MANIFESTO “MARCHA NUNCA CAMIÑARÁS SOA 20191124 imaxe macha- 25N”

En Negro Contra as Violencias

“A violencia de xénero non é un problema que afecte ao ámbito privado. Pola contra, maniféstase como o símbolo máis brutal da desigualdade existente na nosa sociedade. Trátase dunha violencia que se dirixe ás mulleres polo feito mesmo de selo, por ser consideradas, polos seus agresores, carentes dos dereitos mínimos de liberdade, respecto e capacidade de decisión...”

 (Exposición de Motivos da LO 1/2004, de 28 de decembro de Medidas de Protección Integral contra a violencia de xénero)

 Os Concellos da Baña, (Santa Comba)(Val do Dubra), (A Baña), (Negreira), (Mazaricos) xunto a outros cento vintecinco concellos, milleiros de establecementos, empresas e colectivos que están a tinguir Galicia, únense a esta acción social contra as violencias machistas para manifestar a máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencia contra as mulleres, e, de xeito máis enérxico, contra a súa consecuencia máis extrema, os asasinatos.

Este ano –segundo datos oficiais–  foron asasinadas 51 mulleres en España, sen contar as mortes ‘colaterais’, asasinadas por estar ao lado da vítima, por ser irmá, filla ou nai. No caso de Galicia o contador suma xa cinco. Cinco mulleres foron asasinadas a mans de homes dos que pretendían afastarse: Maria José, Sandra, Alba e María Elena en Valga; e Mari Carmen en Vilalba. A rabia e o desconsolo fannos seguir avanzando nesta andaina, e empúrranos a vestir de negro como símbolo de loito, pero tamén de loita.

Sabemos que a morte é a última e máis extrema das violencias machistas, pero que son moitas máis e de moi diferentes formas as violencias que rodean e perseguen ás mulleres. Nos últimos meses atopámonos coa dobre agresión que sofren as mulleres vítimas de violacións en grupo e de sentenzas que subestiman a situación de indefensión ante os agresores. Para afrontar todas estas violencias, é preciso recoñecer as graves fendas de xénero existentes no ámbito social, económico, cultural. Compre atallar as causas estruturais e sociais que sustentan estas desigualdades a través de políticas reais para promover a igualdade e a prevención das violencias. É preciso contemplar recursos humanos e económicos para o seu correcto desenvolvemento, no ámbito da educación, da xustiza, dos coidados... por iso, este ano, queremos precisamente incidir na prevención, facendo o chamamento de CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN!

Tamén queremos denunciar a complicidade de quen acubilla e silencia estas violencias, porque quen actúa con complicidade e mirando para outro lado, tamén é culpable!

Desde os Concellos da Baña, Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e Mazaricos queremos reiterar neste 25 de novembro, o noso compromiso na loita pola erradicación das violencias contra as mulleres e combatelas con todos os recursos ao noso alcance. E incluír a todas e a todos nesta loita, axentes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación… porque recoñecemos a importancia do papel das entidades locais como poderes públicos próximos ás realidades que viven as mulleres e as crianzas.

Xuntas, en rede, será máis doado seguir!

 A pesar de todo entendemos que aínda hai espazo para a esperanza. Por ese motivo nos unimos. Por esa esperanza común, os Concellos da Baña, Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e Mazaricos xuntamonos para levar esa luz da esperanza polos nosos concellos na “Marcha Nunca Camiñarás Soa”. Esta marcha nace para dar visibilidade a todas aquelas que están baixo a escuridade da violencia, para que saiban que hai unha luz á que se poden agarrar, e que esa luz a leva moita xente, e ilumina e iluminará estes territorios.

Contra a escuridade, LUZ!!.

Contra a soedade, COMPAÑA!

Contra a desesperación, ESPERANZA!

Eso si, xuntos!

Sin que ninguén, nunca, camiñe soa!

 

A Baña, 24 Novembro 2019