- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Bandos municipais
- Visto: 2035
O Concello da Baña comunícalle a toda a cidadanía que, con motivo do Entroido, que terá lugar o 29 de febreiro, está prohibido aparcar dende as 15.00 ata as 20.00 horas do propio sábado nas rúas Xacinto Rodríguez e Rosalía de Castro, así como circular dende a rotonda que está á entrada da Baña ata o cruce de San Vicenzo.
A Alcaldía agradece a colaboración de toda a veciñanza para que retire os seus vehículos de toda a zona afectada coa suficiente antelación; isto é, non debe haber ningún vehículo aparcado nestas rúas e as persoas que teñan garaxe deberán prever a imposibilidade de acceder dende o garaxe á rúa nesa franxa horaria.
Por outro lado, o Concello dá as grazas anticipadas por respectar toda a sinalización que se vai colocar nos días previos ao sábado 29 de febreiro.
Máis información do Entroido 2020 neste enlace.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Bandos municipais
- Visto: 2173
O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, vén de cancelar as reunións coa veciñanza da Baña que comezou a manter o pasado mes de xaneiro, para non interferir na campaña das eleccións autonómicas que foron convocadas esta mesma semana. Por este motivo, suspéndese a reunión prevista este venres, día 14, coa veciñanza da Riba.
En xaneiro, José Antonio Pereira iniciou unha ronda de contactos cos veciños e veciñas da Baña co propósito de promover a participación cidadá no concello, compartir inquedanzas, proxectos e necesidades. A primeira destas reunións celebrouse na parroquia de Suevos, o 31 de xaneiro. Ao día seguinte, 1 de febreiro, mantivo outra xuntanza cos veciños de Cabanas. A seguinte cita estaba prevista para este venres, 14 de febreiro, na Riba, que queda cancelada tras a convocatoria das eleccións autonómicas.
Información sobre os cortes de tráfico en San Vicenzo da Baña con motivo da celebración da Trail CMP
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Bandos municipais
- Visto: 1864
O Concello da Baña informa a toda a cidadanía que, con motivo da Trail CMP que terá lugar o próximo 6 de outubro de 2019, está prohibido aparcar na Praza do Concello e na rúa Castelao dende as 20.00 horas do día 5 de outubro, ata as 15.00 horas do 6, así como circular na Praza da Casa Consistorial e nas rúas Castelao, Rosalía de Castro e das Dores dende as 07.00 ata as 15.00 horas desa mesma xornada.
Agradecemos a colaboración de toda a veciñanza para que retire os seus vehículos de toda a zona afectada coa suficiente antelación, o que significa que non debe haber ningún vehículo aparcado nestas rúas. As persoas que teñan garaxe deberán prever a imposibilidade de acceder dende o garaxe á rúa nesa franxa horaria.
A corporación agradece á veciñanza de forma anticipada o respecto a toda a sinalización que se vai colocar nos días previos ao 6 de outubro de 2019 e ata que se pase a retirar nos días seguintes á proba.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Bandos municipais
- Visto: 1924
O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, vén de convocar dúas xuntanzas coa veciñanza das parroquias de Cabanas e Suevos co propósito de promover a participación cidadá no concello. Así, o venres 31 de xaneiro o alcalde reunirase cos veciños e veciñas de Suevos no local social da parroquia ás 20.30 horas, mentres que o sábado 1 de febreiro visitará o local social de Cabanas á mesma hora.
A finalidade destas xuntanzas é "compartir inquedanzas, proxectos e necesidades", así como "valorar a situación actual do concello co fin de buscar as solucións máis favorecedoras para todos os colectivos". En senllos bandos publicados onte, a Alcaldía indica que con esta medida "pretende estar o máis preto posible da poboación da Baña" e "anima especialmente a colaborar activamente nestas reunións que teñen como obxectivo principal a participación dinámica da sociedade bañense".
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Bandos municipais
- Visto: 1659
BANDO DA ALCALDÍA SOBRE O CORTE DE TRÁFICO NA RÚA DAS DORES E AVISO DE PRECAUCIÓN NA CIRCULACIÓN NA PRAZA DO CONCELLO E RÚA DE CASTELAO
José Andrés García Cardeso, alcalde do Concello da Baña,
Comunícalle a toda a cidadanía que, o vindeiro domingo día 7 de outubro, con motivo da celebración da Trail da Baña, CMP Trail, que se vai celebrar no Concello da Baña, se van realizar os seguintes cortes de tráfico na Rúa das Dores, e avisa de que hai que circular con precaución pola Praza do Cruceiro, Praza do Concello e Rúa de Castelao.
Lugares, días e horas:
- Sábado, 6 de outubro, a partir das 12.00 h, PRECAUCIÓN ao pasar pola Rúa das Dores, no Campo de Cartas, por colocación de estrutura con gálibo de 3.50 metros.
- Domingo, 7 de outubro, de 8.00 h a 17.00 h PASO CORTADO na Rúa das Dores, e aviso de precaución na circulación pola Praza do Cruceiro, Praza do Concello e Rúa de Castelao.
Agradezo a colaboración de toda a veciñanza.
A Baña, 4 de outubro de 2018
O alcalde.