- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1259
-
Os participantes deberán achegar produtos alimentarios non perecedoiros ou de hixiene persoal.
-
No departamento de Servizos Sociais do Concello está habilitado un punto de recollida para todas as persoas que desexen colaborar.
-
Formulario de inscrición neste enlace (preme aquí).
O Concello da Baña organiza este domingo, 22 de decembro, a primeira edición da Andaina Solidaria, unha iniciativa para colaborar co Banco de Alimentos da Coruña. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente e deberán achegar algún produto alimentario non perecedoiro ou de hixiene personal.
A saída da andaina darase ás 10.00 horas dende a Praza do Concello. Trátase dunha proba non competitiva e de dificultade baixa, na que os participantes percorrerán 5,5 km por diferentes lugares do municipio.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no Concello da Baña, no teléfono669 368 413 ou no formulario en liña que se atopa neste enlace (preme aquí).
Todas as persoas que desexen colaborar co Banco de Alimentos e non teñan previsto participar nesta andaina pódense achegar ata o departamento de Servizos Sociais, na casa consistorial, onde estará habilitado un espazo para depositar alí alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene persoal.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1429
A alumna do CPI San Vicente da Baña Noelia Carnota foi esta mañá a mellor na categoría cadete na fase comarcal do Campionato escolar de Campo a través que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte a través da Fundación Deporte Galego en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e o Concello da Baña. Noelia Carnota conseguiu unha praza na fase intercomarcal que se vai celebrar no mes de xaneiro en Noia.
Esta mañá na Baña déronse cita algo máis de 700 alumnos de catro categorías, de benxamín ata cadete, tanto masculinas como femininas, que estiveron correndo nas inmediacións do CPI San Vicente nun circuíto habilitado para estas probas.
Nesta fase comarcal conseguían praza para a intercomarcal de Noia os tres primeiros atletas en cada categoría e os dous primeiros equipos. No caso da Baña, só Noelia Carnota conseguiu clasificarse.
A concelleira de Cultura e Deportes, Mónica González, foi quen lles entregou as medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría.
Album de fotos no Facebook do Concello da Baña (neste enlace)
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1188
O Concello da Baña anuncia a cancelación da III Ruta BTT Filloa da Pedra programada para o domingo 27 de outubro, prevista inicialmente para o 17 de marzo.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1266
A Deputación da Coruña organiza un ano máis unha excursión á estación invernal de Cabeza de Manzaneda para que os rapaces e rapazas de 11 a 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2020) fagan esquí entre os días 31 de xaneiro e 2 de febreiro de 2020.
O Concello da Baña conta con 3 prazas para esta campaña de inverno. De haber máis solicitudes que prazas unha vez rematado o prazo de inscrición, levarase a cabo un sorteo público diante do secretario, no que terá preferencia a rapazada que non fose a ninguna campaña de neve da Deputación.
O prezo da excursión é de 85 euros por persoa, que inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
A inscrición farase no Concello da Baña ata o 4 de decembro de 2019 entregando a folla correspondente á preiscrición.
Para máis información, visita a páxina web da sección de Deportes da Deputación da Coruña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 2525
O atleta Daniel Paz Pardo, do club boirense Tribu Trail, deu a sorpresa esta mañá ao impoñerse no CMP Trail da Baña aos grandes favoritos, os corredores do Club Atletismo Negreira Rubén Martínez Mayo e Roberto Tuñas, actuais campións e medalla de bronce no Campionato Galego de trail. O atleta do Barbanza necesitou 2:28:48 para completar los 26,5 km do trail longo, e detrás del cruzaban a meta situada en San Vicenzo Roberto Tuñas (2:32:13) e Rubén Martínez (2:35:26).
En mulleres, a ourensá María Ferreiro Pérez (3:10:15) non lles deu opción as súas rivais. Noly Casal Olveira, do Tribu Trail, entraba unha hora despois da gañadora (4:13:12) e Johana Torres, do K2Ordes, necesitou 4:43:43 para completar o percorrido.
Polo que respecta á proba de 17 km, a clasificación final do minitrail quedou liderada por Miguel Vázquez Grela (1:35:48), seguido de Luis Miguel Antelo (1:37:31) e Víctor Maneiro Freire (1:37:41). En mulleres, os tres primeiros postos foron para Verónica Noya Serramo, co Club Atletismo Outes, cun tempo de 2:15:11; seguida de Cristina García Beiro (2:15:15), do Ponte Trail, e Patricina Alvarez Rey (2:22:27).
Nas dúas probas do CMP Trail da Baña tomaron a saída esta mañá máis de 120 atletas. Nas dúas andainas non competitivas (unha pro de 16 km e outra amateur de 10,5 km), tomaron a saída 148 corredores. A gran maioría destacou o fermoso do percorrido polos montes da Baña nunha xornada na que houbo anécdotas curiosas, e ata quen se animou a participar levando a súa filla ás costas nunha cadeira.
Cinco horas tardaron todos os participantes en facer os diferentes percorridos ata chegar á meta, situada na Praza do Concello da Baña, onde os e as atletas puideron repoñer forzas nun catering gratuíto que contaba con froita e bebida, ademais de cinco bocadillos dun metro de longo cada un preparados por tapería A Esmorga, de Negreira. Fisioterapeutas de Fisiovita atenderon todas as persoas participantes que cruzaron a meta con algunha molestia.
Organizado polo Concello da Baña e GTraM Val de Barcala, o CMP Trail da Baña estivo patrocinado pola marca italiana de roupa deportiva CMP, Deportes Alvite, Talleres Baleato, Gráficas Esteiro, Coca Cola e Emesports.
Ao rematar a proba, procedeuse á entrega de trofeos na praza do Concello aos tres primeiros clasificados en cada unha das categorías. Ademais dos primeiros atletas en cruzar a liña de meta, as clasificacións por categorías quedaron así:
TRAIL CMP A BAÑA
- Clasificación oficial masculina: Daniel Paz Pardo, Roberto Tuñas González, Rubén Martínez Mayo
- Clasificación oficial feminina:María Ferreiro Pérez, Noly Casal e Johana Torres
- Categoría absoluta masculina:Roberto Tuñas. González, Rubén Martínez Mayo e Ramón Mouriño Fresco.
- Categoría absoluta feminina: María Ferreiro López
- Veteranos 1:Daniel Paz Pardo, José Manuel Fernández García, Pablo Conde Estévez,
- Veteranas 1: Noly Casal Olveira, Johana Torres Torres
- Veteranos 2: Joaquín Álvarez Portela
MINITRAIL CMP A BAÑA
- Clasificación oficial masculina: Miguel Vázquez Grela, Luis Miguel Antelo Lema, Víctor Maneiro Freire
- Clasificación oficial feminina (coincide coa categoría absoluta femenina):Verónica Noya Serramo, Cristina García Beiro e Patricia Álvarez Rey
- Categoría absoluta masculina: Miguel Vázquez Grela, Carlos Martínez Mayo e Adrián Iglesias Penido.
- Veteranos 1: Luis Miguel Antelo Lema, Víctor Maneiro Freire, Juan Luna DOmínuez
- Veteranas 1: Ana Beatriz Blanco López, Ana Sinde Cantorna, Montse Veiga Blanco
- Veteranos 2: José Suárez Leis, Ramón Collazo Mosquera e Miguel Lestón Fabeiro.