- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Servizos sociais
- Visto: 1124
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2013.
Persoas destinatarias: alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de 1º a 4º ESO, bacharelato e ciclos formativos de grao superior con módulo de lingua estranxeira.
Requisitos: Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
Nota mínima na lingua estranxeira de ben ou 6 no curso 2011/2012.
Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2011/2012.
Ter DNI, NIE, pasaporte, visado ou tarxeta de residencia en vigor, exento menores de 14 anos.
Prazo de solicitude: 22 de marzo ata o 22 de abril (incluídos)
Máis información: www.edu.xunta.es/axudasle
Educadora familiar do Concello da Baña
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Servizos sociais
- Visto: 1113
Ficheiros:
Charlas_mes_de_febreiro_no_centro_dos_maiores.pdf
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Servizos sociais
- Visto: 1185
As persoas interesadas en participar no proceso selectivo para traballador/a social deberán ingresar 10,00 euros na conta de NovaGalicia Banco núm. 2080-0326-17-3110000035 tal como establecen as bases.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Servizos sociais
- Visto: 1160
Este ano, Preescolar na Casa non vai ofertar as xuntanzas de familias. Dado que era unha actividade que tiña moita aceptación neste concello, o Concello da Baña pensa ofrecer unha alternativa co programa Maimiños dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre 0 e 3 anos e ás súas familias.
Este programa ten como obxectivos compartir un espazo de relación, adquirir coñecementos sobre o desenvolvemento infantil, interrelacionar as distintas xeracións da familia, fomentar o interese pola lectura, transmitir xogos tradicionais, favorecer a socialización das crianzas e, sobre todo, gozar en convivencia.
As sesións de Maimiños realizaranse, a partir do 6 de novembro, todos os martes, primeiros e terceiros de mes, en horario de 17.00 h a 18.30 h, na casa de cultura (Rúa das Dores, San Vicenzo).
Todas aquelas familias que estean interesadas en participar poden anotarse no teléfonos 981 817 605 (Patricia) / 981 886 501 (Carme) / 607 153 604 preferentemente antes do 30 de outubro.
Calquera membro da familia (pai, nai, avó, avoa, tío, tía…) pode acompañar os nenos e as nenas ás sesións de Maimiños co fin de enriquecer a comunicación familiar.
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Servizos sociais
- Visto: 1136
O prazo para presentar alegacións ás puntuacións da valoración de méritos remata o día 3 de xaneiro de 2011 ás 14.00 h.
A data da entrevista é o día 4 de xaneiro de 2011 ás 9.30 h no salón de sesións da casa do concello.
É requisito indispensable para realizar a entrevista ter unha puntuación mínima de 5 puntos.
A Baña, 30 de decembro de 2010