- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 542
-
Celebraranse na piscina municipal en horario de mañá
-
Os cursos terán un custo de 30 euros por persoa e mes
O Concello da Baña oferta ao longo deste verán cursos de natación para a poboación en xeral. Estes cursos desenvolveranse nas instalacións da piscina municipal, de luns a venres, en horario de mañá. O prezo dos cursos de natación serán de 30 euros por mes e persoa.
As persoas interesadas en participar deberán anotarse chamando ao teléfono do Concello da Baña, 981 88 65 01.
A piscina municipal inaugurou a súa temporada de verán o pasado 25 de xuño e permanecerá aberta ata o 15 de setembro. Cómpre lembrar que a veciñanza pode acceder de xeito gratuíto ás instalacións ata o 4 de xullo, día no na que comeza o campamento de verán. A partir desa data, o acceso para maiores de 14 anos será de pago ou con abono.
A tal efecto, a Concellaría de Promoción da Vida Activa e Deporte estableceu un abono mensual de 25 euros (15 euros por dúas semanas), e 45 € para o abono familiar. A entrada individual por día e persoa terá un custo de 2 €. Para retirar os abonos ou solicitar máis información é necesario contactar coa Concellaría de Promoción da Vida Activa e Deporte nas dependencias municipais ou chamando ao 981 88 65 01.
O horario de apertura da piscina municipal será, ata o 31 de agosto de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 21.00 horas, de luns a venres (as fins de semana abrirá as súas portas ás 12.00 horas). No mes de setembro pechará ás 20.30 horas.
Lembrar que tanto para os cursos de natación como para o baño é obrigatorio o uso de gorro e de chancletas.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 474
-
Sete clubs, ademais do anfitrión, disputaron os encontros de fútbol 8
-
A competición foi organizadas pola Sociedade Deportiva A Baña en colaboración con Concello
O campo municipal de Cartas da Baña acolle hoxe o VII Torneo de Fútbol Base, organizado pola Sociedade Deportiva A Baña, en colaboración co Concello da Baña. A cita nesta xornadafestiva de San Xoán congregou a un total de oito clubs da comarca, ademais do anfitrión.
Dende as nove da mañá, e ao longo de toda a xornada, disputáronse os encontros de fútbol 8 nas categorías benxamín e alevín. Polo campo de fútbol pasaron os equipos da Sociedade Deportiva A Baña, do C.F. Rois; C.F. Noia, Xallas C.F.; da Asociación Deportiva Nicrariense; da SD Negreira, do Bastavales UD e do Milladoiro Sociedade Deportiva.
Pese a que a choiva ameazase por momentos a competición, os equipos entregáronse por completo ao xogo demostrando gran deportividade. Deportividade e bo facer que se viron recompensados polos aplausos do público. Había moitas gañas de xogo, de festa e de celebración despois deste dous últimos anos de restricións.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 578
-
Alumnado de patinaxe, expresión corporal e karate fixeron unha exhibición do que aprenderon este ano
-
Levaron como agasallo unha gorra e unha mochila
O alumnado de patinaxe, expresión corporal e karate das Escolas deportivas municipais da Baña recibiron hoxe numerosos aplausos no festival de fin de curso que ofreceron esta mañá no polideportivo de San Vicenzo. Nenas e nenos fixeron unha exhibición das súas disciplinas, nas que amosaron o que aprenderon durante este ano, mentres recibían os aplausos de familiares e amigos que estaban nas gradas do polideportivo.
No festival participou o alumnado de patinaxe artística, tanto os máis novos como as xa veteranas, que realizaron diferentes acrobacias e figuras no polideportivo. Despois foi a quenda do alumnado de expresión corporal e ao de karate.
Como recordo desta exhibición, o alcalde e o tenente de alcaldes agasallaron a cada participante cunha gorra e unha mochila de recordo.
Para rematar a xornada, e mentres a maioría da cativada gozada cos hinchables que se instalaron no polideportivo, outros xogaban ao xadrez ou ao tenis de mesa. Dúas disciplinas ás que tamén se apuntaron algunhas das persoas asistentes a esta xornada festiva.
Durante o mes de xuño, continuarán as actividades nas escolas deportivas municipais da Baña. Dende o Concello animaron a todos os nenos e nenas do municipio a volver matricularse no mes de setembro, para seguir facendo deporte e manterse activos.
As Escolas deportivas municipais manteranse con actividade ata o 22 de xuño, parfa compensar o parón provocado pola covid19 durante este curso.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 726
-
O horario ata o 31 de agosto será de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 21.00 de luns a venres; e as fins de semana abrirá ás 12.00
-
O abono mensual custa 25 euros e o abono familiar son 45 euros mensuais
-
A entrada dun día será de 2 euros, e gratuíta para menores de 14 ano
O Concello da Baña inaugura mañá a temporada de verán coa apertura da piscina municipal de Agra de Chans, na que poderán darse chapuzóns de forma gratuíta ata o vindeiro 4 de xullo, día que comeza o campamento de verán.
A piscina estará aberta ata o 15 de setembro. O horario ata o 31 de agosto será de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 21.00 horas de luns a venres (as fins de semana abrirá ás 12.00 horas). No mes de setembro pechará ás 20.30 horas.
Para acceder ao recinto, a Concellería de Promoción da Vida Activa e Deporte establece un abono mensual de 25 euros (15 euros por dúas semanas), e 45 euros para o abono mensual familiar, costando a entrada dun día solo 2 euros. A entrada será gratuíta para menores de 14 anos.
Ata o vindeiro 4 de xullo, día que comeza o campamento de verán, o acceso á piscina municipal da Baña será gratuíto. O uso de gorro e chanclas é obrigatorio para poder bañarse ou acceder ao recinto.
Para retirar os abonos ou solicitar máis información é necesario contactar coa Concellería de Promoción da Vida Activa e Deporte nas dependencias municipais ou chamando ao 981 88 65 01.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 274
O Concello da Baña vai recibir unha subvención de 15.000 euros da Deputación da Coruña para o mantemento do persoal técnico de deporte con titulación universitaria durante o presente exercicio 2022.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicaba onte a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello bañense ao abeiro da convocatoria do programa FO106: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de Deporte en 2022.
Consulta a resolución do BOP no documento adxunto.