- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 1210
Os Concellos da Baña, Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e Mazaricos organizan unha carreira de remudas transmunicipal para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Os máis de 100 remudistas que participarán na actividade portarán un facho de luz polos 100 quilómetros de percorrido que unirán os concellos co fin de simbolizar “o camiño da esperanza”. A marcha acompañarase en todos os municipios coa lectura dun manifesto a prol da erradicación deste tipo de violencia e a igualdade. A participación está aberta a toda a veciñanza maior de idade que se inscriba, e a aqueles mozos e mozas maiores de 14 anos que conten con autorización paterna. A inscrición pódese facer neste enlace.
A carreira 'Nunca Camiñarás Soa' intentará visibilizar a escuridade da violencia de xénero cunha luz de esperanza que mostre que as víctimas nunca van estar soas neste duro camiño, xa que a unidade é a chave para combatir a “escuridade da violencia”. Deste xeito, a marcha simbólica fará que máis de 100 remudistas atravesen ininterrumpidamente, durante 12 horas, “o camiño da esperanza” que une estes municipios por 100 quilómetros. Ademais, un facho de luz alumeará o percorrido ao seu paso en símbolo de que “existe unha saída desta lacra" e "en recordo das víctimas que xa non están”.
As encargadas de encabezar a carreira serán personalidades femininas galegas, que darán amparo e folgo a esta reivindicación. Ao comezo da marcha, ao chegar a cada municipio, e no remate farase unha lectura dun manifesto a prol da erradicación da violencia e da promoción do respecto entre xéneros, amenizado con músicas significativas. Ao mesmo tempo acenderase “a luz da esperanza” que permanecerá acesa en cada concello durante toda a xornada do 25 de novembro en sinal de “tregua”, como se facía nas Olimpíadas gregas para a realización dos xogos.
Quen queira formar parte do equipo de remudistas terá que ser maior de idade (ou maior de 14 anos contando con autorización paterna) e deberá inscribirse na seguinte ligazón: https://bit.ly/2qMlo2S
O Concello da Baña tamén conmemorará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa súa adhesión á acción ‘En negro pola violencia de xénero’. Dende a corporación animan a que as institucións e organizacións do municipio tamén se sumen a esta causa.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 1172
A casa da cultura de Val do Dubra acolle os vindeiros días 27, 28 e 29 de novembro, e o 12 e 13 de decembro, un ciclo de charlas sobre o alzhéimer e outras demencias. Estes relatorios impartidos por profesionais de Agadea, un especialsita en Neuroloxía e unha avogada, están abertos a todo o público, mais é necesaria a inscrición para asistir.
O 27 de novembro, de 17.00 a 20.00 horas terá lugar a charla sobre a enfermidade do alzhéimer e outras demencias, que expoñerá juan Manuel Pias Peleteiro, facultativo especialista en Neuroloxía da EOXI de Santiago. Ao día seguinte, entre as 18.00 horas e as 20.00 h, Alba Felpete, psicóloga de Agadea, compartirá cos presentes os seus coñecementos sobre terapias non farmacolóxicas. Ademais, dará a charla do venres 29 de decembro, á mesna hora, sobre como comunicarse con persoas con demencia.
O 12 de decembro, a psicóloga de Agadea falará acerca do coidado do coidador e ao día siguiente Mercedes Blanco de la Torre, avogada, explicará algúns aspectos xurídicos e legais en persoas con demencia. Ambas as dúas en horario de 18.00 a 20.00 horas.
A inscrición farase chamando ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Val do Dubra (981 889 000), ou a Agadea (981 595 738). Nas súas oficinas poderá entregarse o formulario de inscrición que se atopa a continuación.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 804
O alumnado do Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña gozou onte coa festa do Samaín. Dende primeira hora estiveron traballando na decoración do centro e nunha exposición de cabazas na que colaboraron as familias.
Tamén elaboraron ‘pastas terroríficas’ de Samaín (con forma de pantasmas, caveiras, ósos….) que degustarían ao rematar a xornada nunha merenda na que tampouco faltaron os biscoitos e pastas de cabaza.
Nenas e nenos levaron para a casa unhas axendas personalizadas que lles regalaron dende o Concello da Baña por participar na actividade da exposición de cabazas.
Album de fotos no Facebook do Concello da Baña (neste enlace)
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 915
A Xunta de Galicia abre ata o 15 de novembro o prazo de presentación de solicitudes para participar nunha nova edición do programa Xuntos polo Nadal, destinado ás persoas maiores de 60 ou máis anos que se atopan soas nestas datas, ben pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. A principal novidade deste ano é que se habilita como punto de destino o Complexo Residencia Xuvenil Lug II, en Lugo, que se suma así ás Residencias de Tempo Libre do Carballiño, en Ourense, e de Panxón, en Nigrán.
O número de prazas ofertadas mantense en 260, distribuídas do seguinte xeito: 105 na residencia do Carballiño para persoas procedentes das provincias de Ourense e Pontevedra; outras 105 no centro de Panxón para os maiores que veñan da provincia da Coruña; e 50 nas instalacións xuvenís Lug II para aqueles que sexan da provincia de Lugo. A duración do programa dará cobertura a toda a época do Nadal, ao comezar o día 23 de decembro de 2019 e rematar o día 7 de xaneiro de 2020.
Xuntos polo Nadal inclúe estancia durante 16 días (15 noites) con aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa e actividades de animación sociocultural. Tamén está contemplado tanto o desprazamento en autobús desde diversos puntos de Galicia ata o centro residencial adxudicado como o regreso. A recollida das persoas participantes efectuarase o 23 de decembro polo tarde e a volta será o día 7 de xaneiro despois do almorzo.
Infórmate sobre todos os detalles do programa na páxina web da Xunta de Galicia.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 967
O Concello da Baña celebra este sábado, 28 de setembro, o I Campionato de Billar "Maiores" a partir das 15.00 horas, no centro social da terceira idade do municipio.
O prazo de inscrición remata o venres 27 de setembro e pode facerse no mesmo centro de forma pesencial, ou chamando ao 628 022 765.