- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 1696
14 de agosto de 2024
Publícase a resolución da alcaldía coa listaxe de novas inscricións ou novas quendas no campamento municipal de verán da Baña 2024, coa correspondente taxa de pagamento que deberá formalizarse no prazo de 5 días hábiles.
Así mesmo, anúnciase que quedan prazas libres na quenda do 26 de agosto ao 6 de setembro. As familias que o desexen poderán solicitar prazas cunha antelación mínima de 7 días naturais previos ao inicio de cada quenda.
A resolución pode consultarse no documento adxunto ou premendo nesta ligazón.
Esta actividade está financiada con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, no marco do Plan Corresponsables para o exercicio 2024.
31 de xullo de 2024
Publícase a listaxe de novas inscricións ou novas quendas no campamento municipal de verán da Baña 2024, coa correspondente taxa de pagamento que deberá formalizarse no prazo de 5 días hábiles.
Así mesmo, anúnciase que quedan prazas libres nas quendas do 12 ao 23 de agosto e do 26 de agosto ao 6 de setembro. As familias que o desexen poderán solicitar prazas cunha antelación mínima de 7 días naturais previos ao inicio de cada quenda.
A resolución pode consultarse no documento adxunto ou premendo nesta ligazón.
12 de xullo de 2024
Faise pública a resolución da alcaldía na que se recollen novas inscricións, por causas extraordinarias, no campamento municipal de verán da Baña 2024.
Establécese un prazo de cinco días hábiles para pagar as taxas correspondentes.
A resolución pode consultarse en documento adxunto e premendo nesta ligazón.
8 de xullo de 2024
Faise pública a resolución da alcaldía con novas inscricións, renuncias e solicitudes de devolución de pagamento no campamento municipal de conciliación de verán da Baña 2024.
O campamento conta aínda con prazas libres nas quendas do 29 de xullo ao 9 de agosto, do 12 ao 23 de agosto e do 26 de agosto ao 6 de setembro. As familias que o desexen poderán solicitar as prazas ata sete días antes o inicio de cada quenda.
A resolución pode consultarse en documento adxunto e nesta ligazón.
27 de xuño de 2024
Publícase un decreto da alcaldía con novas inscricións ou novas quendas, coa correspondente taxa de pagamento, no campamento municipal de conciliación de verán da Baña 2024.
Establécese un prazo de pago de 5 días hábiles a contar dende a publicación do presente decreto. A falta de pago implicará a perda da praza e do dereito ao desfrute do servizo.
Por outra banda, requírese a varias familias xa inscritas a achega do xustificante de pago polo procedemento correcto nun prazo máximo de 10 días hábiles.
Unha vez admitidas as novas inscricións, quedan prazas libres nas quendas do 15 ao 26 de xullo, do 29 ao 9 de agosto, do 12 ao 23 de agosto e do 26 de agosto ao 6 de setembro. As familias que o desexen poderán solicitar prazas cunha antelación mínima de 7 días naturais previos ao inicio de cada quenda.
O decreto pode consultarse nos arquivos adxuntos ou premendo nesta ligazón.
13 de xuño de 2024
Faise pública a listaxe definitiva de rapazada admitida e excluída do campemtno de verán, incluído dentro do programa de Conciliación 2024 do Concello da Baña.
As familias das nenas e nenos admitidos teñen ata o xoves 20 de xuño para facer efectivo o pagamento e presentar o xustificante no rexistro municipal ou a través da sede electrónica.
O decreto coa listaxe, os prezos e as normas para o pagamento poden consultarse no documento adxunto e premendo nesta ligazón.
10 de xuño de 2024
Faise pública a listaxe provisional de nenas e nenos admitidos para o Campamento de Verán 2024, que pode consultarse no documento adxunto a esta nova (neste enlace).
Outórgase un prazo para reclamacións e/ou mellora voluntaria da documentación de dous (2) días hábiles.
27 de maio de 2024
Desenvolverase dende o 24 de xuño ata o 6 de setembro en Agra de Chans ||
As familias poden anotarse ata o 6 de xuño ||
Ofértanse 70 prazas en seis quendas cun horario de 08.00 a 15.00 horas de luns a venres laborais ||
O Concello da Baña abre mañá, martes 28 de maio, o prazo de inscrición no Campamento de Verán 2024, dirixido a nenos e nenas escolarizadas de entre 3 e 14 anos, que se desenvolverá entre o 24 de xuño e o 6 de setembro. A iniciativa, que forma parte do Programa de Conciliación Municipal e conta con financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e do Ministerio de Igualdade a través do Plan Corresponsables, ten como obxectivo ofrecerlles ás crianzas un espazo onde participar de actividades de carácter lúdico, social e educativo, ao tempo que se facilita e promove a vida laboral e familiar dos seus proxenitores ou titores. Nesta edición auméntase o número de prazas pasando das 60 do pasado ano ás 70 deste 2024 e tamén os días, xa que o servizo prestarase xa dende o 24 de xuño unha vez que finalice o curso escolar.
