-
programación prevista polo Concello no Día da Muller inclúe a lectura dun manifesto, a actuación de Sue Moreno e a andaina dende o CPI
-
O goberno local e a veciñanza agradecerán á Benigna a súa implicación e o seu traballo no Centro de Saúde entre os anos 1991 e 2023
A lectura dun manifesto, a actuación de Sue Moreno, unha andaina e a homenaxe a Benigna Castro, matrona do Centro de Saúde, completan o programa de actos organizado polo Concello da Baña para conmemorar o 8M, Día da Muller.
Xunto á tradicional lectura do manifesto institucional que se levará a cabo a partir das 11.45 horas, a Baña acolle ás 12.00 horas a actuación de Sue Moreno co espectáculo ‘4.0’ no que mestura técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico nunha estrutura de 6 metros de altura e sempre en tono de humor. A historia que narra está moi vencellada ao 8M pois presenta a unha muller no seu día a día, intentando conciliar traballo, vida e maternidade.
Tamén o venres 8 de marzo, A Baña renderá homenaxe a Benigna Castro Calvo, matrona do Centro de Saúde entre os anos 1991 e 2023. O goberno local quere poñer en valor a figura dunha muller especialmente querida no municipio e que destacou sempre pola súa implicación e compromiso na atención ás mulleres e aos homes.
Benigna conta co cariño da veciñanza e nivel persoal e tamén co respecto a nivel profesional, tanto polo seu coñecemento e polo seu trato ás persoas usuarias da consulta de atención primaria, como pola labor divulgativa que desenvolveu especialmente entre os alumnos e alumnas do CPI nas sesión formativas sobre temas como a saúde sexual e reprodutiva.
O acto terá lugar na Casa da Cultura a partir das 20.00 horas.
Os actos do 8M na Baña inclúen tamén unha andaina dende o CPI San Vicente coa participación do alumnado e da veciñanza.
As actuacións foron financiadas con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, no marco do Plan Corresponsables para o exercicio 2024.