• No último acto do 8M destacouse a labor das mulleres que traballan no Punto de Atención á Infancia, PAI, e no Servizo de Axuda no Fogar

  • Lorena Trillo: “O voso traballo é fundamental para conciliar e para todas as persoas que desexan e necesitan vivir nas súas casas”

  • A extraballadora social Carmen Caamaño destacou o compromiso enorme das coidadoras e o “potencial de cambio que ten o SAF, a figura máis importante de todos os servizos sociais

  • Tres usuarios coincidiron en destacar que é “un servizo moi necesario, gracias ao cal podemos seguir na nosa casa”

20230325 Banha rende homenaxe traballadroas SAF e PAI 11

 

O Concello da Baña rematou hoxe os actos organización para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, cunha homenaxe a todas as coidadoras da cativada e de persoas maiores ou dependentes que son usuarias do Punto da Atención á Infancia (PAI) ou do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A concelleira de Muller e Igualdade, Lorena Trillo, resaltou que o traballo de todas elas “é fundamental para facilitar a conciliación laboral e familia e para todas aquelas persoas que desexan ou necesitan seguir vivindo no seu fogar”.

As protagonistas da homenaxe son as coidadoras no PAI, coidando nenos e nenas de 3 meses ata 3 anos, e as mulleres que traballan no SAF, oito delas traballadoras municipais e as demais dependentes da empresa Atendo, que reforza o servizo municipal. O concello estivo presentando nas últimas semanas a 18 destas mulleres na súa páxina de Facebook como parte desta homenaxe. Hoxe entregoulles a cada unha un cadro coa súa fotografías.

Todas elas destacaron os “fortes vínculos afectivos” que se establecen entre coidadoras e persoas usuarias, sobre todo no caso do SAF, “xa que algunhas destas persoas só nos ven a nós”. Así o manifestaba Salomé Barreiro, ao asegurar que o máis gratificante para ela, como traballadora municipal do SAF, é “ver a cara de satisfacción dos nosos maiores cando chegamos, porque moitas veces somos a primeira persoa que ven cada día, e ilumínanselles os ollos”.

Durante a súa intervención, Lorena Trillo sinalou que na Baña e nos municipios rurais “é moi significativo o número de mulleres que se dedican aos coidados, as mulleres que piden reducións de xornadas ou as que non a piden pero que teñen o dobre traballo de levar a cabo as tarefas do fogar sendo superior a dos seus compañeiros homes”, e lembrou que as homenaxeadas de hoxe representan “a tantas outras que fan esa mesma labor”. Por este motivo deulles as grazas por permitir que as persoas maiores “permanezan no seu fogar e por facer perdurar o seu relato” e tamén por “ser as primeiras referentes dos nenos e nenas e por ser as súas primeiras mestras”.

20230325 Banha rende homenaxe traballadroas SAF e PAI 6

No acto tamén participou a extraballadora social da Baña Carmen Caamaño, que destacou o “compromiso enorme” que teñen as mulleres coidadoras. “Van a casas que non coñecen a agradar, a coidar, escoitar e, moitas veces, a ser o pano de lágrimas” das persoas usuarias. “O SAF é a figura máis importante dos servizos sociais e ten un enorme potencial de cambio” .

20230325 Banha rende homenaxe traballadroas SAF e PAI 9

Nun sentido similar se manifestaron tres das persoas usuarias do servizo. Benedita Susana Vázquez deulles tamén as grazas a mulleres do SAF “porque nos fan un gran favor”. Para Amadeo Cancela destacou que “todas as mulleres me axudan, me coidan coma se fosen miña irmá, e grazas a elas podo seguir na miña casa. É un servizo moi necesario”, concluíu. Tamén José Manteiga lles deu as grazas ás traballadoras do SAF “por atendernos tan ben a todos. O que facedes é moi importante”.

O alcalde, Andrés García Cardeso, agradeceulles tanto as mulleres do SAF como as tres coidadoras do PAI o traballo que están facendo. “Sodes os piares dos servizos sociais, porque coidades dende a pequenos ata a maiores, dándolles cariño, atención e facendo compañía moitas veces”.

Andrés García Cardeso lembrou que o Servizo de Axuda no Fogar púxoo en marcha no ano 1998 a actual traballadora social do Concello, Susana Pazos, naquel momento contando con Lourdes Recarey e Esther Vieito, que hoxe seguen formando parte do cadro de traballadoras municipais do SAF.

No acto desta mañá estiveron presentes tamén César Ramos, tenente de alcalde e voceiro de Compromiso, e José Antonio Pereira, voceiro socialista, ademais de veciños e familiares das homenaxeadas.

Esta homenaxe ven complementar o documentar A Baña, moito feito, moito por facer que se estreou o pasado 11 de marzo destacando o traballos dalgunhas mulleres emprendedoras da Baña.

20230325 Banha rende homenaxe traballadroas SAF e PAI 1