O servizo prestarase na área recreativa municipal de Agra de Chans, salvo que as condicións meteorolóxicas obriguen ao traslado a algunha das instalacións municipais a cuberto, en horario de 8.00 a 15.00 horas de luns a venres laborais.
O Campamento de Verán 2024 na Baña ofrece 70 prazas, 10 máis que na pasada edición, e desenvolverase por quendas. A primeira quenda será do 24 ao 28 de xuño; a segunda do 1 ao 12 de xullo, a terceira será do 15 ao 26 de xullo, a cuarta será do 29 de xullo ao 9 de agosto, a quinta do 12 ao 23 de agosto, e a sexta do 26 de agosto ao 6 de setembro. Durante estes períodos levaranse a cabo actividades de índole educativa e cultural que fomentarán o fortalecemento de valores como a solidariedade, a confianza, a cooperación e o respecto persoal e colectivo.
O prazo de inscrición ábrese o 28 de maio e permanecerá aberto ata o xoves 6 de xuño. As solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda. No baremo das prazas terán prioridade os menores cuxa unidade familiar estea empadroada na súa totalidade no municipio, en segundo lugar os menores que sexan fillos/as do persoal que presta servizo no Concello da Baña con necesidades de conciliación acreditada e despois as crianzas censadas no municipio.
Segundo as bases que regulan o Campamento de Verán 2024 aprobadas polo Concello, as solicitudes deberán ir asinadas polo pai, nai ou titor/a legal. Ademais de cubrir a folla de inscrición, as persoas solicitantes deberán aportar unha fotocopia do DNI do/a menor, a fotocopia do documento de identidade da persoa titular da conta; documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras e, de ser o caso, o informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial.
Unha vez cumprimentada a ficha de inscrición, esta debe presentarse, xunto co resto da documentación, ben no rexistro do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou ben por sede electrónica ata o 6 de xuño.
Prezos do servizo
O prezo do Campamento de Verán 2024 para as persoas censadas na Baña é de 40 euros por cada quincena (20 € por semana) no caso de que só participe un menor da unidade familiar; 32 € polo segundo irmán ou irmá (16 € a semana) e 20 € polo terceiro (10 € a semana).
Para as persoas non censadas, as contías a abonar serán de 60, 45 e 30 euros por cada quincena (a metade se acode unha semana). Naqueles casos nos que a unidade familiar, empadroada na Baña, non conte cuns ingresos iguais ou superiores a dúas veces o IPREM (600 €/mes), e tras a emisión do informe pertinente, a contía a pagar será 20 € se só participa un menor, 16 € polo segundo e 10 € polo terceiro, respectivamente (a metade se acode unha semana).
Listaxe de admitidos
A listaxe de persoas admitidas publicarase tanto na páxina web do Concello como nas oficinas municipais e haberá un prazo de dous días para presentar reclamacións. Unha vez resoltas as reclamacións, publicaranse as listas definitivas.
No caso de que as inscricións presentadas en prazo superen as prazas ofertadas, o Concello procederá a un sorteo público. Os/as solicitantes que queden sen praza pasarán a formar parte dunha listaxe de agarda. Todas as inscricións presentadas fóra de prazo pasarán tamén a formar parte da listaxe de agarda pero a continuación das presentadas dentro do prazo.
As cotas pagaranse unha vez que se saiba que a persoa solicitante conta con praza, logo da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e nun período máximo de 5 días. O formulario de achega de documentación pode descargarse no seguinte enlace: https://sede.concellodabana.gal/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/AportacionDocumentacion_N. Indicarase no campo “Código de expediente” o seguinte: 2024/D008/000001; no campo “Descrición do expediente ou proceso”: Campamento de verán 2024 e as datas de inicio e final do período de desfrute do servizo; e no campo “Observacións” o nome/s da/s persoa/s usuaria/s (neno/s e/ou nena/s inscritas no campamento de verán).
As persoas interesadas poden consultar a bases nos arquivos adxuntos, así como descargar a ficha de inscrición e os formularios.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 228
O Concello da Baña celebra hoxe, 28 de xuño, o Día do Orgullo LGBTI+ reafirmando o seu compromiso coa igualdade e a diversidade. Neste día tan sinalado, o noso Concello únese á declaración institucional da Deputación da Coruña, manifestando así o noso apoio incondicional aos dereitos das persoas LGBTI+.
