• O Concello colocou 2.281 novos puntos de luns 123 centros de medida para conseguir un aforro enerxético do 73%

  • O Ministerio para a Transición Ecolóxica aportou 394.546,96 euros con cargo aos fondos Feder, e o Concello puxo o 20% restante

  • As obras foron executadas pola empresa Alumbrados Viarios SA cun orzamento de 493.183,66 euros 

LOGOS IDADE BANA 2

O Concello da Baña rematou onte as obras para colocar 2.281 novas lámpadas de led e 123 centros de medida que foron financiados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cunha achega de 394.546,96 euros. Esta subvención representa o 80% dos 493.183,66 euros en que foron adxudicadas as obras a empresa Alumbrados Viarios S.A.

O Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) do Ministerio para a Transición Ecolóxica concedeulle ao Concello a subvención o 18 de febreiro de 2019, que conta con financiamento europeo ao estar enmarcada no Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, que busca mellorar a eficiencia enerxética e apoiar así a transición cara a unha economía con baixo consumo de carbono e, polo tanto, máis limpa. 

20210817 Subvencion IDAE luminarias led rua Castelao 00002

O proxecto presentado polo Concello e financiado polo IDAE permitíu a renovación do alumeado público exterior no municipio, actuando en 2.281 dos 2.327 puntos de luz existentes, substituíndo as vellas luminarias de descarga, con vapores metálicos de iluminación (VSAP, VSBP, VM con HM) por luminarias LED máis eficientes, así como a instalación de novos sistemas de control e de regulación do fluxo luminoso mediante programación no driver da propia luminaria nos 123 centros de medida. Con esta actuación estímase que se disminuiría a potencia de 230,82kW a 81,08kW e conseguiríase un aforro enerxético do 73%.

As obras foron adxudicadas á empresa Alumbrados Viarios SA cun orzamento de 493.183,66 euros o 9 de marzo de 2020. A empresa comezou a execución destes traballos o pasado 22 de xaneiro, finalizando onte (16 de agosto) os traballos. A rúa Castelao, no núcleo de San Vicenzo, foi unha das zonas nas que se colocaron as novas lámpadas LED.

Agora que remataron as obras, máis do noventa por cento das luminarias do municipio da Baña serán de tecnoloxía LED, o que suporá un considerable aforro enerxético, e lle permitirá ao Concello cumprir tamén co Pacto polo Clima promovido pola Unión Europea, asinado pola Baña.

20210817 Subvencion IDAE luminarias led rua Castelao 00001