MATRÍCULA :

Persoas destinatarias: as que figuran na listaxe definitiva de persoas admitidas no Punto de Atención á Infancia do Concello da Baña, publicada na web e no taboleiro de anuncios do Concello.

Prazo: do día 2 ao 16 de maio

Documentación:

Impreso normalizado que se facilitará nas dependencias de Servizos Sociais

A fotocopia cotexada da tarxeta de Seguridade Social ou documento equivalente.

6 fotografías tamaño carné.

As autorizacións que correspondan.

O impreso de domiciliación bancaria.

O certificado da entidade bancaria de titularidade da conta.

O informe de saúde nos casos en que a familia considere que debe ser coñecido polo persoal do centro.

Lugar: Casa da Cultura do Concello da Baña (educadora familiar)

PERÍODO EXTRAORDINARIO DE PREINSCRICIÓN:

Persoas destinatarias: familias con menores con idade mínima de 3 meses na data de ingreso, e unha. idade máxima de 3 anos. Poderán permanecer no PAI aqueles menores que non teñan cumpridos os 3 anos o 31 de decembro do ano anterior o que se presenta a solicitude. As crianzas que se incorporen ao 2º ciclo de educación infantil poderán permanecer no PAI ata o 31 de agosto do correspondente curso escolar.

Prazo: do día 2 ao 16 de maio

Documentación:consultar en bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/03/12/2014_0000002420.pdf

Información e recollida de impresos: Casa da Cultura da Baña (educadora familiar)

Teléfonos: 608 819 741 e 981 817 605

Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello da Baña