• As persoas interesadas deberán anotarse ata o día 15 facilitando nome, teléfono e DNI

 

Andaina Muinos web V02As persoas afeccionadas ao sendeirismo teñen unha nova cita na Baña o vindeiro sábado 17 de xullo, data na que se organiza a andaina Os muíños da Baña para un máximo de 50 persoas.

Organizada polo Concello da Baña, bar O Muíño, Club de sendas enxebres Seixos e Xestión de Actividades, a andaina sairá diante do café-bar O Muíño ás 10.00 horas para percorrer 8,5 quilómetros nunha camiñada de dificultade baixa.

As persoas interesadas deberán anotarse antes do 15 de xullo no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 669 368 413 (chamada de voz ou cunha mensaxe de whatsapp) facilitando nome completo, DNI, número de teléfono e correo electrónico.

 

O Concello da Baña acaba de clausurar as actividades do curso 2020-2021 nas Escolas deportivas Municipais, editando un vídeo no que se recollen as diferentes disciplinas que se ofertaron este ano e se invita a pequenos e maiores a seguir facendo deporte o curso que vén.

Con esta peza audiovisual o Concello quere amosar o que se traballou este ano tan atípico nas Escolas Deportivas Municipais. Nesta ocasión, e debido a normativa sanitaria da covid-19, non se puido celebrar a tradicional xornada de exhibición, na que familiares e amigos achegábanse ata o polideportivo de San Vicenzo para ver a evolución dos e das participantes.

Este curso, as Escolas Deportivas Municipais da Baña ofertaron as disciplinas de tenis de mesa, expresión corporal, patinaxe, baile moderno, pilates, karate, xadrez e expresión corporal para maiores.

Dende o Concello queren agradecer a colaboración tanto das persoas participantes como do equipo de monitores e monitoras, para adaptarse á normativa sanitaria vixente en cada momento para que as Escolas Deportivas Municipais da Baña se celebrarán durante todo curso.

Expresion corporal web

  • Ofrece clases gratuítas de ioga, baile, pilates e ximnasia de mantemento

  • As persoas usuarias terán á súa disposición vídeos coas sesións e poden consultar tamén un adestrador persoal por whatsapp

introducion ioga

Dende hoxe, toda a veciñanza da Baña pode acceder de xeito gratuíto a Gimnasio TV, unha plataforma dixital que ofrece clases de ioga, baile, baile activo, pilates e ximnasia de mantemento grazas a unha serie de vídeos que poderán ver a calquera hora e calquera día da semana só con dispoñer dun dispositivo con conexión a internet.

O Concello da Baña convida así a todos os veciños e veciñas a facer deporte de xeito seguro, agora que a pandemia modificou a práctica deportiva e obrigou a suspender as actividades grupais. Gimnasio TV, plataforma desenvolvida pola empresa de xestión deportiva Sportmadness, pon a disposición das persoas usuarias sesións de vídeo para as distintas modalidades, ademáis dun adestrador persoal que pode ser consultado por whatsapp.

Cunha estrutura semellante á de plataformas de vídeo como Netflix, Gimnasio TV pretende ofrecer unha alternativa flexible e de calidade ao deporte presencial. “Desde o Concello da Baña buscamos fomentar a actividade deportiva priorizando a interacción entre alumnado e adestradores”, subliña Mónica González, concelleira de Deportes.

Para comezar a poñerse en forma con Gimnasio TV, o único que teñen que facer todas as persoas interesadas da Baña e os seus arredores é rexistrarse na web www.gimnasiotv.com.

 

  • Unai Casares e Sergio Calvo quedaron quintos na categoría sub-8 e sub-10, respectivamente

  • Todos eles acoden ás escolas deportivas municipais da Baña a adestrar con Alberto Dios

202106014 Baña Xadrez campions portada web

 

202106014 Baña Xadrez campionsO Concello da Baña conta con dous novos campións galegos de xadrez, que se están a formar nas Escolas Deportivas Municipais. Daniel Manrique foi o mellor xogador na categoría sub-8 no campionato que se celebrou recentemente en Padrón, mentres que Nico Amado impúxose a todos os demais rivais na categoría sub-12.

Ademais destes dous campións, os representantes das Escolas Deportivas Municipais da Baña que adestra Alberto Dios Queiruga conseguiron meritorios postos nestas mesmas categorías, nas que Unai Casares (sub-8) e Sergio Calvo (sub-10) quedaron en quinto lugar. Cómpre destacar así mesmo a boa clasificación que obtivo Noel Casares, que competiu nas categorías sub-12 e sub-14.

O xadrez está espertando un grande interese entre os nenos e nenas da Baña. Como recoñece Alberto Dios, esta disciplina das Escolas Deportivas Municipais conta cuns dezaseis nenos e nenas que van adestrar regularmente durante o curso escolar. Un interese que, despois, recolle importantes premios nos campionatos galegos.

  • Quedan prazas en tenis de mesa, expresión corporal, patinaxe, karate, pilates e xadrez

  • Baile moderno ten completo o aforo e zumba non acadou o mínimo de participantes

  • As clases de patinaxe desenvolveranse finalmente martes e xoves

As Escolas Deportivas da Baña pecharán o prazo de inscrición para o curso 2020/2021 o día 30 de outubro. Agora mesmo xa non se pode solicitar baile moderno por ter completo o aforo e hai que subliñar tamén que non se oferta zumba porque non chegou ao mínimo de inscritos para facer grupo. 

Ademais, cambian os días das clases de patinaxe artística se ben manteñen o horario. Así, faranse martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas.

As actividades aínda con prazas son tenis de mesa, expresión corporal, patinaxe, karate, pilates e xadrez (esta última de forma online) e a inscrición pode facerse de tres xeitos diferentes: na sede electrónica do Concello da Baña, na Concellaría de Deportes ou enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Os formularios que hai que remitir son a ficha de inscrición, a domiciliación bancaria e unha declaración responsable por causa da covid-19.

O prezo de cada actividade (agás xadrez), con dúas clases á semana, é de 60 euros para todo o curso. Se se elixen dúas ou máis, o prezo será de 90 euros.

Os formularios de inscrición pódense descargar no seguinte enlace: https://cutt.ly/YglDTea

20201020 NOVOS HORARIOS ESCOLAS DEPORTIVAS