20240605 PAI Matricula 24 25

5 de xuño de 2024

 

Publícase a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e a baremación das mesmas para o Punto de Atención á Infancia da Baña no curso 2024-2025. Así mesmo, establécese un prazo de 10 días hábiles para a formalización da matrícula: do 6 ao 19 de xuño.

O decreto da alcaldía, que inclúe o formulario de matrícula e o listado da documentación requirida, pode consultarse nos arquivos adxuntos ou premendo nesta ligazón.

 

21 de maio de 2024

 

Publícase a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas e baremación para a convocatoria de prazas do Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2024/2025. 

Hai 10 renovacións e obteñen praza provisional de novo ingreso 9 solicitudes, do total de 20 presentadas. É por iso que se constitúe, provisionalmente, unha lista de agarda.

Establécese un prazo de 10 días hábiles para a presentación das oportunas reclamacións, do 22 de maio ao 4 de xuño de 2024.

O decreto da alcaldía pode verse nos arquivos adxuntos ou premendo nesta ligazón.

 

2 de maio de 2024

 

O Concello da Baña abre o prazo de matrícula no Punto de Atención á Infancia. As familias teñen ata o 16 de maio para presentar a súa solicitude.

O Boletín Oficialda Provincia (BOP) pulicou o 2 de maio de 2024 o anuncio coa aprobación da convocatoria de prazas de renovación e novo ingreso no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o curso 2024-2025.

O cronograma para o desenvolvemento do procedemento, pódese consultar máis abaixo nesta mesma nova, na información publicada o 18 de marzo de 2024.

A documentación relativa ao proceso de matrícula (anuncio no BOP, solicitude de praza e anexos) para formalizar a matrícula pódense consultar nos arquivos adxuntos e tamén nos enlace que se mancionan de seguido:

1.- Anuncio publicado no BOP do 2-5-2024. (Ver no documeto adxunto ou nesta ligazón))

2.- Solicitude de matrícula (renovación ou novo ingreso) no PAI parao curso 2024-2025. (Ver no documento adxunto ou nesta ligazón)

3.- Anexos da matrícula con diferentes formularios de autorización (proporcionar alimentos, plataforma de comunicación, autorización de recollida, autorización de imaxe). (Ver no documento adxunto ou nesta ligazón)

 

18 de marzo de 2024

 

O Concello da Baña publicou hoxe, 18 de marzo, un anuncio polo que establece os prazos para a matrícula no Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2024-2025.

O proceso comezará coa aprobación definitiva da modificación da ordenanza municipal pola que se aproba o Regulamento de Réxime Interno do PAI, seguido pola publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 30 de abril, onde tamén se incluirá o modelo de solicitude de praza, aplicable tanto para renovacións como para novo acceso.

Os interesados dispoñen do período comprendido entre o 1 e o 16 de maio para presentar as súas solicitudes. Posteriormente, o 21 de maio, será publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas, dando lugar a un período de reclamacións que se estenderá do 22 de maio ao 5 de xuño.

A publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e dos formularios de matrícula terá lugar o 7 de xuño. A partir dese día, os responsables terán ata o 21 de xuño para formalizar a matrícula.

As datas indicadas poderán sufrir variacións por razóns do servizo ou co fin de cumprir cos prazos correspondentes, segundo se indica no anuncio publicado, que pode consultarse premendo nesta ligazón.

  • Conmemora o Día Nacional da Atención Temperá que se celebra o domingo 16 recibindo a familias e profesionais

  • Tamén haberá un Taller de estimulación a través do xogo no chan dirixido a bebés de 3 a 9 meses, acompañados polo seu coidador

20240614 Atencion Tempera

 

O Servizo de Atención Temperá (SAT) da agrupación de Concellos de Santa Comba e A Baña conmemora o Día Nacional da Atención Temperá que se celebra o vindeiro domingo 16 de xuño cunha xornada de portas abertas que se levará a cabo o venres 14. O obxectivo é promover a importancia deste servizo e brindar apoio ás familias e ás crianzas.

Con esta proposta, as familias e os profesionais poderán coñecer de preto o traballo que se realiza no servizo, así como resolver dúbidas e obter información sobre a atención temperá. Os interesados poden acercarse o día 14 ata o centro situado no Centro de Cultura de Santa Comba (Avenida de Alfonso Molina s/n) en horario de 9.00 a 10.30 horas e de 12.00 a 15.00 horas.

O venres 14 levarase a cabo tamén un Taller de estimulación a través do xogo no chan dirixido a bebés de 3 a 9 meses, acompañados polo seu coidador principal (pai, nai ou titor legal). A proposta inclúe unha sesión dunha hora na que se facilitarán diferentes pautas de motricidade, comunicación, autonomía e estimulación sensorial. As persoas interesadas en participar deberán rexistrarse previamente chamando ao teléfono 687 07 04 16. O horario será de 10.30 a 11.30 horas e, se fora necesario, valorarase establecer varias quendas para cubrir a demanda.

A finalidade desta xornada é animar a todas as familias a participar e a aproveitar esta oportunidade para aprender e compartir experiencias que favorezan o desenvolvemento das súas crianzas. O Servizo de Atención Temperá atende a menores que sofren ou están en risco de padecer algún tipo de discapacidade ou trastorno do desenvolvemento. Os servizos que se prestan divídense en tres áreas: coordinación e atención ás familias, logopedia e terapia ocupacional e reeducación funcional.

