- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visto: 1346
As filloas da pedra da Baña foron onte as estrelas da xornada Filloas e Viño no Camiño, organizadas polo GDR Terras de Compostela no Hostal dos Reis Católicos. No evento destacouse o gran potencial gastronómico e turístico deste produto puramente bañés, que compartiu protagonismo coas filloas de Lestedo e co viño da Ulla e aproveitou para presentar a súa festa de exaltación, que se levará a cabo en San Vicenzo o día 11 de marzo.
A xornada Filloas e Viño no Camiño rematou cun showcooking a cargo do afamado chef Pepe Solla, galardoado cunha estrela Michelin, que propuxo catro receitas a base de filloas, mostrando a gran potencialidade culinaria deste produto da terra. "O produto é o que nos define, as receitas son viaxeiras", afirmou o restaurador, quen destacou o valor da filloa como "un claro exemplo do que debería ser en si a gastronomía: sinxela, humilde e popular". En paralelo ás elaboracións de Solla, Arita Pais elaborou en directo filloas da pedra, que fixeron as delicias dos presentes na degustación posterior.
Para Mónica Tomé Rey, secretaria da Asociación de Filloas da Pedra da Baña, este produto é "o sinal de identidade dun concello eminentemente rural, con fermosas paisaxes". Segundo apuntou, as filloas da pedra son "únicas polo xeito tan particular de preparalas, que a todo o mundo lle chama a atención, e polos seus ingredientes, sempre de primeira calidade". A promoción do aspecto culinario "repercute en posibilidades de emprego e desenvolvemento do municipio, desde o cultivo do trigo á produción de ovos caseiros, ou, por suposto, a elaboración e venda de filloas".
Pola súa banda, Carlos Martínez Carrillo, presidente do GDR, afirmou que a xornada Filloas e Viño do Camiño se enmarca no empeño por "poñer en valor todas as potencialidades do rural", unha misión fundamental, "moito máis nestes tempos nos que se fala tanto dos problemas demográficos de Galicia. Fixar poboación nos municipios rurais é clave, e para conseguilo hai que fomentar a iniciativa emprendedora que dea lugar a unha maior calidade de vida e mellores servizos". "Temos paisaxe, temos herdanza cultural, temos gastronomía e temos, sobre todo, xente con iniciativa e ganas de facer do noso un territorio vivo e con futuro", afirmou Martínez Carrillo.
No peche da xornada, cunha degustación de filloas acompañadas de viño da D.O. Rías Baixas subzona da Ribeira do Ulla e doutros produtos da comarca, presentouse a festa gastronómica da Filloa da Pedra da Baña, que se celebrará no concello barcalés o domingo 11 de marzo.
Pincha aquí para ver o album de fotos da presentación, no Facebook do Concello da Baña.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: novas
- Visto: 993
"Asociación y coordinación para un futuro mejor mediante la introducción de enfoques innovadores y buenas prácticas para el empleo en el municipio de Pavlikeni"
Objetivo principal del proyecto: Fomentar la cooperación transnacional entre el municipio de Pavlikeni (Bulgaria) y los municipios de Melide y La Baña (España) mediante la transferencia e introducción de la innovación social, el intercambio de buenas prácticas y la búsqueda de soluciones comunes en el campo del mercado laboral, lucha contra la pobreza y la exclusión social.
- Detalles
- Escrito por evelb_mantenimiento
- Categoría: novas
- Visto: 1198
Un ano máis, o venres día 5 de xaneiro, a chegada das SS.MM. os Reis Magos de Oriente é a cita máis esperada polos nenos e nenas ao longo de todo o ano.
Comezaremos no local social (Escolas Vellas) coa actuación do ilusionista Martín Camiña co seu espectáculo de maxia e humor, música, manipulación de cartas, cordas...
A continuación chegará o momento máis esperado da noite máis máxica do ano, a noite da ilusión, e dende as máis afastadas terras de Oriente, alá onde os soños se converten en realidade, os Reis Magos viaxan cun cargamento de agasallos e caramelos.
Para rematar, no Centro social e da terceira idade serviremos chocolate quente con rosca da Baña para todas as persoas asistentes.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: novas
- Visto: 1031
Máis información e inscricións na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello da Baña
Teléfonos: 981 886 777 - 981 886 501
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: novas
- Visto: 936
GUSTARÍACHE ASISTIR AO SILLEDA PARK ESTE NADAL?