- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educacion sin foto
- Visto: 2597
A moi musical parroquia da Riva, no concello da Baña, homenaxeará o vindeiro sábado 17 de marzo aos máis de trinta intérpretes nacidos na localidade. A Asociación de Veciños Nosos Aires programou para a xornada actos que inclúen unha misa cantada, un xantar e nos que, por suposto, non faltará a música con sesión vermú, charangas, dúos e actuacións sorpresa que chamarán ao baile aos asistentes.
A festa celébrase baixo a denominación 100 anos de música na Riva, un título que resume ben a importancia do ritmo e da melodía na parroquia. Nela naceron instrumentistas que fixeron carreira en formacións clásicas de música galega coma Los Españoles, Xuntanza, Compostela, Oriente, Dinámicos ou a desaparecida Banda Municipal da Baña. Pianistas, saxofonistas, guitarristas e cantantes, desta localidade barcalesa de pouco máis de cen habitantes partiron multitude de talentos que fixeron carreira tanto en orquestras coma en conxuntos de música moderna, galegos e do estranxeiro.
Na homenaxe do sábado haberá músicos con idades que van dos 25 aos 86 anos. “Será unha festa da música”, sinalou o presidente da AVV Nosos Aires da Riva, José Manuel Ramos Freita, quen prevé que participen no xantar máis de 200 persoas. Segundo Ramos Freita, este acto conmemorativo “é emocionante para todos, porque poderemos revivir a importancia que esta parroquia tivo no seu día, precisamente nun lugar, o Campo da Carballeira, no que os veciños máis vellos recordan que se celebraba unha das feiras máis grandes da comarca de Barcala”.
O programa de actos comeza á unha e media cunha misa cantada no Campo da Carballeira, á que seguirá unha sesión vermú co grupo Os Campantes. A comida constará dun menú tradicional a base de empanada, polbo á feira e carne ao caldeiro, ademais de sobremesa e café. Ten un custo de 25 euros e, para garantir a comodidade dos comensais, a organización colocará unha carpa con peche lateral. Xa pola tarde, a música porana a charanga Os Celtas, o dúo Amenal e artistas convidados, como homenaxe aos seus colegas nacidos na Riva.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educacion sin foto
- Visto: 1539
A Escola Municipal de Música da Baña quere formar unha banda infantil municipal e está a tramitar a gravación dun disco da big band tal como recolle o xornal Tierras de Santiago na súa edición do martes, 6 de decembro de 2011.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educacion sin foto
- Visto: 1520
PROGRAMA DE APERTURA DE CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS FÓRA DO HORARIO LECTIVO
As actividades do Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo do segundo trimestre comezarán o 11 de xaneiro de 2010 e desenvolveranse de xaneiro a marzo segundo a seguinte programación:
CPI San Vicenzo (A Baña)
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
14.30- 15.30 h |
Actividades de vida saudable (inglés) | Actividades de vida saudable (inglés) | Actividades de vida saudable (inglés) | Actividades de vida saudable (inglés) | |
15.30-17.00 h | Inglés lúdico | Inglés lúdico | |||
17.00-18.00 h |
Reforzo de inglés |
Reforzo de inglés | |||
18.00-19.30 h | Reforzo educativo | Reforzo educativo |
A actividade de Escola cultural queda temporalmente suspendida.
Suspéndese o Grupo de Expresión Corporal do CPI San Vicenzo, os nenos e nenas inscritos na actividade poden incorporarse ao grupo da Escola Unitaria de Lañas.
Comeza a actividade de Reforzo de inglés para o alumnado de educación primaria e secundaria.
EEI Lañas
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
16.00-17.30 h |
Inglés lúdico |
Expresión corporal (Grupo 1) | Expresión corporal (Grupo 2) |
Grupo 1: nenos e nenas de 3 e 4 anos. Grupo 2: nenas e nenos de 5 anos.
Local Social de San Mamede (Alumnado escolarizado no CEIP e IES de Negreira)
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
16.00-17.30 h |
Reforzo educativo |
Reforzo educativo |
|||
18.00-19.00 h |
Reforzo Inglés |
Reforzo Inglés |
Local Social de Troitosende (Alumnado escolarizado no CEIP de Portomouro e CPI de Val do Dubra)
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
18.00 19.30 |
Reforzo educativo |
Reforzo educativo |
O prazo de inscrición para novas solicitudes de participación é ata o 18 de xaneiro de 2010, no Departamento de Servizos Sociais (Educación Familiar) en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Para máis información poden chamar ao Concello da Baña, ao número de teléfono 981 886 501 (extensión 3) ou preguntar por Patricia (educadora familiar).
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educacion sin foto
- Visto: 1428
De conformidade co disposto no artigo 75.7 da Lei 7/85 do RBRL e do acordo adoptado polo Pleno da Corporación na sesión do 13 de maio de 2011, infórmase de que as declaracións sobre as causas de posible incompatibilidade e sobre as actividades que proporcionen ou poidan proporcionar ingresos económicos así como as declaracións sobre bens e dereitos patrimoniais dos/as concelleiros/as do Concello da Baña, tanto dos/as cesantes como dos/as que tomaron posesión do seu cargo o 11 de xuño, están a dispor das persoas interesadas na Secretaría do Concello.
A Baña, 14 de xuño do 2011
O alcalde
Asdo.: José Andrés García Cardeso