O prazo de preinscrición abrangue do día 13 ata as 14.00 horas do día 27 de marzo de 2014.

Os impresos de solicitude recolleranse no servizo de Educación Familiar, na casa da cultura, de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

As solicitudes e a documentación presentaranse no Rexistro Xeral do Concello.

Para máis información, poden chamar aos teléfonos 981 817 605/ 608 819 741/ 981 886 501 ou enviar un  correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/03/12/2014_0000002420.pdf

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2013.

Persoas destinatarias: alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de 1º a 4º ESO, bacharelato e ciclos formativos de grao superior con módulo de lingua estranxeira.

Requisitos:     Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.

                        Nota mínima na lingua estranxeira de ben ou 6 no curso 2011/2012.

                        Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2011/2012.

          Ter DNI, NIE, pasaporte, visado ou tarxeta de residencia en vigor, exento menores de 14 anos.

Prazo de solicitude: 22 de marzo ata o 22 de abril (incluídos)

Máis informaciónwww.edu.xunta.es/axudasle

                                Educadora familiar do Concello da Baña      

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca probas libres para obter títulos de ciclos formativos de formación profesional (LOE). Ano 2013.

Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG 16/04/2013)

Requisitos:

  • Ter 18 anos para optar aos títulos de técnico e 20 anos para optar aos títulos de técnico superior ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico.
  • Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de 2 anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
  • Non estar nin ter estado matriculado/a en ningunha ensinanza do sistema educativo no presente curso académico.
  • Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Prazo e lugar de presentación de solicitudes:

A presentación de solicitudes poderá facerse do 19 ao 30 de abril, ata as 13 horas.

O lugar de presentación será a secretaría de calquera centro público de formación profesional, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Máis información sobre a documentación necesaria, impresos de solicitude, calendario do proceso, ciclos, centros e número de prazas en:

http://www.edu.xunta.es/web/node/9112

Educadora familiar do Concello da Baña

 Ficheiros: 

Charlas_mes_de_febreiro_no_centro_dos_maiores.pdf