- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 779
-
O prezo por 10 días oscila entre 355 e 470 euros por persoa segundo a categoría do establecemento
-
As persoas interesadas contactarán directamente cun dos doce balnearios que participan na promoción
Ata o 28 deste mes de novembro as persoas pensionistas de Galicia ou residentes na nosa comunidade poderán gozar do programa Outono Termal, posto en marcha pola Xunta e a Asociación de Balnearios de Galicia.
O programa oferta un total de 709 prazas nunha ducia de balnearios galegos, onde os beneficiados poderán gozar de estadías de 10 días e 9 noites para facer tratamentos terapéuticos baixo prescrición médica.
Os prezos varían en función da categoría do establecemento e oscilan entre os os 355 euros por persoa para estadías en hoteis de 1 estrela e os 470 euros por persoa no caso de que o hotel sexa de 3 estrelas. No caso de que teña 2 estrelas, o custe é de 440 euros por persoa. As reservas realízanse contactando directamente co balneario elixido.
Os doce balnearios que participan no programa son os seguintes: Balneario de Carballo (981 703 354) e Balneario de Compostela (981 559 000), na provincia da Coruña; Balneario de Lugo (982 221 228) e Iberik Augas Santas (982 292 800), en Lugo; Balneario de Arnoia (988 492 400), Balneario de Laias (988 280 409) e Gran Balneario de Carballiño (con aloxamento no Hotel Derby ou no Hotel Lorenzo, 988 270 926), en Ourense; e Balneario de Acuña (986 540 010), Balneario de Dávila (986 540 012), Balneario Caldelas de Tui (986 629 005), Balneario de Mondariz (986 656 156) e Termas de Cuntis (986 532 525), en Pontevedra.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 902
Regresa o programa de termalismo para maiores do Imserso con máis de 57.500 prazas convocadas, das que poderán beneficiarse pensionistas e maiores de 65 anos entre os meses de outubro e decembro de 2021. As quendas, que poderán ter unha duración de 10 ou 12 días, realizaranse en réxime de pensión completa. Coa publicación no Boletín Oficial do Estado de hoxe da resolución pola que se convocan as prazas, iníciase o prazo de presentación de solicitudes para participar neste programa, que deberán presentarse antes do 1 de outubro de 2021.
Requisitos das/dos usuarias/os
1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
2. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
- Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
- Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
- Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
- Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
- Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
- Situación económica dos solicitantes.
- Idade dos solicitantes.
- Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
- Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
- Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.
3. Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.
4. Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.
Así mesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.
Prazas e quendas convocadas:
As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.
O Programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de outubro e o mes de decembro de 2021.
Servizos:
- Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
- Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento.
- Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario.
- Póliza colectiva de seguro turístico.
En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.
Con todo, o transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I indicado na columna final, realizarase desde a localidade máis próxima ao balneario con transporte público ata a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao finalizar o mesmo.
O Imserso contribuirá ao financiamento do custo das prazas cunha achega media por praza de 184,09 euros, oscilando o seu importe entre 144,20 euros e 234,31 euros, en función do tipo de quenda e o seu mes de desenvolvemento. Esta achega farase efectiva directamente polo Imserso ao establecemento termal.
Prazo de presentación:
As solicitudes deberán ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021. Unha vez admitidas e verificadas as prazas serán adxudicadas, como en anos anteriores; en caso de non ter praza incluirase na orde que corresponda segundo a valoración na “Lista de Espera de Prazas”.
Máis información:
- Balnearios participantes por Comunidade Autónoma 2021 e prezos.
- Balnearios participantes.
- Páxina web do Imserso.
Se desexan ampliar esta información ou tramitar algunha solicitude poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 950
- A actividade, 'De nós a nós', está aberta a participantes maiores de idade e a inscrición é gratuíta
- Desenvolveranse nas mañás dos días 9, 11, 14, 16, 21, 23, 29 e 30 de xuño
- As interesadas poderán inscribirse entre o 26 de maio o 2 xuño
O Concello da Baña, a través do departamento de Servizos Sociais, programa para o mes de xuño a actividade 'De nós para nós'. Trátase de oito sesións de traballo destinadas a que as mulleres poidan mellorar unha serie de capacidades coa fin última de apostar polas súas propias necesidades, silenciando as imposicións e os límites marcados polo patriarcado.
