- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento
- Visto: 221
15 de maio de 2026
Faise pública a aprobación da listaxe provisional de aspirantes para a contratación dun técnico de normalización lingüística, vinculada á subvención FONL/2026 da Deputación da Coruña e ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Negreira e o Concello da Baña (promotor), como persoal laboral temporal.
As persoas aspirantes excluídos teñen un prazo de dez días hábiles no que poderán corrixir os defectos e formular as reclamacións á lista provisional.
As persoas interesadas poden comprobar a listaxe a través da sede electrónica do Concello premendo nesta ligazón.
14 de abril de 2026
O Concello da Baña fai públicas a convocatoria e as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de concurso-oposición, para a cobertura dun posto de persoal técnico de normalización lingüística, vinculada á subvención FONL/2026 da Deputación da Coruña e ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Negreira e o Concello da Baña (promotor), como persoal laboral temporal.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
As persoas interesadas poden inscribirse a través da sede electrónica do Concello premendo nesta ligazón.
No arquivo adxunto pode consultarse toda a información.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento
- Visto: 1016
7 de xuño de 2021
Faise pública a lista de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa dun/ha técnico/a de turismo para a oficina de turismo do Cocnello de Negreira.
As persoas candidatas admitidas deberán presentarse a facer a proba escrita o vindeiro xoves 10 de xuño ás 9:30 horas na Aula do Telecentro da Casa de Cultura de Negreira, localizada na rúa Carreira de San Mauro, número 11.
A listaxe e a convocatoria do exame pódense consultar no arquivo adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento
- Visto: 1608
A aula de informática da Baña permanecerá pechada dende hoxe e ata o vindeiro 10 de xaneiro, cando retomará as actividades.
Hoxe, 23 de decembro, comeza a actividade de conciliación Brincanadal, motivo polo que pecha a aula de informática.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento
- Visto: 1503
Fanse públicos os nomes dos candidatos propostos pola comisión seleccionadora para a contratación de dúas persoas para ocupar a praza de albanel, e das tres persoas para ocupar as prazas de peóns por parte do Concello da Baña, subvencionadas a través do Programa de Integración Laboral (PEL) da Deputación da Coruña.
As resolucións das comisións selecionadoras pódense consultar nos documentos adxuntos.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento
- Visto: 1630
O Tribunal encargado da selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2018 acaba de adoptar de forma urxente o acordo que figura no documento adxunto, relativo a puntuación máxima da entrevista.
Página 1 de 2

