20190521 TripticoO Centro social e da terceira idade de Baña acollerá os vindeiros días 4, 5 e 6 de xuño de 9.30 ha 13.30 horas o Obradoiro de empoderamento e benestar para mulleres, no que as relatoras serán Diana Muñoz Leira (socióloga, traballadora social, formadora, colaboradora da Asociación Otro TIempo e coach experta en educación emocional e orientación laboral) e Sara Vierna Fernández (educadora social, máster en xénero e políticas de igualdade, posgraduada en educación emocional e coaching educativo, formadora e cofundadora de Almas Meraki).

Gracias ás súas leccións, as participantes conseguirán coñecerse mellor, reforzar a súa autoestima e aprender a xestionar de forma positiva as súas emocións. Ademais, reflexionarán sobre como nacer muller pode influir e limitar ás veces as experiencias. Tamén se aproveitará para explorar a maneira de aprender a amar e a vivir relacións dunha maneira sá. Sen esquecer que se profundizará sobre as capacidades que teñen as mulleres para construír un proxecto de vida propio e consciente. 

As prazas son limitadas, polo que as interesadas deberán inscribirse obligatoriamente e de forma gratuíta no servizo de Educación Familiar na casa da cultura da Baña, ou chamando ao 981 817 605 ou ao 608 819 741. O prazo para anotarse remata o 28 de maio.

20190521 Triptico 2

20190418 Centenaria Concepcion Fiusa

 

O club de persoas centenarias conta na Baña con unha nova integrante. O pasado xoves, día 18, Visitación Fiúsa Pensado cumpría 100 anos na súa casa de Nantón, na parroquia de San Mamede, ata onde se achegaron o alcalde, Andrés García Cardeso, e máis a concelleira de Servizos Sociais, Alicia Blanco, para entregarlle un ramo de flores e unha réplica en bronce da casa consistorial como agasallo pola súa honomástica. A Asociación de Veciños Outeiro, de San Mamede, tamén se somou a celebración entregándolle outro ramo de flores.

Visitación Fiúsa vive en Nantón xunto coa súa filla e a súa neta, que estiveron anos emigradas en Brasil antes de retornar á Baña. Visitación celebrará os seus cen anos coa familia nunha festa privada os vindeiros días.

20190322 Cartel WebO Concello da Baña volveu programar actividades de todo tipo ata o mes de xuño no centro social e da terceira idade coa finalidade de fomentar un envellecemento activo entre os seus maiores. Entre a variada oferta figuran as camiñadas, bailes, xogos de mesa, lectura, estimulación da memoria ou cantigas. Os interesados poderán anotarse directamente no centro.

Os luns, a partir das 18.00 horas, os participantes poderán darlle algo de movemento ao seu corpo con bailes, xogos ou camiñadas, ademais de algo de ximnasia. O martes e mércores, dende ás 17.00 horas, a monitora tratará de que os asistentes manteñan a mente en forma con actividades para estimular a memoria, fomentar a lectura e diversos talleres.

Os xoves, dende as sete de tarde, é a quenda dos xogos tradicionais (xogos tradicionais, competicións, etc), e os venres, dende as cinco da tarde, toca facer algo de recordo, para lembrar o de antes con cantigas, tra

dicións ou cine. 

4eb0955ff37401b596b0ebfb743f 1426923

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia ven de convocar axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas.

O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 22 de abril, e a esta convocatoria pódense presentar as asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas ao abeiro da Lei de Asociacións (Lei orgánica 1/2002), e figuren inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadores de Servicios Sociais (RUEPSS).

Toda a información para participar nesta convocatoria pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia, neste enlace (preme aquí)

20190209 centenaria Elisa Forjan Silva web

O clube de cententarios e centenarias da Baña conta dende onte cunha nova integrante. Elisa Forján Silva cumpriu cen anos na súa casa de Duomes de Abaixo, na parroquia de San Mamede do Monte. Por este motivo recibiu a visita do alcalde, Andrés García Cardeso, e da concelleira de Servizos Sociais, Alicia Blanco, que a agasallaron cun ramo de flores e unha réplica en bronce da casa consistorial.

Elisa Forján ten cinco fillos, unha delas, María Carmen Giraut Forján, foi médico e concelleira durante varias lexislaturas na Baña, e outro retornou de Venezuela, onde estivo emigrando varios anos. Vive en Duomes coa súa filla Generosa, onde goza cos seus nove bisnetos. Elisa forma parte dunha familia moi lonxeva, pois dous dos seus irmáns xa superan os 90 anos.