A actividade, que será impartida por Ana García Liñares, comprende exercicios de concentración e coñecemento interior para lograr un maior benestar. A través do movemento, a música, a respiración, etc, as participantes aprenderán a ver as conexións entre o corpo e as emocións para ter ferramentas que lles permitan distanciarse daquelas circunstancias que as alteran ou as fan sufrir e poder vivir con máis calma. Trátase, ademais, dun espazo de xuntanza no que as mulleres poderán compartir experencias.
As sesións desenvolveranse nas mañás dos días 9, 11, 14 16, 21, 23, 29 e 30 de xuño en horario de 9:30 a 13:30 horas. Aberta a todas as mulleres maiores de idade e subvencionada pola Secretaría de Estado de Igualdade, a actividade é gratuíta.
As prazas están limitadas a quince, sendo precisa inscrición. Esta pode facerse de dúas maneiras:
- Chamando ao número de teléfono 981 886 501
- Enviando un mail á dirección de correo electrónico monica.gonzalezEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
O horario de información e inscrición é de 9:30 a 14:30 horas e o prazo de inscrición estará aberto entre o mércores 26 de maio e o mércores 2 de xuño.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 2067
-
O prazo para formalizar a matrícula comeza o 30 de xuño e remata o 14 de xullo
-
As familias en lista de agarda ou que non foron admitidas poden solicitar o Bono Concilia da Xunta de Galicia
Martes, 29 de xuño
Faise pública a listaxe definitiva de crianzas admitidas e chamadas a facer a matrícula no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o curso 2021-22. Na listaxe figuran as crianzas que están en lista de agarda e as que non foron admitidas.
A listaxe pódese consultar no documento adxunto. O código numérico é o número de rexistro de entrada da solicitudes
O prazo para formalizar a matrícula comeza o 30 de xuño e remata o 14 de xullo e debe tramitarse no departamento de cultura.
Para formalizar a matrícula, as familias deben presentar a seguinte documentación:
- Declaración IRPF 2020 do pai e nai (de non tela presentado poden cubrir a autorización de datos tributarios que figura no documento adxunto).
- Libro de vacinas
- DNI das persoas autorizadas
- 3 fotos tamaó carné do neno ou nena.
- Xustificante bancario do pago de 30 euros en concepto de matrícula
Deben entregar tamén cubertos os documetos adxuntos:
- Autorización de datos tribuntarios (se non entregan copia do IRPF 2020 do pai e da nai
- Autorización de imaxe
- Autorización de recollida
- Domiciliación de recibos
Todos estes documentos poden descargarse nos arquivos adxuntos que figuran con data 20210629 e o nome do documento.
Bono Concilia
As familias que quedaron en lista de agarda ou non foron admitidas no PAI da Baña poden solicitar o Bono Concilia da Xunta de Galicia. Trátase dun programa que concede axudas directas ás familias para pagar unha praza nunha escola infantil privada da súa elección para o primeiro fillo ou filla cando non obteñan praza nun centro público ou sostido con fondos públicos. Para as segundas e sucesivas crianzas a atención educativa e a matrícula xa son gratuítas.
As familias que non obtiveron praza no PAI da Baña poden solicitar o Bono Concilia cubrindo o anexo III que se adxunta e presentalo no departamento de Cultura para a súa tramitación. Ademais, estas familias deberán comunicar o seu interese en solicitar o Bono Concilia enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Xoves, 17 de xuño
Faise pública a listaxe provisional das solicitudes de novo ingreso de carácter preferente e de carácter ordinario no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o curso 2021-22
A listaxe pódese consultar no documento adxunto. O código numerico é o número de rexistro de entrada da solicitude.
O prazo de alegacións é do 18 ao 27 de xuño de 2021.
