- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 912
O Instituto de Maiores e Servizos Sociais convoca prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo a través da Resolución do 10 de decembro de 2019 (BOE nº300 do 14/12/2019).
REQUISITOS E BENEFICIARIOS
1.- Ser pensionista do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de:
- Pensionista de xubilación ou incapacidade permanente.
- Pensionista de viudedade con 55 anos ou máis.
- Pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos ou máis.
- Ser asegurado ou beneficiario da Seguridade Social, con 65 anos ou máis.
- Españois residentes no exterior, que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
2.- Non padecer alteracións no comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
3.- Poder valerse por sí mesmos para as actividades da vida diaria.
4.- Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
5.- Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
PRAZOS DE QUENDAS E SOLICITUDES
- Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto, (ambos inclusive):
- Con prioridade na adxudicación de praza: ata o 10 de xaneiro 2020.
- Para a súa inclusión, na lista de agarda : o prazo continúa aberto ata o 14 de maio 2020.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro, (ambos inclusive):
- Con prioridade na adxudicación de praza: ata o 15 de maio 2020.
- Para a súa inclusión en lista de espera: o prazo continúa aberto ata o 30 de outubro 2020.
Se desexan ampliar esta información ou tramitar algunha solicitude poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello, ou consultar as bases que se atopan nos arquivos adxuntos a esta páxina.
O Concello da Baña pídelle ao Sergas que cubran as baixas e vacacións da pediatra do centro de saúde
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 1721
O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, vén de reclamarlle a responsables do Sergas que se cubran as baixas da pediatra que atende no centro de saúde bañense para garantir unha mellor atención aos nenos e nenas do concello e evitar que se teñan que desprazar ata o Hospital Clínico de Santiago.
O centro de saúde da Baña conta con consulta de Pediatría dous días á semana. Na carta remitida o pasado 3 de decembro á xerente da área de xestión integrada de Santiago, Eloína Núñez, e ao responsable de Atención Primaria, Felipe Calle Vellés, o alcalde recórdalles que cando a pediatra está de vacacións, de baixa ou de permiso, a consulta queda sen atender “e os nenos da Baña teñen que acudir aos servizos de urxencias do Hospital Clínico, en Santiago, ou a pediatras de pago”.
Ademais, José Antonio Pereira incide en que a ausencia da especialista por eses motivos “obriga a anular as citas previamente concertadas dos nenos, tanto para consultas como para vacinacións” o que, a entender do alcalde, “pode poñer en grave risco aos menores” da Baña.
Por estes motivos, Pereira Gil solicítalles aos responsables do Sergas que cando a pediatra titular estea de vacacións, enferma ou non poida atender a consulta, que esas ausencias “sexan cubertas por outro pediatra” para que os menores da Baña sexan atendidos sen ter que desprazarse fóra do municipio.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 1058
-
Doce remudistas participaron na iniciativa conxunta cos concellos de Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e Mazaricos
-
Olivia Lois e Mercedes Pazos foron as remudistas máis nova e de maior idade e Carla Montoiro a que entregou o facho a Negreira
-
O manifesto institucional amosa “a máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencia contra as mulleres”
-
No acto institucional participaron representantes dos tres grupos da Corporación
O Concello da Baña e a súa veciñanza manifestaron hoxe “a máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencias contra as mulleres” durante a lectura do manifesto na praza do Concello coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Baña, conxuntamente cos municipios de Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e Mazaricos, participou levando “a luz da esperanza” polos cinco municipios nunha marcha de remudas ‘Nunca camiñarás soa”.
A concelleira Mónica González foi a primeira remudista da Baña. En Paramos recolleu o facho que lle entregaron os catro ciclistas de Val do Dubra que fixeron a última remuda neste municipio, nun punto ao que acudiu o alcalde dubrés, José Manuel Varela. Sobre as once da mañá empezaba o percorrido de 22 km polo municipio da Baña no que participaron doce remudistas de todas as idades, entre eles Alba Pérez, que onte se proclamaba campioa galega de marcha na súa categoría. A máis veterana das participantes foi Mercedes Pazos e, a máis nova, Olivia Lois, quen levou o facho dende O Barro ata San Vicenzo, onde se leu o manifesto despois de que representantes dos tres grupos da Corporación levaran tamén a luz uns metros. David Gontán, Andrés García Cardeso e José Antonio Pereira participaron na iniciativa antes de acender o peveteiro que mantén viva a luz da esperanza para erradicar a violencia contra as mulleres.
