- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visto: 913
O Concello da Baña celebrou onte pleno ordinario no que se aprobaron definitivamente as bases reguladoras das axudas a autónomos, comerciantes e pequenas empresas para paliar os danos da covid-19. Na sesión, o alcalde e os portavoces de PP e Compromiso por Galicia agradeceron o traballo realizado como concelleiro por David Gontán (CxG), que onte asistiu ao seu último pleno antes de presentar a súa renuncia como membro da Corporación.
Co voto a favor do equipo de goberno (PSdeG) e do PP, e a abstención de Compromiso por Galicia, aprobáronse definitivamente as bases reguladoras das axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da covid-19 entre os autónomos, comerciantes e pequenas empresas. Estas axudas serán financiadas con 30.000 euros de fondos propios do Concello.
Estas axudas divídense en dúas liñas. A primeira está destinada a complementar o PEL-Reactiva entre aquelas empresas que cumprindo cos requisitos establecidos pola Deputación da Coruña non recibiron estas axudas por falta de fondos. A segunda liña está destinada a impulsar a actividade económica e complementar as axudas xa outorgadas con anterioridade polo Concello da Baña no ano 2020. As bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o pasado 9 de setembro, e agora entrarán definitivamente en vigor. (Poden consultarse neste enlace)
O de onte foi o último pleno ao que asistiu o concelleiro de Compromiso David Gontán, que hoxe presentará formalmente a súa renuncia como membro da Corporación da Baña. Tanto o alcalde como os portavoces do PP, Andrés García Cardeso, como César Ramós (CxG) recoñeceron o traballo feito por Gontán durante estes dous anos como concelleiro na Baña e desexáronlle éxitos tanto na súa vida persoal como profesional.
No capítulo de rogos e preguntas, tanto PP como CxG solicitaron coñecer cantas persoas están matriculadas na Escola Municipal de Música e pola execución ou estado de diferentes obras.
O vídeo íntegro do pleno pódese ver neste enlace: https://youtu.be/cgp_tb_BmF0
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visto: 653
O Pleno da Corporación da Baña aprobou esta mañá, en sesión extraordinaria, a conta xeral correspondente ao exercicio 2020 cos votos a favor do equipo de goberno socialista (4) e a abstención de PP (5) e CxG (2).
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visto: 926
O Pleno da Corporación da Baña aprobou onte por unanimidade unha declaración institucional a prol dun desenvolvemento sustentable e xusto da enerxía eólica nos territorio rurais. A proposta do alcalde, a sesión ordinaria correspondente ao mes de setembro comezou con todos os concelleiros e concelleiras gardando un minuto de silencio polo pasamento do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, que faleceu pola mañá dun infarto cando estaba no seu despacho de San Caetano. A declaración institucional pódese ler íntegra neste enlace (preme aquí).
Tamén por unanimidade aprobouse a moción presentada polo PP solicitando ao Goberno central que retire ao lobo do catálogo de especies protexidas e que habilite axudas aos gandeiros polos danos que causen os lobos.
A pregunta formulada polo PP sobre as xestión realizadas tras o peche da oficina de Abanca, o alcalde informou que na reunión mantida con representantes da entidade financeira estes ratificaron que a decisión firme, e que o Concello están mantendo reunións con outros bancos. As máis avanzadas son co Banco Santander, para que amplíe os días de atención presencial da oficina que ten na Baña. Actualmente esta oficina só abre os martes de 09.00 a 11.00 horas.
Dende Compromiso por Galicia solicitaron coñecer o número de persoas matriculadas en cada unha das escolas deportivas que ten en marcha o Concello.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visto: 862
A Corporación da Baña, en sesión ordinaria celebrada o 6 de outubro de 2021, aprobou a seguinte declaración institucional
Os Concelleiros da Corporación da Baña, Manifestamos:
1°) Que existe entre a cidadania dos nosos concellos unha fonda preocupación polo elevado
número de proxectos de parques eólicos previstos nos nosos territorios.
2°) Esta preocupación ten unha vertente relacionada co impacto medioambiental dos parques proxectados,varios deles nas proximidades de nucleos habitados e que ademais se veñen a sumar Aos xa existentes. Neste sentido é de especial preocupación a escasa distancia minima aos Núcleos de poboación que establece a lexislación (500 metros), asi como a fragmentación en tódolos proxectos de parques que, en realidade,amosan unha continuidade e que comparten Infraestruturas polo que deberian ser considerados un único parque,ou como pouco de tramitación estatal
3°) Por outra banda. Dende a perspectiva económica, a lexislación actual non posibilita que a poboación rural se beneficie dunha maneira xusta da presenza desta industria nos seus territorios. Ao contrario do que acontece noutros paises non existen mecanismos que compensen a asimetria existente no poder de negociación entre promotores eólicos e veciñanza, sobrevoando nas negociacións a ameaza de expropiación pola declaración de interese público por parte da propia Administración. É particularmente preocupante que só os propietarios dos terreos directamente afectados reciban algún tipo de compensación, en calquera caso insuficiente, mentres que o resto de veciños que soportan os custes ambientais non teñen ningún beneficio económico directo.Nese sentido, a compensación que recibimos os concellos polo Fondo de Compensación Ambiental, derivado do canon eólico, é totalmente insuficiente.
4°) A percepción maioritaria é que as poboacións rurais estamos a soportar en exclusiva os custos ambientais da produción de enerxia eólica, mentres que os beneficios que permanecen no territorio son minimos.
5°)A carencia dunha avaliación ambiental estratéxica, a non ampliación de rede Natura 2000,a non utilización de ferramentas ,como o catálogo de humedales,e a escasa catalogación do patrimonio natural,fai que turbeiras,brañas,brezales húmedos,bosques atlánticos…en resume hábitats que directivas europeas como a 92/43 da CEE ou a directiva marco da auga,consideran prioritarios,fai que estén en grave risco e se tramiten moreas de proxectos no noso territorio sobre eles.
Neste sentido solicitamos que:
- Se proceda a MODIFICAR o actual marco normativo referido ao sector eólico en Galicia, para que atenda aos intereses da poboación do rural. A enerxia eólica debe ser e pode ser fomentada sen atentar contra os intereses ambientais e socioeconómicos da contorna onde se produce, só desa maneira pode pasar de ser unha ameaza a ser unha oportunidade para o noso rural.
- En consecuencia, se proceda a PARALIZAR os actuais proxectos ata que dende as instancias pertinentes. En particular no Parlamento de Galicia, non se aprobe un marco normativo máis xusto e sustentable para os territorios rurais,conte cunha ampliación de rede Natura, unha avaliación ambiental estratéxica e sexa publicado no DOG cousa que non ocurre co plan actual.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visto: 618
Espina y Delfín informa que para reparar a avaría que se producíu na tubería da traída de auga na rúa Tedelle, de San Vicenzo, é preciso cortar a subministración aos seguintes abonados:
Polideportivo, CPI San Vicente, colexio de primaria vello, nave do concello, vivendas cos números 4, 6, 11, 12, 14, 16, 20 e a M.I.G., J.S. e a R.D.R..
Calcúlase que a reparación se prolongará entre as 15:30 e as 19:00 horas aproximadamente, podendo quedar reparada a mesma antes do tempo indicado.
Prégase á veciñanza que desculpen as molestias que se poidan ocasionar.