O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe, 2 de xuño, a aprobación inicial da modificación da ordenanza pola que se aproba o Regulamento de Réxime Interior do Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña.

Esta modificación foi acordada polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria celebrada o 26 de maio de 2022. A ordenanza someterase a información pública polo prazo de 30 días para que as persoas interesadas poidan presentar reclamacións ou suxestións, que serán resoltas pola Corporación.

A publicación no BOP pode consultarse no arquivo adxunto.

Foi unha iniciativa do Servizo de Axuda no Fogar para promover a estimulación cognitiva nos domicilios de usuarios e usuarias

20211227 Pura Quintas ALF2276

O pasado mes de setembro o equipo profesional que desenvolve o Servizo de Axuda no Fogar xestionado por Atendo no municipio da Baña puxo en marcha un Programa de estimulación cognitiva no fogar que espertou moito interese entre as persoas usuarias.

Coincidindo con estas datas de Nadal, nove desas persoas beneficiarias deste programa animáronse a facer unha serie de traballos que lle queren amosar a toda a veciñanza a través das redes sociais do concello.

Dende postais de Nadal, ata figuras decorativas, cadros, árbores de Nadal ou velas e estrelas son algunhas das creacións destes e destas artistas que se poden ver no Facebook do Concello da Baña.

20211227 David Quintans ALF2320

Pura Quintáns, David Sueiro, Maruja Rugido, Cándida Nieto, Lola Giraut, Ángela Trillo ou Fina son algunhas das persoas que participan nesta iniciativa (outras prefiren manterse no anonimato).

Andrea Pérez, e Rocío Vázquez, membros do equipo de coordinación de Atendo relacionadas co programa, destacan a implicación e o traballo realizado por todas as persoas que participaron nesta iniciativa, que ten por obxectivo “promover vidas con sentido”, aseguran.

Podes ver máis traballos feitos polas persoas participantes no programa de estimulación cognitiva na páxina de Facebook do Concello da Baña (preme aquí).

 

20211227 Candida Nieto ALF2356

  • As persoas da provincia da Coruña poden pasar unha semana de balde en Nigrán con aloxamento, comidas e actividades

  • Deberán elixir entre dúas quendas: do 22 ao 29 de decembro ou do 31 de decembro ata o 7 de xaneiro

xuntos polo nadal webAta o 30 de novembro está aberto o prazo para solicitar praza no programa Xuntos polo Nadal, que permite que as persoas maiores de 60 anos que vivan soas en Galicia poidan pasar acompañadas estas datas tan significativas.

Das 526 prazas dispoñibles en toda Galicia, un total de 280 resérvanse ás persoas solicitantes das provincias da Coruña e Ourense, que poderán gozar dunha semana de estancia na residencia de tempo libre de Nigrán, en Pontevedra de xeito gratuíto. O programa inclúe aloxamento en habitación compartida, comidas, actividades de animación sociocultural e autobús ata Nigrán. Para as persoas da comarca, o autobús partirá dende Santiago e o traxecto entre o domicilio particular e o punto de saída correrá por conta do interesado.

A semana de estadía elixirase entre dúas quendas: unha, que vai do 22 ao 29 de decembro e outra que abrangue entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro.

Os requisitos para poder participar no programa son ter 60 anos cumpridos, estar empadroado nun concello galego, vivir só e ter que pasar só as datas de Nadal, valerse por si mesmo e estar vacinado contra a Covid. Terán preferencia as persoas que perdesen recentemente o seu cónxuxe ou persoa convivente, teñan máis idade e non participaran en Xuntos polo Nadal en anteriores edicións.

As solicitudes, que poden presentarse ata o luns 15 de novembro, presentaranse preferiblemente por vía electrónica cubrindo o formulario PR004 dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O formulario e toda a información relativa ao programa atópase dispoñible na seguinte ligazón: https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/xuntos-polo-nadal-2021.

No caso de precisar máis información ou axuda, as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono gratuíto 900 333 666 ou dirixirse ao departamento de servizos sociais do Concello.

  • A Praza do Concello acolle a lectura dun manifesto institucional no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

“O Concello da Baña lémbralle ás vítimas que aquí estamos para axudalas a saír desa situación e comprometémonos a combater esta inxusta e irracional eiva”. Así se recolle no manifesto institucional con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, ao que a concelleira de Política Social Mónica González deu lectura nun acto público celebrado na Praza do Concello ao que asistiron representantes da Corporación local, técnicos municipais e veciñas e veciños do municipio.

O manifesto do 25 de novembro pon de relevo que o maltrato machista é “a consecuencia máis atroz da pretendida desigualdade entre homes e mulleres e segue presente na nosa sociedade”. Fai referencia ás cifras de vítimas, 6.073 en 2020 en Galicia segundo datos da Fiscalía Superior, e indica ademais o “dato preocupante” do 84% de renuncias a continuar co proceso xudicial.

Dado que os concellos son a administración de proximidade que ten unha relación máis directa coa cidadanía, o Concello da Baña comprométese “de fronte á violencia de xénero” para ir “máis aló de diminuír os rexistros de vítimas”, erradicando “ese maltrato que oprime de diferentes maneiras ás mulleres impedíndolles o seu desenvolvemento” e traballando na “concienciación para a igualdade”.

Por todo isto, o Concello da Baña insta ás demais administracións e axentes sociais a sumarse a esta declaración; remarca a necesidade dunha abordaxe global e profunda sobre todas as formas de maltrato; require os recursos económicos e humanos para implementar proxectos de axuda e empoderamento das mulleres; esixe a mellora das políticas e leis a favor do desenvolvemento das mulleres; e subliña o valor das mulleres no desenvolvemento social, económico, intelectual e humano.

Attachments:
Download this file (Manifesto 25N.pdf)Manifesto 25N[ ]59 kB
 
O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, asinou a semana pasada a renovación do convenio co Servizo de Atención Temperá de Santa Comba. Ao acto asistiu tamén a concelleira de Política Social, Mónica González. 
 
O Servizo de Atención Temperá de Santa Comba, que forma parte da Rede Galega, atende menores de 6 anos que sofren ou están en risco de padecer algún tipo de discapacidade ou trastorno do desenvolvemento. Nenas e nenos da Baña poden acudir ás despendencias localizadas na Casa da Cultura da capital do Xallas (rúa Miraflores 0), sempre que un pediatra os derive previamente. Os servizos que se prestan divídense en tres áreas: coordinación e atención ás familias, logopedia e terapia ocupacional e reeducación funcional.
 
Nestes momentos, son oito as nenas e nenos da Baña que reciben atención. Outros dous atópanse en lista de agarda. 
 
20211111 cartel xunta atencion tempera