-
A iniciativa, promovida polo Concello de Negreira, desenvolverase en colaboración coa Baña, Val do Dubra e Santa Comba
-
O programa formará 20 persoas en albanelería e limpeza durante nove meses

9 de outubro de 2026
O Concello da Baña informa da publicación das puntuacións finais definitivas do alumnado preseleccionado para participar no Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, procedente dos concellos da Baña, Santa Comba, Negreira e Val do Dubra.
Unha vez rematado o prazo de reclamacións e resoltas as presentadas, a comisión de selección propón á Alcaldía de Negreira a contratación de cinco persoas de cada concello como alumnado traballador, nas especialidades de Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais e Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.
As persoas propostas para a contratación deberán presentar a seguinte documentación:
-
Copia do DNI.
-
Copia da tarxeta sanitaria.
-
Copia do certificado do número de conta bancaria.
A documentación poderá presentarse no rexistro de entrada do Concello de Negreira ou a través da súa sede electrónica. O prazo remata o martes 13 de outubro de 2026, ás 14.00 horas.
As puntuacións completas, a relación de persoas propostas para a contratación e as listas de reserva poden consultarse nos catro documentos adxuntos.
9 de outubro de 2026
O Concello da Baña informa da publicación das puntuacións finais provisionais do proceso de selección do persoal directivo e docente do Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, promovido polo Concello de Negreira en colaboración coa Baña, Val do Dubra e Santa Comba.
As valoracións corresponden aos seguintes postos:
-
Director/a.
-
Docente de apoio (titor/a).
-
Mestre/a da especialidade de Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.
-
Mestre/a da especialidade de Limpeza en espazos abertos.
Os documentos recollen as puntuacións da entrevista, da proba escrita e da valoración de méritos, así como a puntuación total e, de ser o caso, as incidencias relativas ás candidaturas.
Establécese un prazo de dous días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación na sede electrónica do Concello de Negreira, para presentar alegacións ou reclamacións. Segundo os anuncios, o prazo remata o martes 13 de outubro de 2026, ás 14.00 horas.
As persoas interesadas poden consultar as puntuacións completas nos catro documentos adxuntos.
25 de setembro de 2026
Fanse públicas as puntuacións finais provisionais dos candidatos preseleccionados para participar no Obradoiro de Emprego Valora 2026 procedentes dos concellos da Baña, Santa Comba, Negreira e Val do Dubra, que poden consultarse nos arquivos adxuntos.
25 de setembro de 2026
O Concello da Baña informa da publicación dunha modificación das bases reguladoras do proceso de selección do Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, promovido polo Concello de Negreira en colaboración coa Baña, Val do Dubra e Santa Comba.
O cambio afecta ao apartado relativo á preselección do alumnado traballador. Suprímese o parágrafo que establecía que o número máximo de persoas candidatas que se preseleccionarían sería determinado pola comisión de selección e que, se era posible, sería de tres por praza.
As persoas interesadas poden consultar a versión actualizada das bases no documento adxunto, que recolle os requisitos de participación, o procedemento de selección, as probas e os criterios de valoración.
22 de setembro de 2026
Amplíase o prazo de inscrición para formar parte do cadro docente do Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, promovido polo Concello de Negreira en colaboración cos concellos da Baña, Val do Dubra e Santa Comba.
As persoas interesadas poderán inscribirse na Oficina de Emprego Santiago Norte ata o venres 25 de setembro ás 14.00 horas ou a través da oficina virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia.
As ofertas que se tramitarán para seleccionar o persoal do obradoiro son as seguintes:
- Dirección
- 13261021: Directores/as técnicos/as de centro educativo.
- Docentes das especialidades formativas
- 23291029: Formadores/as de formación ocupacional non regrada.
- 23291010: Formadores/as de formación non regrada.
- Docente de apoio e titoría
- 23291038: Formadores/as-titores/as de empresa.
O Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026 formará durante nove meses a 20 persoas como alumnado traballador: 12 na especialidade de operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas e oito na de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais.
O inicio do programa está previsto para o 15 de outubro de 2026. Para obter máis información, pódese contactar co departamento de emprego do Concello da Baña, cos concellos colaboradores de Val do Dubra e Santa Comba ou coa entidade promotora, o Concello de Negreira.
17 de setembro de 2026
Publícanse as bases reguladoras do proceso de selección do persoal e alumnado traballador do Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cofinanciado pola Unión Europea e promovido polo Concello de Negreira, xunto cos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra.
As bases poden consultarse no documento adxunto ou nesta ligazón.
Segundo recollen estas bases, as actuacións a realizar no Concello da Baña son:
- Limpeza das beirarrúas e mobiliario urbano
- Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Quintáns
- Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Vesía
- Acondicionamento do lavadoiro público de San Salvador
- Acondicionamento do lavadoiro público de Liñares
- Acondicionamento da fonte pública de Liñares
- Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Couto Carballo
- Acondicionamento da fonte pública de Busto
- Acondicionamento do lavadoiro público de Paraxó
- Acondicionamento da fonte pública de Guimaráns
- Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Cabanas
- Acondicionamento da fonte pública de Francos
- Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Vilasuco
16 de setembro de 2026
O Concello da Baña colaborará cos concellos de Negreira, Val do Dubra e Santa Comba no desenvolvemento do obradoiro dual de emprego Valora 2026. O Concello de Negreira, como entidade promotora, recibiu unha subvención de 454.552 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para poñer en marcha esta iniciativa de formación e emprego.
O obradoiro contará con 20 prazas de alumnado traballador, distribuídas entre as seguintes especialidades:
- Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (EOCB0208): 12 prazas.
- Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais (SEAG0209): 8 prazas.
O programa terá unha duración de nove meses e contará cun equipo formado por unha persoa responsable da dirección, dúas persoas docentes das especialidades e unha persoa titora de apoio.
Inscrición aberta ata o 23 de setembro
As persoas interesadas poden inscribirse na Oficina de Emprego Santiago Norte ata o mércores 23 de setembro, ás 14.00 horas, ou a través da oficina virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Está previsto que o obradoiro comece o 15 de outubro de 2026.
Para obter máis información, pódese contactar co departamento de emprego do Concello da Baña ou cos concellos colaboradores de Val do Dubra e Santa Comba e coa entidade promotora, o Concello de Negreira.