O Concello da Baña fai pública a adxudicación da praza vacante de novo ingreso no Punto de Atención á Infancia, á que se presentaron tres solicitudes tras a apertura dun prazo extraordinario de matrícula dirixida a nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos.

Pode consultar os datos desta adxudicación en período extraordinario no documento adxunto a esta nova.

Attachments:
Download this file (20200806_Adxudicacion praza extraordinaria PAI.pdf)Adxudicación praza extraordinaria PAI[Adxudicación praza extraordinaria PAI]76 kB
  • Durante estas catro semanas coñeceron como vivían os homes da prehistoria, de Exipto e de Grecia

  • Visitaron o dolmen de Dombate e ata se estrearon como piragüístas

20200731 clausura xullo campamento urbano2

Co espectáculo ‘A casa do terror’, da Banda do Verán de Xoán Curiel, o Concello da Baña despediu hoxe pola mañá a primeira quenda do campamento urbano que se celebrou na área recreativa Agra de Chans durante o mes de xullo, para favorecer de conciliación familiar e laboral.

Durante estas catro semanas, no campamento participaron uns corenta nenas e nenos de todas as idades, que tiveron a oportunidade de facer un percorrido para coñecer a historia da humanidade. Durante a primeira quincena de xullo aprenderon como vestían, comían e vivían os homes e mulleres da Prehistoria e tamén da época dos faraóns de Exipto. 

Despois coñeceron un pouco máis sobre Grecia, disfrazáronse de gregos e mesmo fixeron unha excursión a Cabana de Bergatiños para visitar o dolmen de Dombate e o castro de Borneiro para acabar o día na praia de Neaño, onde puideron estrearse como piragüístas. 

Esta actividade de conciliación continúa tamén durante o mes de agosto.

 20200731 clausura xullo campamento urbano1

29 de xuño de 2020

O mércores, 1 de xullo, ábrese o prazo de matrícula para o Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o curso 2020-2021.

A listaxe definitiva de nenos e nenas admitidas pódese consultar no documento adxunto, así como os documentos necesarios para formalizar a matrícula.

O alumnado convocado a matrícula debe presentar a seguinte documentación:

  • Fotocopia da tarxeta de Seguridade Social ou documento equivalente do/a neno/a.
  • Tres (3) fotografías tamaño carné.
  • Certificado de non padecer enfermidades infecto-contaxiosas e cartilla de vacinación.
  • Informe de saúde nos casos en que a familia considere que debe ser coñecido polo persoal do centro (alerxias, intolerancias...).
  • Autorización da imaxe.
  • Autorización entrega e recollida por outras persoas (adxuntar copias dos DNI).
  • Documentación de domiciliación bancaria.
  • Xustificante de pago de taxas de matrícula.
  • Declaración do IRPF do exercicio 2019 dos pais/titores.

As familias deberán asinar un acordo de prestación de servizo entre elas e o PAI.

Para máis información e tramitación pódese contactar coa educadora familiar no teléfono 981 817 605 e solicitar cita para unha consulta.

Os documentos necesarios pódense descargar nos arquivos adxuntos.

 

17 de xuño de 2020

Faise pública a listaxe provisional de matrícula coas persoas convocadas para formalizar a mátricula no Punto de Atención a Infancia (PAI) da Baña para o curso 2020-21.

O prazo de presentación de reclamacións é do 18 ao 23 de xuño de 2020, a través da sede electrónica do Concello da Baña.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

 

8 de xuño de 2020

Faise pública a listaxe de solicitudes presentadas para reserva de praza e novo ingreso no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o Curso 2020/2021.

As persoas que deben presentar documentación teñen de prazo do 11 ao 15 de xuño de 2020, a través da sede electrónica do Concello da Baña (https://sede.concellodabana.gal) ou presencialmente no despacho de Educación Familiar.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

Attachments:
Download this file (20200608_Listaxe_solicitude_praza_PAI_Baña.pdf)20200608_Listaxe_solicitude_praza_PAI_Baña[20200608_Listaxe_solicitude_praza_PAI_Baña.pdf) 20200608_Listado_renovacion_solicitude_praza_PAI ]169 kB
Download this file (20200617_listaxe_provisional_matricula.pdf)20200617_Listaxe_convocados_matricula_PAI[20200617_Listaxe_convocados_matricula_PAI]237 kB
Download this file (20200629_1Domiciliacion_de_recibos.doc)20200629_1Domiciliacion_recibos[20200629_1Domiciliacion_recibos]70 kB
Download this file (20200629_2Autorizacion_recollida_persoas_alleas.doc)20200629_2Autorizacion_persoas_alleas[20200629_2Autorizacion_persoas_alleas]60 kB
Download this file (20200629_3Pago_de_taxas.doc)20200629_3Pago_taxas[20200629_3Pago_taxas]52 kB
Download this file (20200629_4Autorizacion_de_imaxe.doc)20200629_4Autorizacion_imaxe[20200629_4Autorizacion_imaxe]60 kB
Download this file (20200629_listaxe_definitiva_persoas_convocadas_a_matricula.pdf)20200629_0Listaxe_definitivo_convocados[20200629_0Listaxe_definitivo_convocados]87 kB

20200715 suspendida festa maiores 2020

O alcalde da Baña asinou hoxe un bando no que fai pública a decisión de suspende ra Festa dos Maiores prevista para o mes de agosto, debido a pandemia da covid-19, para  preservar a seguridade dun colectivo tan vulnerable na situación de risco sanitario na que nos atopamos.

José Antonio Pereira fai mención no mesmo bando ás recomendacións das autoridades sanitarias de non celebrar este ano as habituais festas e verbenas, “debido a que se pode xerar un maior risco de propagación” da covid-19.

En caso de querer celebrar estas festas e verbenas, o alcalde recorda as medidas específicas que establece a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Segundo estas normas, no caso das verbenas, “é importante acoutar o espazo destinado ao evento para poder controlar o aforo, facilitar o establecemento de puntos diferenciados para a entrada e saída do recinto e permitir o cumprimento das distancias mínimas de seguridade interpersoal”.

O alcalde “apela á responsabilidade cidadá” e agradece a colaboración de toda a veciñanza para axudar a cumprir con todas as medidas preventivas necesarias para evitar a transmisión dunha enfermidade tan contaxiosa como a da coronavirus.

20200609 temposmulleresO Concello da Baña retoma o proxecto Tempos de mulleres, un ciclo de actividades que se desenvolverá a partir do 7 de xullo no centro social e da terceira idade. O principal obxectivo deste obradoiro, que inicialmente estaba previsto celebrar de abril a xuño, é aprender a ver e experimentar as conexións entre o corpo físico, a mente e as emocións.

Tempos de mulleres conta con 20 prazas dirixidas a mulleres maiores de 18 anos. Para participar é preciso inscribirse con antelación. O ciclo desenvolverase en sete sesións de 4 horas de duración, os martes e venres entre as 9.30 e as 13.30 horas, no local municipal situado no primeiro andar do centro social e da terceira idade. Coa finalidade de fomentar o benestar e o autocoñecemento, realizaranse actividades de xogo, movemento, animación, expresión libre, creatividade, música e relaxación.

Tempos de mulleres está organizado polo Concello da Baña, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio de Igualdade.

Attachments:
Download this file (20200609_Cartel_Tempos_de_mulleres.pdf)Cartel Tempos de mulleres[Cartel Tempos de mulleres]561 kB
Download this file (20200609_Inscrición_Tempos_de_mulleres.doc)Ficha de inscrición Tempos de mulleres[Ficha de inscrición Tempos de mulleres]1008 kB