-
O BOP publica as bases das axudas dirixidas a entidades veciñais, culturais, sociais e pedagóxicas

O Boletín Oficial da Provincia fixo pública este venres 7 de novembro a convocatoria das bases reguladoras de varias subvencións destinadas a apoiar o labor das asociacións veciñais, culturais, sociais e pedagóxicas da provincia. Estas axudas buscan reforzar o traballo das entidades que contribúen ao desenvolvemento cultural e social dos seus concellos, entre eles o da Baña.
As persoas responsables das asociacións poden solicitar información e asesoramento para a tramitación destas axudas no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello da Baña. Tamén poden chamar ao 981 88 65 01 ou consultar as bases completas a través da web municipal.
Entre as convocatorias publicadas destacan dúas liñas de especial interese:
- Axudas a entidades sen ánimo de lucro para actividades culturais (FO203/2026), dirixidas a fomentar proxectos culturais de creación, difusión, formación, patrimonio, artes escénicas, música ou literatura realizados na provincia durante 2026. Poden optar a elas asociacións e entidades sen ánimo de lucro. A dotación total é de 1.200.000 euros e as axudas oscilarán entre 3.000 e 30.000 euros, cunha porcentaxe de financiamento do 20 ao 80 %.
As bases completas dispoñibles están dispoñibles premendo nesta ligazón.
- Subvencións a entidades musicais e de baile tradicional (FO213/2026) que teñen como obxectivo apoiar a actividade anual de corais, bandas de música, grupos de baile e formacións musicais de gran formato. Poden solicitalas entidades sen ánimo de lucro e cooperativas culturais. A dotación total é de 500.000 euros e as axudas sitúanse entre 1.500 e 30.000 euros.
As bases completas dispoñibles están dispoñibles premendo nesta ligazón.
O Concello da Baña anima ás entidades locais a consultar estas convocatorias e aproveitar esta oportunidade de apoio ao seu labor cultural e social.