Con motivo da II Carreira Popular da Baña, que se vai a celebrar o vindeiro domingo día 3 de maio de 2026, no lugar de San Vicente, informase dos seguintes cortes de vía:

Rúa Rosalía de Castro, rúa das Dores, rúa Xacinto Rodriguez, rúa de Castelao, rúa Castiñeira e rúa Tedelle, en horario de 10.00 h. a 13.30 horas.

Solicitamos que se evite aparcar nas inmediacións da praza do Concello desde as 08.00 ata as 14.00 h.

Desde a organización e co fin de facilitar, na medida do posible, o acceso á igrexa do Castro, tentarase que o percorrido estea parcialmente aberto entre as 10.40 e 10.55 horas.

Sentimos as posibles molestias e agradecemos a colaboración veciñal.

Attachments:
Download this file (Bando II Carreira Popular Concello da Baña.odt fir.pdf)29-4-2026: Bando da Alcaldía[ ]100 kB

O Concello da Baña lembra a toda a veciñanza que a limpeza das parcelas e o mantemento das franxas de seguridade non é unha recomendación, senón unha obriga legal establecida pola Xunta de Galicia, ao abeiro da normativa vixente en materia de prevención e defensa contra incendios forestais.

De acordo coa Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, as persoas titulares de terreos deberán cumprir coas seguintes obrigas:

· Manter as parcelas limpas de maleza, silvas, toxos e calquera biomasa vexetal combustible.
· Garantir unha franxa de seguridade de, cando menos, 50 metros arredor de vivendas, edificacións, núcleos de poboación e instalacións, libre de vexetación perigosa.
· Dentro desa franxa, nos primeiros 15 metros, non poderá existir ningún tipo de vexetación arbórea nin arbustiva de carácter combustible.
· Eliminar expresamente as especies de alta combustibilidade, tales como eucaliptos, acacias e piñeiros, que están prohibidas nas franxas de seguridade.
· Xestionar adecuadamente os restos vexetais, evitando a súa acumulación nas parcelas.

Estas actuacións deberán estar realizadas antes do 31 de maio.

Infórmase á veciñanza de que o Concello realizará labores de inspección nas vindeiras se manas co fin de comprobar o cumprimento desta normativa. No caso de detectarse incumprimentos:

- Poderanse iniciar expedientes sancionadores, conforme á lexislación vixente.
- Procederase, se é o caso, á execución subsidiaria dos traballos, repercutindo integramente os custos ás persoas propietarias das parcelas.

Este bando emítese para dar cumprimento a unha normativa autonómica de obrigado cumprimento e para garantir a seguridade das persoas, das vivendas e do noso territorio.

Apélase á responsabilidade e colaboración de toda a veciñanza.

 

Attachments:
Download this file (Bando_260407_162121.pdf)7-4-2026: Bando da Alcaldía[ ]150 kB

O Concello da Baña informa de que, con motivo das festas na honra de Santa Lucía, que se celebrarán o domingo 2 de marzo na parroquia de Troitosende, procederanse a realizar restricións de tráfico na zona.

O corte de estrada levarase a cabo á altura das tabernas, no lugar de Troitosende, e permanecerá vixente desde as 21:00 horas do domingo 2 de marzo ata as 03:00 horas do luns 3 de marzo.

Recoméndase á veciñanza e ás persoas asistentes que teñan en conta estas restricións e empreguen rutas alternativas durante ese período.

Attachments:
Download this file (20250226_Bando_Troitosende.pdf)20250226_Bando_Troitosende.pdf[ ]54 kB

O Concello da Baña informa a todos os veciños e veciñas da parroquia da Baña e zonas limítrofes de que, con motivo da celebración do Entroido 2025 que terá lugar o vindeiro sábado 8 de marzo, será necesario realizar cortes de tráfico en varias rúas para garantir o correcto desenvolvemento do evento e a seguridade dos asistentes.

As restricións de tráfico e estacionamento afectarán á rúa Castelao, que permanecerá pechada ao tráfico na súa totalidade a partir das 14:00 horas. Ademais estará prohibido estacionar nesta vía.

Tamén se verá afectada a rúa Tedelle, que permanecerá pechada ata o acceso ao pavillón de deportes dende as 14:00 horas. Estará prohibido estacionar, salvo no tramo comprendido entre a ponte e o acceso ao pavillón do Concello. Neste tramo, o Concello non se fai responsable de posibles danos aos vehículos estacionados.

Solicítase a colaboración de toda a veciñanza para respectar estas restricións e facilitar o bo desenvolvemento da festa.

Attachments:
Download this file (20250226_Bando_trafico_Entroido.pdf)20250226_Bando_trafico_Entroido.pdf[ ]134 kB

Coa chegada da tempada de festas populares no municipio, o Concello da Baña lembra ás persoas e asociacións interesadas en celebrar estes eventos a obrigatoriedade de presentar a documentación necesaria para tramitar os permisos correspondentes.

Entre os documentos que se deben achegar figura a declaración responsable, dispoñible na sede electrónica do Concello (sede.concellodabana.gal), no apartado de Urbanismo. As asociacións están obrigadas a realizar a xestión a través desta plataforma dixital.

Ademais, será imprescindible contar cun seguro de responsabilidade civil que cubra posibles incidentes durante o evento. No caso de empregar fogos artificiais, tamén se deberá presentar a correspondente declaración de pirotecnia.

Dende o Concello recoméndase, así mesmo, solicitar o permiso de autores se o evento inclúe música ou actividades que requiran dereitos de autor.

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, destaca a importancia de cumprir estes requisitos para garantir a seguridade e o bo desenvolvemento dos festexos, ao tempo que anima á veciñanza e ás asociacións a seguir dinamizando a vida cultural do municipio.

Attachments:
Download this file (20250221_Bando_festexos.pdf)20250221_Bando_festexos.pdf[ ]52 kB