- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 986
- A inscrición, aberta ata o mércores 24 de xaneiro, farase por parellas e terá un custo de 5 euros para cada unha das persoas integrantes
- Mantéñense as dez categorías en xogo
- Haberá obsequios de benvida para todos os participantes
Tralo éxito da primeira edición disputada o pasado mes de novembro coa participación de 27 parellas, as pistas do pavillón de Lañas acollerán os días 27 e 28 de xaneiro a segunda edición do Torneo de Pádel Concello da Baña.
Na competición, dirixida principalmente a xogadores amateurs, poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos apuntándose por parellas.
O prazo de inscrición remata o mércores 24 de xaneiro ás 23:59 horas. O custo xeral da inscrición é de 5 euros por cada xogador que forma a parella, pero no caso de que unha persoa participe en dúas categorías diferentes pagará só 8 euros polas dúas inscricións. As inscricións poderán facerse nos teléfonos 633 499 635 (Dani) e 669 368 413 (departamento de Deportes do Concello da Baña).
O II Torneo de Pádel da Baña aumenta ata oito o número de categorías neste 2024: iniciación masculina e feminina; 2ª masculina, feminina e mixta; e 3ª masculina, feminina e mixta). Cada unha delas debe contar cun mínimo de oito parellas inscritas para poder formar grupo. En cada categoría existirá un cadro principal e un cadro de consolación.
Todos os participantes recibirán obsequios de benvida. Tamén levarán premio, consistente en trofeo máis material deportivo, as persoas finalistas de cada categoría.
A organización publicará os cadros de xogo e os horarios na web municipal (www.concellodabana.gal) e nas oficinas do Concello o xoves 25 de xaneiro. No caso de que algunha parella non poida xogar na hora asignada, deberá dalo a coñecer para que se poidan facer as correspondentes modificacións sempre que sexa posible.
As bases de participación poden consultarse na páxina web do Concello da Baña nesta ligazón e no arquivo adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1335
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1432
Un total de 27 parellas disputarán a primeira edición do Torneo de Pádel da Baña que se xogará esta vindeira fin de semana do 17 e do 18 de novembro nas pistas do pavillón de Lañas.
Unha vez rematado o prazo de inscrición, publícanse agora os cadros de xogo nas tres categorías que haberá en competición: 3ª masculina, 3ª feminina e 3ª mixta.
As persoas finalistas en cada categoría serán premiadas cun trofeo e material deportivo. Ademais, todos os participantes neste I Torneo de Pádel A Baña levarán así mesmo diversos agasallos de benvida.
A competición desenvolverase o venres 17 e o sábado 18 de novembro entre as 8.45 e as 14.00 horas pola mañá e entre as 16.00 e as 22.00 pola tarde.
Os cadros definitivos poden consultarse nas imaxes a continuación ou nos arquivos adxuntos.
Cadro 3ª masculina


Cadro de xogo 3ª feminina


Cadro de xogo 3ª mixta

Nota: Os horarios dos partidos de consolación da categoría mixta serán decididos por acordo entre os propios participantes.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 760
O pavillón polideportivo de Lañas foi o escenario do I Torneo de Pádel A Baña, no que 27 parellas demostraron o seu talento e habilidades o venres 17 e o sábado 18 de novembro. O evento, organizado polo Concello da Baña, disputouse nas categorías 3ª masculina, 3ª feminina e 3ª mixta, e resultaron campioas as parellas formadas por Manuel Soto e Jesús Mejías; Noelia Fraga e Lidia Ferreras; e Silvia Bello e Celestino Mariño.
A concelleira de Deporte, Ana Pensado, foi a encargada de entregar os trofeos ás parellas vencedoras. O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, tamén se achegou ao polideportivo de Lañas para apoiar e vivir a emoción deste evento deportivo.
Ademais dos merecidos trofeos para as parellas campioas, todas as persoas participantes recibiron agasallos en recoñecemento ao seu esforzo e entusiasmo.
Galería de fotos do I Torneo de Pádel A Baña, premendo nesta ligazón.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 977
-
Poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos e contará con oito categorías diferentes //
-
A inscrición, aberta ata o 14 de novembro, farase por parellas e terá un custo de 5 euros para as dúas persoas integrantes //
-
As quince primeiras inscricións serán premiadas con un agasallo especial, que se sumará ao obsequio de benvida a todos os participantes //

As pistas do pavillón de Lañas serán o escenario do I Torneo de Pádel Concello da Baña, que se xogará na fin de semana do 17 e 18 de novembro. Poderán participar neste torneo todas as persoas maiores de 14 anos que así o desexen apuntándose por parellas ata o martes 14 de novembro. O custo xeral da inscrición é de 5 euros por parella, pero no caso de que unha parella participe en dúas categorías diferentes ou unha mesma persoa xogue en dúas parellas distintas o prezo será de 8 euros polas dúas inscricións.
O primeiro Torneo de Pádel da Baña contará cun total de oito categorías (iniciación masculina e feminina; 2ª masculina, feminina e mixta; e 3ª masculina, feminina e mixta), precisándose en cada unha un mínimo de oito parellas inscritas. Levarán premio, consistente en trofeo máis material deportivo, as persoas finalistas de cada categoría.
Todas as persoas participantes recibirán obsequios de benvida. As vinte primeiras parellas inscritas levarán, ademais, uns agasallos especiais. A inscrición, aberta ata o martes 14 de novembro ás 23.59 horas, poderá facerse nos teléfonos 633 499 635 (Dani) e 669 368 413 (departamento de Deportes do Concello da Baña).
A organización publicará os cadros de xogo e os horarios na web municipal e nas oficinas do Concello o mércores 15 de novembro. No caso de que algunha parella non poida xogar na hora asignada, deberá dalo a coñecer para que se poidan facer as correspondentes modificacións sempre que sexa posible.
As bases de participación poden consultarse no arquivo adxunto e premendo nesta ligazón.




