peóns por parte do Concello da Baña, subvencionadas a través do Programa de Integración Laboral (PEL) da Deputación da Coruña.

As resolucións das comisións selecionadoras pódense consultar nos documentos adxuntos.

 

Attachments:
Download this file (proposta albaneis.pdf)Proposta_contratacion_albanel[Proposta_contratacion_albanel]303 kB
Download this file (proposta peons.pdf)Proposta_contratacion_peons[Proposta_contratacion_peons]377 kB

O Tribunal encargado da selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2018 acaba de adoptar de forma urxente o acordo que figura no documento adxunto, relativo a puntuación máxima da entrevista.