• O venres 24 haberá unha exhibicion presencial de xadrez de 17.00 a 18.00 horas no polideportivo

  • O prazo de inscrición remata o martes 28 de setembro

ESCOLAS DEPORTIVAs 2021 2022 boa

As Escolas Deportivas municipais abren esta semana as súas portas para que o alumnado interesado poida coñecer e probar a ver se lle gustan as distintas modalidades que se ofertan neste curso 2021-2022. As probas realizaranse nos horarios e espazos nos que está previsto que se desenvolvan as clases ao longo do curso.

A estas primeiras clases sumarase o vindeiro venres, 24 de setembro, unha exhibición de xadrez, que terá lugar de 17.00 a 18.00 horas no polideportivo de San Vicenzo. Hai que lembrar que a actividade se vai desenvolver en liña durante o curso. 

A inscrición nas Escolas Deportivas está aberta ata o martes 28 de setembro. Debe facerse cubrindo o formulario que se pode descargar na páxina web e, unha vez cuberto, remitíndoo por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. xunto coa documentación requerida. Tamén se pode entregar na Concellaría de Deportes.

Os outros documentos que hai que cubrir e entregar son a domiciliación bancaria, a declaración responsable e a autorización de imaxe. Todos eles pódense descargar nos arquivos adxuntos, en formato PDF editable para poder cubrilos no ordenador e, de querelo así, remitilos á sede electrónica do Concello da Baña.

O prezo xeral de matrícula é de 60 euros por modalidade e temporada. Hai descontos por número de irmáns ou por asistir a varias actividades.

  • Haberá xornada de portas abertas do 20 ao 24

  • O prazo para anotarse remata o 28 deste mes

ESCOLAS DEPORTIVAs 2021 2022 boa

 

O Concello da Baña abre o prazo de inscrición para participar nas Escolas deportivas municipais, que van comezar o vindeiro luns, 20 de setembro. As persoas interesadas en coñecer as diferentes disciplinas poderán acudir a practicalas nas xornadas de portas abertas, do 20 ata o venres 24. O prazo para matricularse remata o día 28 deste mes.

A excepción de patinaxe artísticas e fútbol sala, que se imparten un día a semana durante dúas horas, as demais modalidades ofértanse con dúas sesións semanais.

As Escolas deportivas da Baña desenvolveranse a partir das 15.45 horas ofertan este ano as disciplinas de xadrez (será en liña en horario por concretar), patinaxe artística (venres), baile moderno (martes e xoves), expresión corporal para menores  e tamén para adultos (martes e xoves en horarios diferentes), karate (martes e xoves), pilates para adultos (luns e mércores), tenis de mesa (luns e venres), zumba para adultos (martes e xoves) e fútbol sala (os mércores).

A inscrición nas Escolas deportivas municipais da Baña debe facerse cubrindo o formulario que se pode descargar na páxina web e, unha vez cuberto, remitilo a través da sede electrónica do Concello ou remitindo a documentación por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. xunto coa documentación requerida. Tamén se poden entregar na Concellaría de Deportes.

O prezo da matrícula é 60 euros por modalidade e tempada, que se aboarán en 3 prazos (outubro, xaneiro e abril).

Cando unha persoa se matricule en dúas ou máis actividades pagará 90 euros (30 ao trimestre). No caso de familias, cando dous membros da unidade familiar se matriculen nunha actividade aboarán 99 euros (33 ao trimestre), e se se matriculan en dúas ou máis actividades o prezo será de 132 euros (44 ao trimestre). No caso de tres ou máis membros da unidade familiar nunha actividade, o prezo é de 120 euros (40 ao trimestre) e en dúas ou máis 150 euros (50 ao trimestre).

Ademais da ficha de inscrición debidamente cuberta, para formalizar a matrícula é preciso entregar tamén cubertas tanto a autorización de imaxe, como a declaración responsable e a domiciliación bancaria. Estes documentos pódense descargar nos arquivos adxuntos, en formato PDF editable, que facilitan cubrirlos no ordenador e poder remitilos, unha vez asinados, á sede electrónica do Concello da Baña.

  • As persoas interesadas deberán anotarse ata o día 15 facilitando nome, teléfono e DNI

 

Andaina Muinos web V02As persoas afeccionadas ao sendeirismo teñen unha nova cita na Baña o vindeiro sábado 17 de xullo, data na que se organiza a andaina Os muíños da Baña para un máximo de 50 persoas.

Organizada polo Concello da Baña, bar O Muíño, Club de sendas enxebres Seixos e Xestión de Actividades, a andaina sairá diante do café-bar O Muíño ás 10.00 horas para percorrer 8,5 quilómetros nunha camiñada de dificultade baixa.

As persoas interesadas deberán anotarse antes do 15 de xullo no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 669 368 413 (chamada de voz ou cunha mensaxe de whatsapp) facilitando nome completo, DNI, número de teléfono e correo electrónico.

 

20210717 Andaina Muinos Bana1

Cincuenta persoas participaron esta mañá na primeira Andaina os muíños da Baña, que organizou o Concello e Xestión de Actividades para pomover hábitos de vida saudable e dar a coñecer e poñer en valor entre a veciñanza a riqueza paisaxística do municipio. 

A praza do Concello foi o punto de saída da andaina. Dende aquí, participantes de todas as idades dirixíronse ata Barro, para baixar despois ata o regato de Faílde e ir ao seu carón contemplando a antiga central hidroeléctrica e os muíños, construcións tradicionais hoxe en desuso pero que no seu día tiveron unha gan actividade e importancia para a veciñanza.. 

A camiñada continuou por detrás de San Vicenzo ata a zona de Agra de Chans, para rematar de novo na praza do Concello. A organización contou coa colaboración de Protección Civil de Negreira.

20210717 Andaina Muinos Bana2 

 

O Concello da Baña acaba de clausurar as actividades do curso 2020-2021 nas Escolas deportivas Municipais, editando un vídeo no que se recollen as diferentes disciplinas que se ofertaron este ano e se invita a pequenos e maiores a seguir facendo deporte o curso que vén.

Con esta peza audiovisual o Concello quere amosar o que se traballou este ano tan atípico nas Escolas Deportivas Municipais. Nesta ocasión, e debido a normativa sanitaria da covid-19, non se puido celebrar a tradicional xornada de exhibición, na que familiares e amigos achegábanse ata o polideportivo de San Vicenzo para ver a evolución dos e das participantes.

Este curso, as Escolas Deportivas Municipais da Baña ofertaron as disciplinas de tenis de mesa, expresión corporal, patinaxe, baile moderno, pilates, karate, xadrez e expresión corporal para maiores.

Dende o Concello queren agradecer a colaboración tanto das persoas participantes como do equipo de monitores e monitoras, para adaptarse á normativa sanitaria vixente en cada momento para que as Escolas Deportivas Municipais da Baña se celebrarán durante todo curso.

Expresion corporal web