20200518 Servizo ApoioO Concello da Baña, a través do Departamento de Servizos Sociais, pon en marcha un servizo de apoio emocional, social e familiar para afrontar a situación actual, dirixido a aqueles veciños e veciñas que consideren que precisan orientación ou axuda.

As persoas interesadas en beneficiarse deste novo servizo serán atendidas con cita previa, preferentemente de forma telefónica, aínda que se é preciso a atención pode ser presencial, gardando as medidas hixiénico-sanitarias. O horario do servizo é de 9.00 a 13.00 h os luns, mércores e venres, na casa da cultura da Baña. Para solicitar cita previa, o teléfono de contacto é o 981 817 605. Tamén se pode pedir por correo electrónico, no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Por medio da escoita activa e da empatía, este servizo de apoio ofrece estratexias para afrontar as dificultades polas que están a pasar aquelas persoas que están soas, non teñen con quen falar, non se senten ben, teñen dúbidas sobre a educacións dos seus fillos e fillas, están sobrecargadas ou teñen algún tipo de preocupación, por citar algúns exemplos. Servizos Sociais busca achegar solucións adaptadas a cada persoa ou situación.

Attachments:
Download this file (20200518_Cartel_Servizo_de_apoio.pdf)Cartel: Servizo de apoio[Cartel: Servizo de apoio]367 kB