• Un total de 35 parellas tomarán parte nesta competición que se disputa no pavillón de Lañas o sábado e o domingo

  • Establécense ata cinco categorías cun cadro principal e un de consolaciónHaberá obsequios de benvida para todos os participantes

O II Torneo de Pádel Concello da Baña disputarase esta fin de semana cun récord de participación. Un total de 35 parellas tomarán parte na segunda edición deste campeonato que se celebra nas pistas do pavillón de Lañas o sábado 27 e o domingo 28 de xaneiro e que confirma o compromiso do Concello da Baña coa promoción do deporte.

O II Torneo de Pádel da Baña inclúe ata 5 categorías neste 2024: iniciación feminina; 2ª masculina; e 3ª masculina, feminina e mixta a petición da propia veciñanza pese a que non se cubrían o número mínimo de parellas en algúns dos grupos.

En cada categoría disputarase un cadro principal e un cadro de consolación.

Todos os participantes recibirán obsequios de benvida. Tamén levarán premio, consistente en trofeo máis material deportivo, as persoas finalistas de cada categoría.

Os cadros de xogo e os horarios definitivos poden consultarse nas imaxes a continuación.

Cadro xogo Iniciacion feminina2

Cadro xogo 3ªmixta

Cadro xogo 3ªmasculina

Cadro xogo 3ªfeminina

Cadro xogo 2ªmasculina