- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 912
8-06-2026
O Concello da Baña aproba a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de persoal de apoio destinada á Escola Infantil Municipal, en réxime de persoal laboral temporal.
As persoas aspirantes que figuren como excluídas dispoñen dun prazo de dez días hábiles para emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou presentar as reclamacións que consideren oportunas.
A resolución completa coa relación provisional de aspirantes pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, nesta ligazón, e no arquivo adxunto a esta nova.
19-5-2026
O Concello da Baña publicará nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria para a creación dunha bolsa de persoal temporal de apoio á Escola Infantil Municipal, unha necesidade derivada do cambio de categoría do Punto de Atención á Infancia (PAI) á actual Escola Infantil.
Co obxectivo de facilitar a preparación da documentación e do temario ás persoas interesadas en participar no proceso selectivo, o Concello adianta xa as bases e a convocatoria a través da sede electrónica municipal.
O sistema de selección será o de concurso-oposición e o prazo para presentar as instancias será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña.
As persoas interesadas poden consultar toda a información na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón, e no arquivo adxunto a esta nova.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1265
8 de xuño de 2026
Fanse públicas as cualificacións totais provisionais do concurso-oposición do proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico/a de Igualdade de xénero / axente de Igualdade de xénero, en réxime de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa FOAI/2026.
Así mesmo, ábrese un período de alegacións de 3 días naturais contados dende o día seguinte desta publicación na sede electrónica do Concello (ligazón).
A acta do tribunal cualificador pode consultarse tamén nos arquivos adxuntos.
21 de maio de 2026
Publícase unha corrección de erros no decreto de aprobación da lista definitiva de aspirantes para a contratación dun/dunha técnico/a de Igualdade de xénero / axente de Igualdade de xénero, en réxime de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa FOAI/2026.
Onde di:
"Acordar que a data da fase de oposición realizarase o venres 26 de maio ás 15:30 horas, na casa consistorial do Concello da Baña".
Debe dicir:
"Acordar que a data da fase de oposición realizarase o martes 26 de maio ás 15:30 horas, na casa consistorial do Concello da Baña".
A dilixencia pode consultarse no arquivo adxunto ou na sede electrónica, nesta ligazón.
19 de maio de 2026
Faise pública a listaxe definitiva de aspirantes para a contratación dun/dunha técnico/a de Igualdade de xénero / axente de Igualdade de xénero, en réxime de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa FOAI/2026.
Así mesmo, publícase a composición do tribunal cualificador e a data da fase de oposición, que se realizará o venres 26 de maio ás 15:30 horas na casa consistorial do Concello da Baña.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou na sede electrónica, nesta ligazón.
4 de maio de 2026
Publícase a listaxe provisional de aspirantes para a contratación de persoal laboral temporal de 1 técnico/a de igualdade ao abeiro do programa FOAI/2026.
As persoas aspirantes excluídas eñen un prazo de dez días hábiles no que poderán corrixir os defectos que se alude no referido artigo e formular as reclamacións á lista provisional.
A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
6 de abril de 2026
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou na súa edición do mércores 1 de abril as bases da convocatoria e proceso de selección por concurso-oposición dunha bolsa de 1 técnico/a de igualdade en réxime de persoal laboral temporal, ao abeiro do programa FOAI/2026.
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOP.
No arquivo adxunto pode consultarse a información publicada no BOP.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 3095
5-6-2026
Publícase a listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral dun operario/a maquinaria forestal ao abeiro do programa TR351G Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026 da Xunta de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición libre.
A data e hora de realización das probas selectivas, que serán o martes 16 de xunio de 2026 a partires das 9.30 horas e que terán lugar na finca municipal da rúa Tedelle, s/n 15863 A Baña
A listaxe pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña (nesta ligazón) e nos arquivos adxuntos.
26-5-2026
O Boletín Oficial da provincia publica na súa edición do martes 26 de maio a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal dun/dunha operario/a de maquinaria forestal, ao abeiro do programa TR351G Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026 da Xunta de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición libre.
A contratación realizarase por un período de 9 meses, para desenvolver o servizo de planificación preventiva, valoración forestal, limpeza de montes e reparación e limpeza e mantemento de vías.
O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (que pode verse nesta ligazón).
As bases da convocatoria poden consultarse tamén na sede electrónica do Concello da Baña (nesta ligazón) e nos arquivos adxuntos.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 361
5 de xuño de 2026
Publícase a listaxe definitiva de aspirantes para a contratación dun técnico de normalización lingüística en réxime de persoal laboral temporal ao abeiro da subvención FONL/2026, así como a composición do tribunal cualificador e a convocatoria da fase de oposición, que se realizará o venres 12 de xuño de 2026 a partir das 9.30 horas na casa consistorial do Concello da Baña.
A resolución pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón.
15 de maio de 2026
Faise pública a aprobación da listaxe provisional de aspirantes para a contratación dun técnico de normalización lingüística, vinculada á subvención FONL/2026 da Deputación da Coruña e ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Negreira e o Concello da Baña (promotor), como persoal laboral temporal.
As persoas aspirantes excluídos teñen un prazo de dez días hábiles no que poderán corrixir os defectos e formular as reclamacións á lista provisional.
As persoas interesadas poden comprobar a listaxe a través da sede electrónica do Concello premendo nesta ligazón.
14 de abril de 2026
O Concello da Baña fai públicas a convocatoria e as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de concurso-oposición, para a cobertura dun posto de persoal técnico de normalización lingüística, vinculada á subvención FONL/2026 da Deputación da Coruña e ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Negreira e o Concello da Baña (promotor), como persoal laboral temporal.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
As persoas interesadas poden inscribirse a través da sede electrónica do Concello premendo nesta ligazón.
No arquivo adxunto pode consultarse toda a información.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 157
O Boletín Oficial da Provincia publica na edición do martes 26 de maio o decreto de aprobación das bases que rexerán a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal de dous/dúas peóns/peoas forestais ao abeiro do programa TR351G Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026, da Xunta de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (que pode verse nesta ligazón).
A contratación realizarase por un período de 9 meses para desenvolver a planificación preventiva, valoración forestal, limpeza de montes e limpeza e mantemento de vías.
As bases desta convocatoria poden consultarse tamén na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón, e nos arquivos adxuntos.