Na Praza do Concello, nunha desapracible mañá con moita choiva e néboa e diante dun grupo de veciños e participantes na iniciativa, Mónica González leu o manifesto institucional da marcha ‘Nunca camiñarás soa” (ler manifesto íntegro neste enlace). Tras recordar que A Baña, ao igual que 125 concellos galegos, se sumou a campaña ‘En negro contra a violencia machista’ e de rexeitar todo tipo de violencia contra as mulleres, recordouse que, segundo datos oficiais, este ano en España foron asasinadas 51 mulleres. “No caso de Galicia o contador suma xa cinco. Cinco mulleres foron asasinadas a mans de homes dos que pretendían afastarse: María José, Sandra, Alba e María Elena en Valga, e Mari Carmen en Vilalba. A Rabia e o desconsolo fannos seguir avanzando nesta andaina, e empúrranos a vestir de negro como símbolo de loito, pero tamén de loita”, dixo González Blanco en alusión as camisetas negras que portaban todos os participantes na iniciativa ‘Nunca camiñarás soa’.
“Desde os Concellos de Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Negreira e Mazaricos queremos reiterar neste 25 de novembro, o noso compromiso na loita pola erradicación das violencias contra as mulleres e combatelas con todos os recursos ao noso alcance, e incluír a todas e a todos nesta loita”, indica o manifesto, no que se recorda tamén que “hai espazo para a esperanza”. Por este motivo, os cinco concellos uníronse “para levar esa luz da esperanza na ‘Marcha Nunca Camiñarás Soa’. Esta marcha nace para dar visibilidade a todas aquelas que están baixo a escuridade da violencia, para que saiban que hai unha luz, á que se poden agarrar, e que esa luz a leva moita xente, e ilumina e iluminará estes territorios”, recordou Mónica González
O manifesto incide na necesidade de apostar pola educación para erradicar a violencia de xénero, e fai mención as violacións en grupo e as sentencias que subestiman a situación de indefensión das víctimas. E conclúe recordando: Contra a escuridade, LUZ!!. Contra a soedade, COMPAÑA! Contra a desesperación, ESPERANZA! Eso si, xuntos! Sin que ningún, nunca, camiñe soa!
Unha vez lido o manifesto, colleron o facho os dous últimos remudistas, que fixeron o tramo en bicicleta ata Ponte Maceira, onde Carla Montoiro entregou a luz a un grupo de atletas de Negreira, que continuaron coa marcha polo seu territorio.
A iniciativa rematou no Concello de Santa Comba, cun acto institucional no que participan representantes dos cinco concellos.
album de fotos no Facebook do Concello da Baña (neste enlace)
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 1072
O Punto de Atención á Infancia da Baña permanecerá pechado do 24 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos os dous incluídos, debido as vacacións de Nadal.
A actividade no centro retomarase o mércores 8 de xaneiro de 2020.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 1436
Doce mulleres e un home serán os remudistas da Baña que este domingo participarán na marcha reivindicativa por remudas que percorrerá cinco concellos para visibilizar e levar unha luz de esperanza contra a violencia de xénero. ‘Nunca Camiñarás soa’ é unha marcha non competitiva e reivindicativa, que, a través de remudas, unirá os territorios dos concellos de Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Negreira e Mazaricos. Nun percorrido duns 100 km levarán ‘a luz da esperanza’ para superar a escuridade da violencia de xénero, simbolizada nun facho de lume, similar ao facho olímpico que percorría a antiga Grecia para anunciar tempos de paz para os Xogos Olímpicos.
No seu percorrido de 22,4 km polo Concello da Baña está previsto que sobre as 10.30 horas M.G.B recolla o facho en Paramos, para facer o tramo ata Cabanas, once llo entregará a M.P.L. e A.S.S. Os seguintes remudistas na Baña serán os seguintes, entre paréntese figura o tramo: A.P.C (Cabanas-Cabanas), A.P.C. (Cabanas-Lañas), D.L. (Lañas-Lañas), P.P.L. (Lañas-Lañas), A.B.S. (Lañas-O Barro), E.V. ( O Barro-O Barro), M.J.F.V. (O Barro-O Barro), A.T.B. (O Barro-A Baña), E.L.I. ( A Baña-A Baña), B. M. ( A Baña-Monte), C.M. (Monte- Portor).
As participantes nesta marcha farán a pé (ou correndo) o tramo entre Paramos e San Vicenzo. Diante da casa consistorial, sobre as 11.30 horas (vai depender da velocidade das participantes) acenderase un peveteiro que durante o 24 e todo o día 25 vai estar nos cinco concellos alumeando a saída á violencia de xénero. Despois lerase un manifesto institucional e, ao rematar, faranse as dúas últimas remudas, neste caso en bicicleta, ata entregar o facho en Ponte Maceira, no límite co Concello de Negreira. Dende aquí continuará por este municipio e por Mazaricos, para volver a Santa Comba, onde está previsto que o facho chegue sobre as 19.00 horas diante da casa consistorial como fin da xornada.
No caso da Baña, aquelas persoas que desexen participar nesta iniciativa poderán acompañar as remudas polos diferentes puntos do percorrido, e sumarse ao acto institucional na Praza do Concello.
Reunión coas remudistas o domingo
O domingo ás 09.30 horas na casa consistorial, a concelleira de Cultura, Mónica González, e persoal do Concello da Baña, manterán unha reunión coas remudistas para concretar os últimos detalles e para entregarlles as camisetas conmemorativas da iniciativa.