Venres, 28 de maio
Faise pública a listaxe de solicitudes presentadas e requerimento de emenda no procedemento de reserva e novo ingreso no Punto de Antención á Infancia (PAI) do Concello da Baña para o curso 2021-22.
O código numero é o número de rexistro de entrada da solicitude. Vai ser o que se utilice para identificar as solicitudes durante todo o procedemento.
O prazo de subsanación de documentación e de reclamacións vai do 3 ao 16 de xuño.
A listaxe pode consultarse no documento adxunto.
Luns 10 de maio
Unha vez finalizado o prazo de renovación de prazas para os nenos e nenas que xa estaban matriculados no PAI da Baña, ábrese agora o prazo de solicitude para novas incorporacións. En total, quedan 8 prazas de novo ingreso e outra máis de emerxencia social. O prazo para presentar as solicitudes vai do mércores 12 de maio ata o mércores 26.
As solicitudes e a documentacion complementaria presentaranse no despacho da educadora familiar entre as 9:30 e as 14:00 horas. É preciso concertar cita no número de teléfono 981 817 605.
Podes consultar as prazas existentes e os formularios de solicitude nos documentos adxuntos.
Martes 27 de abril
O Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña inicia o próximo luns, 3 de maio, o período de reserva de praza para o vindeiro curso escolar 2021-22, cun proceso diferenciado para aquelas familias que xa teñen menores escolarizados no centro e as que desexen incorporarse por primeira vez. Poden solicitar unha praza no centro os nenos e nenas dende os 3 meses e 3 anos. O procedemento de reserva de praza e matrícula saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o luns 26 de abril.
As datas polas que se rexerá o procedemento de matricula para o vindeiro curso son as seguintes:
- Solicitude de reserva de praza: 3 a 7 de maio
- Publicación de prazas vacantes: 10 de maio
- Solicitude de novos ingresos: 12 a 26 de maio
- Publicación de olicitudes presentadas e requerimentos de emendas: 28 de maio
- Subsanación de documentación e reclamacións: 3 a 16 de xuño
- Publicación de listas provisionais: 17 de xuño
- Prazo de alegacións as listas provisionais: 18 a 27 de xuño
- Publicacións de listas definitiva: 29 de xuño
- Prazo de matrícula: 30 xuño a 14 de xullo
- Inicio curso 2021-22: 1 de setembro
As familias que teñen crianzas no PAI deberán presentar no despacho da educadora familiar o modelo de solicitude de reserva, o libro de vacinas actualizado a calquera outra documentación que mudase con respecto ao curso anterior. Para poder reservar praza deberán estar ao corrente de pagamento das tarifas mensuais.
Para as familias de novo ingreso, terán carácter preferente na solicitude de praza os nenos e nenas empadroados no Concello da Baña, os fillos e fillas do persoal que presta servizo no PAI, aqueles que menores que xa teñan un irmán ou irmá escolarizado no presente curso e os casos de emerxencia social. Todas estas situacións deberán xustificarse conforme figura no BOP.
Os criterios de baremación para as solicitudes de novo ingreso de carácter ordinario figura no Boletín Oficial da Provincia e pódese consultar tamén no documento adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 1041
-
Terá lugar os días 29, 20 e 31 de marzo e 5 de abril en Agra de Chans de nove da mañá a dúas da tarde
-
O custo será de oito anos por escolar de entre 4 e 12 anos
Coa fin de facilitar a conciliación e coincidindo coas vacacións de Semana Santa, o Concello da Baña desenvolverá un capamento urbano para escolares do municipio de entre 4 e 12 anos.
O campamento terá lugar na área recreativa Agra de Chans os días laborais das vacacións, é dicir, 29, 30 e 31 de marzo, máis o 5 de abril entre as nove da mañá e as dúas da tarde. O custo será de oito euros por escolar.
As inscricións deberán facerse no Concello entre o 22 e o 25 de marzo (de luns a xoves da semana que vén), en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Podedes descargar a ficha de inscrición no documento adxunto.