A declaración, que se pode consultar no documento adxunto, subliña a importancia de reivindicarnos como unha Galicia orgullosa, diversa e segura. É fundamental que todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual ou identidade de xénero, poidan vivir, traballar, estudar e visitar os nosos concellos sentíndose libres e sen ningún tipo de limitación.
Neste 28 de xuño, O Concello da Baña quere destacar a súa determinación para seguir traballando en prol da inclusión e da igualdade. Fomentamos unha sociedade onde cada individuo poida ser quen realmente é, sen medo a ser discriminado ou excluído. É responsabilidade de todas e todos garantir que os nosos espazos públicos sexan acolledores e respectuosos con todas as diversidades.
Con esta conmemoración, reiteramos o noso compromiso con políticas municipais que promovan a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as persoas, así como o noso rexeitamento a calquera forma de discriminación. Animamos a toda a veciñanza a continuar loitando pola plena igualdade.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 1080
11 de xaneiro de 2024
Faise público o procedemento de participación pública previa á aprobación da modificación da Ordenanza Reguladora do Punto de Atención á Infancia do Concello da Baña.
O prazo finaliza o 18 de xaneiro ás 23.59 horas.
7 de xuño de 2023
Faise pública a listaxe definitiva con corrección de erros das solicitudes admitidas no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o vindeiro curso así como a baremación e o anuncio da apertura do prazo de matrícula.
A listaxe definitiva pódese consultar en documento adxunto.
18 de maio de 2023
Faise pública a resolución da alcaldía coa listaxe definitiva de solicitude admitidas no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o vindeiro curso.
Así mesmo, infórmase de que o prazo para formalizar a matrícula estará aberto dende o 18 ata o 31 de maio, e deberá facerse cubrindo o formulario de solicitude e formularios anexos que se poden descargar nos arquivos adxuntos.
Nos documentos adxuntos figuran os formularios requeridos para formalizar a matrícula, así como a resolución da alcaldía.
27 de abril de 2023
Faise pública a resolución da alcaldía coa listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas e baremación das peticións de praza para o curso 2023-2024 no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña.
Ábrese agora un periodo de dez (10) días hábiles, entre o 27 de abril e o 11 de maio, para a presentación de reclamacións. A listaxe definitiva de admisións darase a coñecer o 16 de maio e o prazo para formalizar a matrícula estará aberto do 18 ao 31 de maio.
A listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas pódese consultar no arquivo adxunto e neste enlace.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 306
-
A convocatoria tivo un grande éxito entre maiores de 65 anos e pensionistas, que puideron desfrutar da comida de balde //
-
Varias actuacións musicais e un torneo de petanca prolongaron a festa ata ben entrada a tarde //
Con ganas de leria e sobre todo de pasar un bo rato, preto de 460 persoas encheron o pasado sábado, 15 de xuño, o polideportivo municipal de San Vicenzo para compartir mesa, mantel e algún que outro baile na primeira edición do Xantar Veciñal da Baña. No encontro participou a corporación municipal, encabezada polo alcalde, José Antonio Pereira; e a primeira tenente alcalde e concelleira de Acción Social, Mónica González.
O chamamento do Concello da Baña para participar nesta xornada de convivencia tivo un éxito rotundo entre maiores de 65 anos e pensionistas, que sumaban máis do 90 por cento dos comensais e puideron desfrutar da comida de balde. O Concello puxo así mesmo un autobús gratuíto dende as parroquias ata o pavillón.
O polideportivo municipal comezou a encherse a partir das 13.00 horas para gozar dun menú que correu a cargo do Restaurante Taboada de Touro e estivo composto por empanada, polbo con cachelos, carne ao caldeiro e tortas de queixo e améndoa.
Gaiteiros da Escola de Música Tradicional da Baña puxeron as primeiras notas musicais do encontro xusto antes de comezar a comida e a festa continuou na sobremesa cun pasarrúas da agrupación Tanto nos ten e unha sesión musical do DJ Mr. Vieito, que fixo bailar ás parellas máis animadas cunha selección de éxitos de sempre.
Ademais, os comensais puideron gozar tamén na sobremesa dun entretido bingo e dun torneo de petanca. José María Turnes e Juan Allo foron os afortunados gañadores de dúas cestas de produtos galegos ao ser os primeiros en completar o cartón de bingo.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 578
27 de abril de 2023
Faise público o decreto da alcaldía polo que se procede a contratación temoral dunha traballadora social seguindo a orde que figura na bolsa de contratación de referencia.