20200518 Servizo ApoioO Concello da Baña, a través do Departamento de Servizos Sociais, pon en marcha un servizo de apoio emocional, social e familiar para afrontar a situación actual, dirixido a aqueles veciños e veciñas que consideren que precisan orientación ou axuda.

As persoas interesadas en beneficiarse deste novo servizo serán atendidas con cita previa, preferentemente de forma telefónica, aínda que se é preciso a atención pode ser presencial, gardando as medidas hixiénico-sanitarias. O horario do servizo é de 9.00 a 13.00 h os luns, mércores e venres, na casa da cultura da Baña. Para solicitar cita previa, o teléfono de contacto é o 981 817 605. Tamén se pode pedir por correo electrónico, no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Por medio da escoita activa e da empatía, este servizo de apoio ofrece estratexias para afrontar as dificultades polas que están a pasar aquelas persoas que están soas, non teñen con quen falar, non se senten ben, teñen dúbidas sobre a educacións dos seus fillos e fillas, están sobrecargadas ou teñen algún tipo de preocupación, por citar algúns exemplos. Servizos Sociais busca achegar solucións adaptadas a cada persoa ou situación.

Attachments:
Download this file (20200518_Cartel_Servizo_de_apoio.pdf)Cartel: Servizo de apoio[Cartel: Servizo de apoio]367 kB

20200306 PAI Baña

O Concello da Baña, seguindo as recomendacións das autoridades competentes e da  actualización do Protocolo de actuación conxunta da Consellería de Política Social e da Consellería de Sanidade,  paraliza o prazo de matrícula no Punto de Atención á Infancia (PAI)  para o curso 2020-2021.

Unha vez remate o estado de alarma decretado polo Goberno central e se normalice a situación no país, dende o Concello estableceranse as novas datas para  solicitar praza ou reservar a existente e presentar toda a documentación.

Por outra banda, e segundo o mencionado protocolo da Consellería de Política Social, tamén se pechan as unidades de atención temperá, polo que a unidade conxunta de Santa Comba e a Baña estará pechada ao público ata novo aviso.

20200309 tempos mulleres cartelAprender a ver e experimentar as conexións entre o corpo físico, a mente e as emocións. Este é o principal obxectivo de Tempos de mulleres, un ciclo de actividades que se desenvolverá a partir do martes 31 de marzo e ata o mes de xuño na Baña. Este programa vai dirixido a mulleres maiores de 18 anos.

En total, ofrécense 20 prazas. O ciclo desenvolverase en nove sesións de 3 horas de duración, entre as 9.30 e as 12.30 horas, no local municipal situado no primeiro andar do centro social e da terceira idade. Coa finalidade de fomentar o benestar e o autocoñecemento, realizaranse actividades de xogo, movemento, animación, expresión libre, creatividade, música e relaxación.

Tempos de mulleres está organizado polo Concello da Baña, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio de Igualdade.

20200316 Bando Axuda colectivos vulnerablesO Concello da Baña pon á disposición das persoas dependentes residentes no municipio un servizo de entrega a domicilio de alimentos, medicamentos e produtos de primeira necesidade. O alcalde, José Antonio Pereira Gil, vén de asinar un bando no que se garante apoio extraordinario a quen estea nesta situación e mentres dure o estado de alarma decretado polo Goberno central.

Para acceder ao servizo de entrega a domicilio destes produtos indispensables para o día a día, hai que chamar ao teléfono 981 886 501, en horario de 9.00 a 14.00 h, de luns a venres. Poderán acceder a el as persoas que se atopen nunha situación de especial vulnerabilidade.

O Concello, que pon en marcha esta iniciativa para garantir o benestar da veciñanza nestes momentos difíciles, chama a facer un uso responsable deste servizo, para que se poida chegar realmente ás persoas que máis o precisan.

20200306 PAI Baña

O prazo para solicitar a renovación da praza ou o novo ingreso no curso 2020-2021 no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña abre o vindeiro luns, día 9. Ata o 30 de marzo pódense presentar as solicitudes de matrícula dos menores con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos.

Cun total de 20 prazas, o PAI da Baña ofrece atención educativa e atención ás necesidades básicas da infancia, á vez que favorece a conciliación da vida laboral e familiar. As familias poden optar por utilizar o servizo en réxime de media xornada (ata 4 horas) ou de xornada completa (de 4 a 8 horas). Cómpre salientar que non se fai discriminación de tarifa por horas, senón por tipo de xornada.

O centro ten un horario que vai das 7.45 ás 15.45 horas de luns a venres, se ben este horario está suxeito a modificacións en función das necesidades das familias. Canto aos horarios das crianzas, os nenos e nenas poden entrar no centro ata as 10.00 horas; aqueles que non comen no PAI teñen que saír antes das 13.00 horas; e, finalmente, a hora de recollida dos que si comen no centro é a partir das 15.00 horas.

Para formalizar a matrícula é necesario presentar os modelos debidamente cubertos, así como a documentación complementaria, nas oficinas municipais. Para máis información, contactar co departamento de Educación e Cultura ou coa educadora familiar. Nos arquivos adxuntos figuran os anexos que se deben cubrir e a ordenanza reguladora do PAI da Baña.

Attachments:
Download this file (Anexo 1 solicitude PAI.pdf)20200306_Anexo_I_matricula_PAI[20200306_Anexo_I_matricula_PAI]141 kB
Download this file (ANEXO II Solicitude PAI.pdf)20200306_Anexo_II_matricula_PAI[20200306_Anexo_II_matricula_PAI]281 kB
Download this file (FISCAL PAI.pdf)20200306_Ordenanza_fiscal_PAI[20200306_Ordenanza_fiscal_PAI]115 kB