20240605 PAI Matricula 24 25

5 de xuño de 2024

 

Publícase a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e a baremación das mesmas para o Punto de Atención á Infancia da Baña no curso 2024-2025. Así mesmo, establécese un prazo de 10 días hábiles para a formalización da matrícula: do 6 ao 19 de xuño.

O decreto da alcaldía, que inclúe o formulario de matrícula e o listado da documentación requirida, pode consultarse nos arquivos adxuntos ou premendo nesta ligazón.

 

21 de maio de 2024

 

Publícase a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas e baremación para a convocatoria de prazas do Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2024/2025. 

Hai 10 renovacións e obteñen praza provisional de novo ingreso 9 solicitudes, do total de 20 presentadas. É por iso que se constitúe, provisionalmente, unha lista de agarda.

Establécese un prazo de 10 días hábiles para a presentación das oportunas reclamacións, do 22 de maio ao 4 de xuño de 2024.

O decreto da alcaldía pode verse nos arquivos adxuntos ou premendo nesta ligazón.

 

2 de maio de 2024

 

O Concello da Baña abre o prazo de matrícula no Punto de Atención á Infancia. As familias teñen ata o 16 de maio para presentar a súa solicitude.

O Boletín Oficialda Provincia (BOP) pulicou o 2 de maio de 2024 o anuncio coa aprobación da convocatoria de prazas de renovación e novo ingreso no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o curso 2024-2025.

O cronograma para o desenvolvemento do procedemento, pódese consultar máis abaixo nesta mesma nova, na información publicada o 18 de marzo de 2024.

A documentación relativa ao proceso de matrícula (anuncio no BOP, solicitude de praza e anexos) para formalizar a matrícula pódense consultar nos arquivos adxuntos e tamén nos enlace que se mancionan de seguido:

1.- Anuncio publicado no BOP do 2-5-2024. (Ver no documeto adxunto ou nesta ligazón))

2.- Solicitude de matrícula (renovación ou novo ingreso) no PAI parao curso 2024-2025. (Ver no documento adxunto ou nesta ligazón)

3.- Anexos da matrícula con diferentes formularios de autorización (proporcionar alimentos, plataforma de comunicación, autorización de recollida, autorización de imaxe). (Ver no documento adxunto ou nesta ligazón)

 

18 de marzo de 2024

 

O Concello da Baña publicou hoxe, 18 de marzo, un anuncio polo que establece os prazos para a matrícula no Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2024-2025.

O proceso comezará coa aprobación definitiva da modificación da ordenanza municipal pola que se aproba o Regulamento de Réxime Interno do PAI, seguido pola publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 30 de abril, onde tamén se incluirá o modelo de solicitude de praza, aplicable tanto para renovacións como para novo acceso.

Os interesados dispoñen do período comprendido entre o 1 e o 16 de maio para presentar as súas solicitudes. Posteriormente, o 21 de maio, será publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas, dando lugar a un período de reclamacións que se estenderá do 22 de maio ao 5 de xuño.

A publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e dos formularios de matrícula terá lugar o 7 de xuño. A partir dese día, os responsables terán ata o 21 de xuño para formalizar a matrícula.

As datas indicadas poderán sufrir variacións por razóns do servizo ou co fin de cumprir cos prazos correspondentes, segundo se indica no anuncio publicado, que pode consultarse premendo nesta ligazón.