Cultura 2

O Concello da Baña recibiu unha subvención por importe de 68.428,68 euros da Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do POS+ Adicional 1/2025, destinada a gastos sociais extraordinarios correspondentes ao exercicio 2025.

Este financiamento permitirá ao Concello reforzar a atención ás necesidades sociais da veciñanza, dando resposta a situacións de especial vulnerabilidade e apoiando actuacións de carácter social no ámbito municipal.

Podes consultar toda a información premendo neste enlace.

20251212 subvencion td

O Concello da Baña vén de recibir unha subvención destinada á Transformación Dixital do Concello da Baña a través da creación dun proxecto de Numeración Dixital Municipal que permitirá a mellora da accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación (TIC) así como o seu uso no medio rural.

O proxecto consistirá na creación dunha plataforma tecnolóxica sobre un sistema de información xeográfica, actualización das direccións dos inmobles e o suministro de rótulos indicativos. O obxectivo é levar a cabo unha identificación inequívoca de todos os inmobles existentes (viviendas, terciarios, empresas, edificacións industriais, etc).

Esta iniciativa forma parte da aposta do goberno local por contribuir coa política de desenvolvemento rural e as correspondentes prioridades da Unión Europea en materia de desenvolvemento rural.

A axuda cofinánciase no marco da Intervención Leader PEPAC 2023-2027, xestionada a través do GDR Asociación Terras de Compostela.

  • A contratación, cofinanciada pola Unión Europea e a Xunta de Galicia, permitirá un período de nove meses de experiencia profesional nun posto de auxiliar administrativo/a

subvención 6

O Concello da Baña vén de recibir unha subvención dentro do Programa de Garantía Xuvenil 2025 (procedemento TR350E), destinada á contratación de persoas mozas desempregadas. A través desta axuda, poderase incorporar durante nove meses unha persoa no posto de auxiliar administrativo/a, que que iniciará a súa actividade o 3 de novembro de 2025.

A persoa contratada desenvolverá tarefas de apoio á xestión administrativa, reforzando o funcionamento dos servizos municipais e adquirindo experiencia profesional nun entorno real de traballo.

Esta iniciativa forma parte da aposta do goberno local por fomentar o emprego xuvenil e ofrecer novas oportunidades laborais á mocidade da comarca, ao mesmo tempo que contribúe ao fortalecemento da estrutura administrativa e á mellora dos servizos públicos.

A actuación está cofinanciada pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia, no marco dos programas de apoio ao emprego xuvenil FSE+Galicia 2021/2027.

  • O BOP publica as bases das axudas dirixidas a entidades veciñais, culturais, sociais e pedagóxicas

Subvencions Deputacion 1920 x 1280 px

O Boletín Oficial da Provincia fixo pública este venres 7 de novembro a convocatoria das bases reguladoras de varias subvencións destinadas a apoiar o labor das asociacións veciñais, culturais, sociais e pedagóxicas da provincia. Estas axudas buscan reforzar o traballo das entidades que contribúen ao desenvolvemento cultural e social dos seus concellos, entre eles o da Baña.

As persoas responsables das asociacións poden solicitar información e asesoramento para a tramitación destas axudas no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello da Baña. Tamén poden chamar ao 981 88 65 01 ou consultar as bases completas a través da web municipal.

Entre as convocatorias publicadas destacan dúas liñas de especial interese:

  • Axudas a entidades sen ánimo de lucro para actividades culturais (FO203/2026), dirixidas a fomentar proxectos culturais de creación, difusión, formación, patrimonio, artes escénicas, música ou literatura realizados na provincia durante 2026. Poden optar a elas asociacións e entidades sen ánimo de lucro. A dotación total é de 1.200.000 euros e as axudas oscilarán entre 3.000 e 30.000 euros, cunha porcentaxe de financiamento do 20 ao 80 %.

As bases completas dispoñibles están dispoñibles premendo nesta ligazón

  • Subvencións a entidades musicais e de baile tradicional (FO213/2026) que teñen como obxectivo apoiar a actividade anual de corais, bandas de música, grupos de baile e formacións musicais de gran formato. Poden solicitalas entidades sen ánimo de lucro e cooperativas culturais. A dotación total é de 500.000 euros e as axudas sitúanse entre 1.500 e 30.000 euros.

As bases completas dispoñibles están dispoñibles premendo nesta ligazón

O Concello da Baña anima ás entidades locais a consultar estas convocatorias e aproveitar esta oportunidade de apoio ao seu labor cultural e social.

O Concello da Baña recibiu unha subvención por importe de 6.132,25 euros da Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o ano 2025.

Este financiamento permitiulle o Concello manter un socorrista na piscina municipal durante a temporada de verán. 

Podes consultar a concesión da subvención premendo nesta ligazón.