O Concello de A Baña reitera o seu compromiso co benestar e co desenvolvemento integral das familias e os nenos apoiando firmemente este servizo que considera indispensable para mellorar a calidade de vida da súa veciñanza.

O Concello da Baña recibiu da Deputación da Coruña un total de 67.840 no marco do programa de financiamento dos servizos comunitarios municipais do ano 2023.

A maior partida desta subvención, cun total de 27.840 euros, dedicouse ao pagamento dos salarios do persoal auxiliar SAF en libre concorrencia, que desenvolveu 2.320 horas de traballo. Así mesmo, destináronse 18.000 euros ao persoal administrativo dos grupos C1 ou C2 e outros 22.000 euros ao persoal técnico do grupo A2.

Os termos da concesión definitiva da subvención publicáronse no BOP o 9 de maio e poden consultarse no arquivo adxunto. 

  • A programación prevista polo Concello no Día da Muller inclúe a lectura dun manifesto, a actuación de Sue Moreno e a andaina dende o CPI

  • O goberno local e a veciñanza agradecerán á Benigna a súa implicación e o seu traballo no Centro de Saúde entre os anos 1991 e 2023

20240308 cartel 8M.jpg

A lectura dun manifesto, a actuación de Sue Moreno, unha andaina e a homenaxe a Benigna Castro, matrona do Centro de Saúde, completan o programa de actos organizado polo Concello da Baña para conmemorar o 8M, Día da Muller.

Xunto á tradicional lectura do manifesto institucional que se levará a cabo a partir das 11.45 horas, a Baña acolle ás 12.00 horas a actuación de Sue Moreno co espectáculo ‘4.0’ no que mestura técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico nunha estrutura de 6 metros de altura e sempre en tono de humor. A historia que narra está moi vencellada ao 8M pois presenta a unha muller no seu día a día, intentando conciliar traballo, vida e maternidade.

Tamén o venres 8 de marzo, A Baña renderá homenaxe a Benigna Castro Calvo, matrona do Centro de Saúde entre os anos 1991 e 2023. O goberno local quere poñer en valor a figura dunha muller especialmente querida no municipio e que destacou sempre pola súa implicación e compromiso na atención ás mulleres e aos homes.

Benigna conta co cariño da veciñanza e nivel persoal e tamén co respecto a nivel profesional, tanto polo seu coñecemento e polo seu trato ás persoas usuarias da consulta de atención primaria, como pola labor divulgativa que desenvolveu especialmente entre os alumnos e alumnas do CPI nas sesión formativas sobre temas como a saúde sexual e reprodutiva.

O acto terá lugar na Casa da Cultura a partir das 20.00 horas.

Os actos do 8M na Baña inclúen tamén unha andaina dende o CPI San Vicente coa participación do alumnado e da veciñanza.

As actuacións foron financiadas con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, no marco do Plan Corresponsables para o exercicio 2024.

24 de xaneiro
 
O Concello da Baña procede á realización do trámite de audiencia no procedemento de modificación de regulamento de réxime interno do Punto de Atención á Infancia (P.A.I.).
 

Unha vez publicando o texto da ordenanza, outórgase un prazo de achegas por parte da cidadanía de 7 días naturais que remata o mércores día 31 de xaneiro ás 12.00 horas.

Ditas achegas poderán realizaranse picando nesta ligazón ao formulario de achega de documentación complementaria co seguinte código de expediente: 2024/G014/000001

No documento adxunto poderá descargarse o decreto municipal previo ao trámite de audiencia no procedemento de participación pública previa á aprobación da ordenanza reguladora do PAI. 
 
 
11 de xaneiro
 
O Concello da Baña aprobará a modificación da ordenanza reguladora do Punto de Atención á Infancia Concello de A Baña.
 
O equipo de goberno quere coñecer á opinión da veciñanza, polo que pon en marcha unha consulta pública a través da web do Concello na que se recabará a opinión dos cidadáns e das organizacións e asociacións máis representativas que poderían verse afectadas.
 
A través da nova normativa búscase acometer a regulación do Punto de Atención á Infancia en aspectos como o funcionamento, os servizos, o sistemas de admisión e as normas.
Os obxectivos desta iniciativa regulatoria son ofrecer un servizo social e educativo, proporcionando as crianzas unha educación acorde coas súas necesidades, valéndose das técnicas pedagóxicas máis idoneas e enmarcando a educación no ámbito cultural do que a crianza forma parte.
 
Os cidadáns, organizacións e asociacións que o consideren oportuno poden facer chegar as súas opinións por escrito, as cales se poderán presentar telemáticamente no Rexistro do Concello ou a través dos medios previstos na LPACAP. As aportacións realizaranse picando nesta ligazón ao formulario de achega de documentación complementaria co seguinte código de expediente: 2024/G014/000001
 
O prazo finaliza o 18 de xaneiro ás 23.59 horas.
 
No documento adxunto poderá descargarse o anuncio municipal do procedemento de participación pública previa á aprobación da ordenanza reguladora do PAI.